Mércores. 24.04.2024
El tiempo

1ª Galicia: Comezo diverso pola permanencia

Val do Ulla-Volantes-Foto-Adriana
Val do Ulla-Volantes-Foto-Adriana
1ª Galicia: Comezo diverso pola permanencia

Co Baio e Mazaricos esperando a que empece a semana que vén a Fase de Ascenso, os outros 4 equipos costeiros arrincaron a segunda fase para evitar o descenso. Fixérono con 3 empates e unha única vitoria, sumada polo Volantes en Val do Ulla. En calquera caso, nestas liguillas tan curtas, cada punto vale, para evitar a última posición de cada grupo.

Grupo Permanencia D1, xornada 1

Esclavitud - Dumbría (2-2)

11 do Dumbria

  • Dumbría: Jorge, Rober (Matías), Pablo Paz, Kanario, Mataso (Yuyo), Brais Fdez, Xaco, Mario (Rivi), Sendón, Dario e Xabi (Marcote).
  • Goles: 0-1, m.20: Mario; 1-1, m.25; 2-1, m.35; 2-2, m.58: Álex Sendón.

Esclavitud Dumbria

Partido estrano cun cadro de Pablo Conde que estaba facendo un gran partido ata que se meteron por diante, pero despois o partido meteuse ata o descanso nunha fase moi embarullada na que os dumbrieses, menos agresivos, sufriron. Os locais remontaron en dúas accions illadas para ir con vantaxe ao descanso.

Ao saír dos vestiarios puido chegar o terceiro dos locais, pero o Dumbría repúxose e se fixo co mando do balón. Darío, Sendón, Marcote… avisaron das intencións, pero só Sendón conseguía o empate.

Grupo Permanencia D2, xornada 1

Ponteceso - Tordoia (1-1)

11 do Pônteceso

  • Ponteceso: Brais, Luca, Isaac, Ángel, Ismail, Mendieta, Alberto Recarey, Pablo Vázquez, Eloy Álvarez, Nando (Fernando Varela, m.75), Petís (Puente, m.68).
  • Goles: 0-1, m.70; 1-1, m.90: Pablo Vázquez.
Ponteceso--Tordoia-Foto-Ivan Antelo
Ponteceso-Tordoia-Fotos-Iván Antelo

Menos tenso do esperado o choque entre o Ponteceso e Tordoia tralo polémico final de liga. O choque comezaba cos dous equipos pelexando no medio e medio, con moita brega e poucas chegadas claras. Tardaron unha hora en ter que aparecer os porteiros. Petís avisaba pero era o cadro de Dani Calvete o que se metían por diante. Non decaían os de Pablo Mallón que loitaron ata o final para sumar un punto importante para ir escalando posicións.

Val do Ulla - Volantes (2-4)

  • Volantes: Alberte, Carlos, Godo, Oscarín, Alex Vázquez, Pablo, Ricardo, Toni, Pesco, Kike e Pardelo. Tamén: Ales de Yi, Alez Figueiras, Isma Mayo, Iago e Lado.
  • Goles: 1-0, m.26; 1-1, m.32: Kike Paluca; 1-2, m.33: Pesco; 1-3, m.62: Toni; 1-4, m.68: Pesco; 2-4, m.88.

Boa vitoria dos de Iván González, que intentaba sacar co seu equipo xogando pero cun Val do Ulla presionando ben. Toni estaba facendo dano por banda, mentres o cadro laranxa vaise asentando máis e máis arriba. Pero a lesión de Carlos descoloca aos visitantes e os locais se adiantan cun tanto de rebote. Pero os muradáns segue ben posicionado, e nunha internada o esteirán Kike Paluca marca á segunda. Seguía presionando o Volantes e era Pesco o que remataba dende fóra da área un reixete do porteiro a centro de Pardelo. O propio Pardelo puido facer o terceiro antes do descanso.

Na segunda, o cadro laranxa mantén a mesma dinámica, facendo sufrir ao rival co balón. Era Toni o que marcaba un fermoso tanto dende o pico da área. Era Pesco o que abría para Toni e remataba despois para facer o cuarto noutra fermosa xogada, demostrando o enorme potencial que ten Iván na parte de arriba. Só lamentar a lesión de Carlos Mos.

Grupo Permanencia D3, xornada 1

Praíña - Soneira (1-1)

  • Soneira: Javi Souto, Brais Mouzo, Ángel, De la Sierra, Pichi, Brais Pereira, Alex Figueiras, Diego Lois, Maki, Basti e Cristian. Tamén Coke, Damián, Fran Calvo, Sergio e Nico.
  • Goles: 0-1, m.40: Diego Lois; 1-1, m.70.

Resultado xusto tralo visto no Juan Amado, cun cadro soneirán que estivo moi ben na primeira metade, sendo superior, con boas ocasións por parte de Maki, Diego e Basti, e co control do partido, ata que se metía por diante xusto antes do descanso.

Porque na segunda metade os locais buscaron máis o xogo directo e meteron en serios problemas aos de Pedro, que ademais das baixas tivo que sufrir as lesións de Basti, Ángel e Sergio. O equipo resentiuse e custoulles moito rematar en condicións o partido e aguantar o valioso empate.

As táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios