Sábado. 20.04.2024
El tiempo

1ª Galicia: O Dumbría vence o derbi e se mete de cheo na pomada

O CF Dumbria xa aspira a todo
O CF Dumbría xa aspira a todo
1ª Galicia: O Dumbría vence o derbi e se mete de cheo na pomada

Se a semana pasada era o Soneira o que lle endosaba 3 ao Baio, esta semana foi o Dumbría o que lle colaba 3 ao propio equipo soneirán nun novo derbi costeiro. Coa vitoria o equipo de Pablo Conde se coloca na 3ª praza, empatado co Flavia, a só 5 puntos do liderato e a 2 do propio Soneira.

O resto da xornada foi moi negativo. 3 dolorosas derrotas sufriron Baio, Mazaricos e Volantes. Máis dura é a laranxa, pois era ante un rival directo que agora escapa da zona perigosa, e volve situar os postos de salvación (e aínda faltarían por contar os arrastres) a 3-4 puntos.

 

Dumbría - Soneira (3-0)

  • Dumbría: Anxo, David, Pablo (Iago, m.55), Matías (Marcote, m.7), Kanario, Mataso ( Mouzo, m.68), Diego Cespón (Mario, m.75), Xaco, Darío, Codesal e Yuyo.
  • Soneira: Javi Souto, Diego Lois, Brais Mouzo, Álex Taibo, Pichi, Agra, Leilán, De la Sierra, Richi, Javi e Róber Pladur. Tamén: Basti, Fran, Mayor.
  • Goles: 1-0, m.9: Marcote; 2-0, m.57: en propia meta; 3-0, m.74: Darío.

Capis e colexiados do Dumbria-Soneira-Foto-CF
Capis, Diego Cespón e Pichi, e colexiados do Dumbria-Soneira-Foto-CF

Partido máis igualado do que sinala o marcador, que comezaba coa lesión de Matías. Saía ao campo Marcote, e aos 2 minutos xa abría o marcador. A partir de aí, o Soneira non se descompuxo e dominaba territorialmente co vento a favor, ante un Dumbría que facía unha presión bastante alta. O equipo de Pedro Gómez comezaba a arriscar, e facía algunha chegada como as protagonizadas por Javi, Richi, Róber Pladur ou Leilán de falta. O Dumbría tamén facía algo de dano á contra.

Na segunda parte, co vento a favor, dos locais, dominaron o tempo do partido, sobre todo despois da expulsión de Agra ao facerlle unha falta como último home a Marcote. Pouco despois nunha falta lateral sacada por Cespón, Richi cabecea en propia porta, deixando o partido practicamente sentenciado.

 

Mazaricos - Negreira (0-2)

  • Mazaricos: Ángel: Mario, Pose, Cutu, Maroñas; Joseph, Ricardo, Kevin, Yago; Fano, Piqui.
  • Goles: 0-1, m.44: Munín nun córner; 0-2, m.88: Rubén de penalti.

Coa baixa de última hora do meta Fedello por gastroenterite, Chicho presentaba un once buscando un equipo ben armado atrás, cunha presión forte no medio campo. Pero o vento foi o protagonista, e o Negreira soubo encarrilar o partido na primeira metade, con balóns profundos buscanso aos puntas, creando perigo e non deixando saír do seu campo ao cadro amarelo. Houbo ocasións pero o gol non chegaría ata o 45 e nunha xogada a balón parado.

Na segunda deu un tímido paso adiante o Mazaricos pero sen a profundidade suficiente para crear peligro. A medida que pasaban os minutos o campo íase volcando cara a meta nicrariense, pero nunha contra, xa case que co tempo cumplido, penalti e sentenza.

 

Volantes- Esclavitud (1-3)

  • Volantes: Bugy, Rachón, Parde, Amoedo, Charles, Kevin, Jano, Óliver, Pesco, Rubén e Berto. Tamén: Ángel, Abel e Xian.
  • Goles: 0-1, m.24: Gon; 0-2, m.28: Darío; 0-4, m.44: Gon; 1-3, m.80: Kevin.

Pesco lanza unha falta no Volantes en MIraflores ante o Esclavitud-Foto-Adri
Pesco lanza unha falta -Foto-Adriana

Derrota inxusta a colleitada por un Volantes nun partido moi importante na loita pola permanencia. O cadro de Sil comezaba ben situado, facendo dano, por exemplo, cunha boa falta de Pesco, dúas chegadas de Rubén sen sorte, ou dous córners rematados fóra por Jano e Kevin. Parecía o partido de cara para para os laranxas, pero en 2 chegadas os visitantes facían 3 goles antes do descanso. Un penalti, un balón morto na área e un despexe dende o seu campo que se mete na escuadra facían o 0-3 sin merecer nin ir por diante.

Na segunda apretaron os local, tendo chegadas pero sin concretalas de novo en ocasións. Só Kevin, cunha boa volea, recurtaba, pero insuficiente para facer perigrar a vitoria padronesa.

 Volantes en MIraflores ante o Esclavitud-Foto-Adri
O Volantes agradecendo o apoio da afección en Miraflores-Foto-Adriana

Baio - Tordoia (0-3)

  • Baio: Diego Mallo, Rubio, Yago, Peke, Carlos, Braian, Norberto, Bieito, Porti, Manu Santiso e Javi Santiso. Tamén xogaron: Pablo, Álex Varela, Mario e Sergio.
  • Goles: 0-1, m.21: Denís; 0-2, m.39: Denís; 0.3m n,73: Maki.

Non lle sae nada a este Baio que saíu controlando o partido, pero a cada erro, plas golpe na fronte en forma de gol. O Tordoia de Dani Calvete aproveitaba cada regalo dos costeiros Baio, e se ben se puido ter metido no partdo cunha ocasión de Porti e unha falta de Manu Santiso, pero non era o día do equipo de Pablo Torreira.

 

Todas as crónicas de 1ª Galicia

Todas as táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios