Xoves. 28.03.2024
El tiempo

1ª Galicia: O Xallas comeza o curso vencendo en Esteiro

Negreira-Baio 2022
Imaxe do Negreira-Baio no Jesús García Calvo
1ª Galicia: O Xallas comeza o curso vencendo en Esteiro

Botou a rodar o balón na Preferente e tamén na 1ª Galicia, onde os nosos 6 equipos comezaron a andaina nesta 22-23. O foco da xornada estaba posto no Xosé Luís Vara, onde un recén ascendido como a Esteirana medía forzas ante un recén descendido como o Xallas. Foi un choque intenso que demostra que vai ser unha liga moi igualada.

Polo resto, vitorias do Dumbría, en Calo; do Soneira, en Silleda, e do Mazaricos na casa ante un Vista Alegre que tivo problemas ata última hora.

 

Esteirana - Xallas (0-1)

11 da Esteirana 22-23
Primeiro 11 da Esteirana 22-23
  • Esteirana: MJ, Simón, Code, Godo, Tobío, Damián, Samu, Adrián Louro, Pablo Rama, Oli, Brais. Tamén: Javi, Óscar Farinós, Alex Vega, Menu Teijo, Pachi.
11 do Xallas 22-23
Primeiro 11 do Xallas 22-23
  • Xallas: Iván Couto, Aitor, Caneda, Fidi, Samu Barral, Brais, Colón, Capelo, Carlos Rieiro, Sergio Barbeira, Alex Blanco. Tamén: David Freire, Dani Barbeira, Stefan, Sergio e Adrián Forján.
  • Gol: 0-1, m.45: Aitor tras unha falta lateral.

Partido tenso no Xosé Luís Vara, moi igualado, pero lento provocado tamén pola cantidade de faltas pitadas e as protestas dos xogadores dos dous equipos.

O gol do partido chegou ao fío do descanso, tras unha falta lateral moi, moi protestada polo bando esteirán.

Na segunda, os de Geno metéronse arriba e conseguiron pechar atrás ao cadro de Adrián Vázquez, pero só podían inquedar con tiuros lonxanos e accións a balón parado. Tamén puido sentenciar o Xallas entre 3 contras de Barbeira, Stefan e Capelo, pero non entraron e tivo que aguantar as embestidas locais ata o m.98.

 

Calo - Dumbría (0-2)

11 do Dumbria 22-23
Primeiro 11 do Dumbria 22-23
  • Dumbría: Anxo; Yerba, Pablo Paz (Baba, m.20) (Sendón, m.60)), Raúl Añón, Kanario, Brais Fdez., Lucas, Darío, Code (Dani Chao, m.40), Xabi e Diego Estevez (Rivi, m.75).
  • Goles: 0-1, m.24: Estévez; 0-2, m.39: Darío Capelo.

Calo-Dumbria e colexiadas

Boa pinta ten este Dumbría de Pablo, este equipo experimentado que sabe sacar petróleo de onde sexa. Onte en Calo non mereceu a vitoria, pois os costeiros fixeron un mal partido, pero o longueiro e 3 ou 4 paradóns de Anxo salvaron os mobles e permitiron comezar o curso con 3 puntos no peto. Tralos tantos de Estévez e Capelo (moitos outros levarán a súa sinatura este ano), o equipo aínda tivo algunha ocasión para sentenciar, pero o choque foi esmorecendo entre embestidas locais despexadas pola defensa dumbriesa.

 

Negreira - Baio (1-1)

  • Baio: Cristian, Pablo Rod., Mario, Ceide, Porty, Pablo Domínguez, Aitor Vilas, Bieito, Braian, Pazos, Josiño. Tamén: Iago, Bruno, Santiso, Iván García, Rubén.
  • Goles: 1-0, m.25: Josiño; 1-1, m.77.

Partido complicado e esixido polo rival nun escenario que se presentaba impresionante como sempre luce o Jesús García Calvo. En fronte, un Negreira chamado a ter ascendido o ano pasado. Pero o equipo de Félix deu a cara en todo momento e mesmo puido levar a iniciativa en boa parte do encontro.

Meteuse por diante co tanto de Josiño, pero con 0-1 non foi capaz de cerrar partido por malas tomas de decisións na área rival. Faltaban 13 minutos cando un clásico como Gonzalo asinou o empate definitivo.

 

Silleda - Soneira (0-4)

  • Soneira: Álvaro, Brais Mouzo, Aarón Fdez., Pichi, Fabián, De la Sierra, Alex Figueiras, Cristian, Borja, Maki, Riki. Tamén: Javi Souto, Darío, Basti, Gesto e Fran Calvo.
  • Goles: 0-1, m.22: Aarón Fdez. de penalti; 0-2, m.24: Borja; 0-3, m.41: Maki; 0-4, m.81: Pichi.

Púxose de cara pronto o choque para os de Pedro Gómez, xa que os locais intentaban sacar o balón dende atrás con certa torpeza e a presión soneirá permitía roubar e facer contras letais. 4 ou 5 chegadas e o partido case se sentenciaba antes do descanso co terceiro de Maki.

A segunda foi máis igualada pero serviu para ver este firme Soneira, candidato a todo.

 

Mazaricos - Vista Alegre (3-1)

  • Mazaricos: Pablo Pose, Borja, Fran Pose, Cristian Danis, Raúl, Carreira, Marcos, Brais,, Pereiro, Moliños. Tamén: Brais Espasandín, Cristian Caamaño, Kevin, Nico e David Lado.
  • Goles: 1-0, m.8: Pereiro anota un golazo dende 30 metros; 1-1, m.44; 2-1, m.89: Kevin de penalti; 3-1, m.90: Molinos.

Mazaricos Vista Alegre

Bo partido do cadro de Óscar Mingui e Cantudo para arrincar a temporada. A afección amarela xa saltaba ao ver o golazo do capi Esteban Pereiro nada máis comezar. Os locais dominaban o balón creando un par de ocasions claras máis nas botas de Sandelo e Molinos pero sen acerto. A lesión de Pablo Pose á media hora obrigou a cambiar o porteiro, e xusto na última xogada da primeira metade, empata o cadro santiagués nun córner.

Na segunda parte intentou estirarse aínda máis o cadro local, tratando de ser máis profundos, pero sen a pausa necesaria en tres cuartos de campo. Pouco pasou na primeira media hora, con moito xogo inerte no medio campo ante un equipo visitante que aguantaba sen demasiado esforzo. E iso que cando faltaban 30 minutos o Vista Alegre quedaba con 10. Non souberon interpretar a superioridade, pero si no último suspiro, apareceu Kevin, que sufriu un penalti tras facer unha boa internada e que el mesmo transformaba no gol da vitoria. De contado Molinos facía o terceiro e definitivo.

 

Todas as táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios