1ª Galicia: O Volantes tamén di adeus á categoria
- O Xallas terá unha última xornada de infarto para salvar a categoría.
O choque que viviu o cadro laranxa foi tenso. Godo adiantaba pronto aos visitantes, e Miguel ampliana a renda antes do descanso. Pero o Cruces recurtaba nada máis saír dos vestiarios. Pasaban os minutos e Kike case que sentenciaba a falta de 10 minutos, pero o Cruces volvía recurtar no min.90 e moitos lembraron esa derrota no m.97 en Val do Ulla, precisamente clave no devir desta fase.
Mención aparte merece a afección dos Rochabillies, entregados durante toda a temporada, que así arroupaban aos seus hoxe:
Polo demais, día de despedidas no Cairo nun partido tolo que acababa 4-4. A orgullosa parroquia azulona despediu a miticos xogadores que fixeron historia no Cairo, como os metas Suso e Illote, ou os Toniño, Adrián Doldán e Brais Corral. Ou mesmo Lelo, que deixa o equipo por motivos laborais.
No deportivo, o Corme foi sempre por diante pero o Dumbría respondía a cada golpe. Os goles de Alejo (2), Lucas e Toniño, foron respondidos por Yuyo (2), Xabi Castro, Matías.
Ademais, o Soneira pechaba o curso ligueiro con outra vitoria en Taragoña, cun tanto de Basti, que está poñendo a tono para esta esperada Copa da Costa.
A permanencia do Xallas
Se xa rematou a 1ª, queda unha xornada na Preferente. Unha xornada de infarto para o Xallas, que necesita gañar ao Santaballés e esperar que o As Pontes polo menos non gañe ante o potente, pero xa listo, Boiro. O cadro de As Pontes ten un punto máis que os xalleiros.