2ª FUTGAL: O Mazaricos frea ao Xallas
Chegaba o Xallas líder en solitario ao Peña de Ouro e saía cun empate que, así e todo, o mantén no alto da táboa. Sufriu o Malpica para superar ao Zas e se achega a só 1 só punto.
Nun dos partidos da xornada, o derbi da comarca de Soneira, o Baio venceu ao equipo vimiancés con rotundidade e se afianza entre os candidatos, e que a xornada que vén (en dúas semanas) visita Fontenla. Aí arriba tamén se sitúan o Corcubión, tras vencer no Cunchido, e o San Lorenzo tras facer o propio na Grixa.
Porteño - Muros (8-1)
- Porteño: Mariolo, Rodri, Brais, Iván, Álvaro, Alfredo, Baba, Darío, Martín, Carrabete e Bruno. Tamén: Joel, Pejo, Yuyo e Sandro.
- Muros: Aitor, Javi Pelos, Alon, Fran, Peski, Jesús, Ra, Xaco, Juan, Dani e Je. Tamén: Marcos, Sel, Iván, Benji e Osca.
- Goles: 1-0, m.3: en propia; 2-0, m.4: Carrabete;3-0, m.6: Brais Mouzo; 3-1, m.35: Dani; 4-1, m.40: Rodri; 5-1, m.45: Bruno; 6-1, m.56: Darío; 7-1, m.57: Martín; 8-1, m.66: Baba.
Vitoria clara dun Porteño que xa se colocaba 3-0 aos 5 minutos, matando así o partido case que antes de comezar. Os de Mayor dominaron en intensidade e presión e sacaron do campo aos muradáns.
Baio - Soneira (4-0)
- Baio: Rodri, Norberto, Pazos, Pablo Gabin, Carreira, Miki, Josiño, Mamadou, Damián, Cheti e Sergio. Tamén: Julián, Javi Muíño, Bruno, Fernando e Chechi.
- Soneira: Pity, Maikol, Iván Blanco, Gusa, Héctor, Adrián Canosa, Oreiro, Brais, Pichi, Sergio e Javi Lema. Tamén: Brais, Gabri, Cachi, Carlos e Nico.
- Goles: 1-0, m.52: Josiño; 2-0, m.84: Pazos nun córner de Sergio tras mala saída de Pity; 3-0, m.85: Cheti; 4-0, m.94: Fernando.
Derbi igualado no Platas Reinoso, na xornada previa ao comezo das obras de renovación do céspede, que durarán 2 meses.
Comezaba o choque moi igualado, co control de balón dos soneiráns pero sen profundidante ante un Baio moi firme. Pasou a primeira metade sen grandes ocasións.
Comezaba a segunda na que o cadro de Lobelos foi buscar máis arriba aos soneiráns, e nun saque de banda longo que peitea Chechi, marca Josiño de golea, despois de minutos. Fixo dano nos de Josiño Abelenda que pasou moitos minutos pouco conectados, ante un Baio que estivo moi serio atrás, e que tivo algunha ocasión para matar o partido.
Así e todo, non foi ata o m.80 cando os baieses facían o segundo e mataban o partido. Cheti nun fermoso gol, e o xuvenil Fernando, ampliaban a renda, pechando ademais o seu terceiro partido sen recibir.
Mazaricos - Xallas (2-2)
- Mazaricos: Isma, Luís Mayán, Borja, Chumiko, Álvaro, Steven, Marcos, Marito, Raúl, Kevin e Molinos. Tamén: Samuel Lema; Yeray, Yago Dosil, Fran Pose, Sergio.
- Xallas: Íker, Elvis, Adrián Couto, Macareno, Peke, Dani Barbeira, Yago Facal, Rubén Sande, Subén Blanco, Sergio Barbeira. Tamén: Iván Couto, Martín, Alberto Jallas, Julián, Pablo Landeira.
- Gol4s: 1-0, m.57: Bryan rematando dende o segundo pau; 1-1, m.58: Sergio; 2-1, m.75: Kevin de penalti; 2-2, m.77: Alberto Jallas facendo un golazo.
Partido típico de derbi, moi igualado e moi disputado, que rematou cun empate xusto visto o transcurso total do partido, nun moi bo estado do céspede de Peña de Ouro. Comezaba o choque cos dous equipos imprecisos, cun cadro amarelo tremendamente intensos e comprometidos ante un Xallas que viña coa vítora de favoritos.
Arrincaba a segunda co primeiro gol dos visitantes, que saían mellor dos vestiarios, pero de contado empataban os de Raúl Periscal, botando un xerro de auga fría aos de Doriño. Continuaba igualado o partido e chegaba unha das xornadas claves do choque, cun penalti e expulsión de Yago Facal (a expulsión protestada polos xalleiros) que permitía a Kevin adiantar aos amarelos. Pero cando máis o necesitaba, apareceu outra vez o xuvenil Alberto superando liñas en condución e marcando un golazo dende lonxe para gardar un punto e o liderato.
Monte Louro - San Lorenzo (1-2)
- Monte Louor: Pedro, Hector, DaviD Pais, Manolo Chouza, Rodri; Xián, Flavio, Óscar, Fari, Íker, Manu de Yi e Javi. Tamén: Xaco, Martín, David Lestón, Fabio e Rapante.
- San Lorenzo: Mario, Dani Cotelo, Alberto, Pablo Garrido, Iago, Manu, Pape, Hugo Pereiro, Javi, Alex Vázquez. Tamén: Javi Souto, Samu Lozano, Diego Varela, Alex Taibo, Corral.
- Goles: 0-1, m.50: Marcos Corral; 0-2, m.80: Javi Pérez de penalti; 1-2, m.94: David.
Vitoria xusta dos carballeses en Louro ante un cadro local que non se adaptaron ao horario matinal, e con moitas baixas… A primeira metade estivo igualada, con poucas ocasións claras e moita loita no medio do campo, chegando ao descanso co 0-0 no marcador. Foron ameazando nos últimos compases da primeira os de Iván Rojo, que saían como motos na segunda e pronto se adiantaban por medio de Corral. Non estaban no partido os locais e os visitantes ampliaban a renda. O Montelouro non se rendeu e recurtou distancias nos minutos finais, pero o San Lorenzo soubo resistir os últimos ataques locais para levar os tres puntos.
Malpica - Zas (2-1)
- Malpica: Abdou, Saúl, Anxo, Damián, Mario Pose, Raúl, Garci, Cristian, Camilo, Saydou, Luís. Tasmén: Pablo, Fran, Alberto Hombre, e Brais Calvo.
- Zas: Pereiras, Anxo, Moha, Adri Rama, Juan Touriñán, Joel, Fran Favin, Álvaro Fari, Redondo, Iago e Salah. Tamén: Brais, Guille, Mauro, Martín, Adrián.
- Goles: 0-1, m.13: Salah; 1-1, m.28: Luís pola escuadra; 2-1, m.45: Luís.
Partido entre dous recén ascendidos pero con dinámicas e estados de forma moi diferentes. O Zas saíu con forza, apretando arriba e tratando de xogar en campo rival, mentres que o Malpica se mostrou moi sólido en defensa e buscou con perigo as transicións rápidas por banda. Adiantabase o Zas tras un fallo na saída do balón do Malpica que non desaproveitaba Salah tras un pase en profundidade de Redondo.
Ese tanto inicial deu confianza ao Zas, que se sentía cómodo coa pelota, aínda que sen xerar ocasións claras. Pola súa banda, o conxunto local foi medrando no encontro e atopando aos seus homes de arriba, especialmente a Luís, o mellor sobre o castigado céspede de Pedra Queimada, que asinaba un dobrete en apenas dez minutos e darlle a volta ao marcador antes do descanso.
Na segunda metade, o Zas deu un paso adiante en busca do empate, reclamando incluso un posible penalti sobre Redondo que o colexiado non sinalou. Os visitantes insistiron pero sen acerto, e co paso dos minutos o cansazo fixo mella, aparecendo novos desaxustes que o Malpica estivo a piques de aproveitar en dúas ocasións claras, como unha de Alberto Hombre ao ongueiro.
O tramo final estivo marcado pola tensión e unha pequena tangana que acabou con dúas expulsións no Zas e unha no cadro local.
Outes - Corcubión (2-3)
- Outes: Dani, Stefan, Claudino, Sanchiño, Jura, Adrián, Kevin, Martín, Hugo, Alberto, Keko. Tamén: Sergio Santamaría, Brais Lado, Eloy, Marcos, Iván.
- Corcubión: Bruno, Isaac, Jon, Mario, Samu Trillo, Antón, Alez Díaz, Martín, Iago, Rama e César Lojo. Tamén: Íker, David Lojo e Brais Lado.
- Goles: 0-1, m.14: Rama nunha contra a pase de César Lojo; 1-1, m.42: Keko; 1-2, m.51: Rama tras roubar e tirar dende lonxe; 1-3, m.52: Mario; 2-3, m.55: Hugo.
Partido que puido levar calquera cun Corcubión con moitas baixas (pero co retorno do mítico Brais Lado) pero con gran efectividade, e un Outes que non estivo atinado cara gol e que pagou a súa falta de acerto. Marcou pronto o Corcubión nunha contra tras un erro na saída do balón. Pero a partir do Outes foi superior, tendo varias ocasións moi claras, mesmo un balón ao pau, ata que Keko empatou ao fío do descanso cun golazo.
Entrou moi ben o Corcubión presionando moi ben roubando dous balóns e marcando dous goles rápidos. A partir de aí repetiuse o guión e o Outes volveu dominar e crear ocasións, obrigando a aparecer Bruno en numerosas ocasións, mesmo tendo algunha que lanzaron ao lateral da rede tras superar ao meta corcubionés. Apareceu aí Brais Lado para aguantar o balón e facer que corresen uns minutos que ían en contra dun Outes que mereceu algo máis.
Cabana - Corme (2-4)
- Cabana: Diego, Noe Souto, Alex Costa, David Rey, Ferreiro, Fernando, Simón, Brais, Pablo, Miguel e Aarón. Tamén: Marcos, Noe Eiroa, Julián, Diego Castro e Xabi Parga.
- Corme: Jabel, Pandi, Joshua, Aitor, Borja Torrado, Eloy Villar, Álvaro Sanz, Brais Pailos, Sami Costa, Yago e Isra. Tamén: Borja Seoane, Teo, Lucas, Xoel Amado e Xoel Castro.
- Goles: 0-1, m.21: Yago Suárez; 0-2, m.30: Isra; 0-3, m.55: Borja Torrado; 0-4, m.70: Isra; 1-4, m.82: Brais Fontenla; 24, m.89: Brais Fontenla.
Mal partido de inicio a fin do cabana ante un Corme superior. Aínda aguantaron os de Óscar Mingui competindo os primeiros 20 minutos pero a partir de aí desapareceron e só volveron a aparecer para maquillar o resultado nos últimos 10 minutos.
E iso que en fronte, Ángel contaba con 7 baixas, tendo mesmo que debutar o xuvenil Jabel. Asi e todo os cormeláns fixeron un partido fantástico, serios atrás e efectivos arriba, meténdose 0-2 na primeira e sentenciandoa o comezo da segunda.
Ponteceso - Sofán B (0-1)
- Ponteceso: Darío, Cote, Pedro, Juan Rey, Adrián Pose, Luca, David, Iván Rod., Alberto Recarey, Puente e Eloy Álvarez. Tamén: Brais, Ures, Rama, Neira e Javi Souto.
- Sofán B: Eloy, Marcial, Diego, Asier, Iván, Eloy Cabeza, Jonathan, Dani Calvete, Christian, Nachete, e Adrián Vázquez. Tamén: Iván Fraga, Raúl, Rubén Porteiro, Mateo, Isma.
- Gol: 0-1, m.94: Dani Calvete de penalti.
Cerraban o Ponteceso e o Sofán B no Pinguel a xornada dominical da Liga da Costa. O Ponteceso chegaba co obxectivo de encadear outra vitoria que os aupase a parte alta clasificación mentres o filial buscaba un triunfo co que empezar a sumar de 3 en 3. A primeira parte foi bastante cerrada a excepción dun gol fantasma bastante claro do Sofán B que saca Darío baixo palos e un par de combinacióna do Ponteceso que non chegaban a frutificar.
Na segunda parte o partido foise abrindo a medida que pasaban os minutos e o cansanzo comezaba a abrir os espazos en ambas defensas, o que aproveitaban as dianteiras para convertir un partido nun ida e volta: o filial apretaba cun providencial Darío mentres o Ponteceso non chegaba a materializar en diversas xogadas de Puente, Eloy Álvarez ou Neira.
A acción clave do partido chegaría no minuto 80 onde un posible penalti a Puente por un cobadazo (no que acabou sangrando pola nariz) e a posterior lesión do mesmo despois de que o rival lle atrancase o nocello, deixou ao Ponteceso con dez e sen posibilidade de facer cambios debido a ter esgotadas as ventanas. Malia todo, non se arrugou o equipo de Guillamet que incluso chegou a ter algunha que outra ocasión, nembargantes, na última xogada do partido un bo eslalon do dianteiro sofanés xerou un penalti que convertiría no último minuto Calvete, levando desta forma os tres puntos os carballeses.
Todas as crónicas da 2ª FUTGAL
- X.6: O Xallas fica líder en solitario.
- X.5: Malpica e Xallas quedan ao mando.
- X.4: Xa non queda ninguén contando partidos por vitorias.
- X.3: Outes e Malpica manteñen o pulso
- X.2: Malpica, Outes e Muros sorprenden con 2 de 2 ante rivais potentes.
- X.1: Empates que destilan a igualdade desta Liga da Costa.
Máis información
- Todos os resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com.