luns. 06.07.2026
El tiempo

En marcha a renovación do céspede das Redondas

Campo das As Redondas 1
En marcha a renovación do céspede das Redondas

O  Campo de Fútbol Municipal ‘As Redondas’ vivirá unha fonda transformación, que lle permitirá substituir o céspede, rego, iluminación e os equipamentos deportivos. Será mediante un contrato de arrendamento que abrirá o Concello cabanés ata o ano 2033.

Para o orzamento municipal do 2026 está contemplada unha partida de 23.141, 25 euros, e para os seguintes reservarase un total de 55.538,96 euros agás na derradeira anualidade, que está previsto que sexa de 32.397,72 euros. En total, destinaranse 388.777,73 euros en 7 anos.

A contratación realizarase mediante procedemento aberto, tramitación ordinaria e criterios de adxudicación que estarán suxeitos a regulación harmonizada.

Comentarios