2ª Galicia: 2 prazas para 4 equipos

A penúltima xornada da Liga da Costa deixou no aire un par de postos da fase de ascenso. Polo Sur parace que nin Muros nin Camariñas queren meterse. Ben é certo que o Camariñas tivo que enfrontarse ao poderoso líder, mentres que o Muros está no peor da temporada con 3 derrotas seguidas. Os muradáns, agora con Ángel (o segundo de Candamo durante boa parte da tempada, ao mando) aínda cun punto máis, xogaranse todo ante o Lira, outro equipo en horas baixas que suma 5 derrotas seguidas.
Polo Norte, os 3 de arriba (o Castriz, que xa aseguraba a praza a semana pasada descansaba) fixeron os deberes, asegurando a súa praza o Cabana. A cousa queda entre San Lorenzo e Coristanco. Os de Verdillo teñen un punto máis pero tócalles descansar na última xornada polo que se o Coristanco gaña (non lle vale o empate por ter perdido o golaveraxe individual) nas Fontiñas adiantaríao e meteríase na fase.
Grupo Sur, xornada 17
Esteirana - Camariñas (2-0)
- Esteirana: MJ, Elías, Samu, Damián, Code, Pachi, Pablo Rama, Alex Rama, Raúil, Oli e Carajillo. Tamén: Sergio, Priegue, Farinós, Héctor e Álvaro.
- Camariñas: Pablo Novo, Barreiro (Chocolate), Roi (Oliver), Rodrigo, Pablo, Moriño (Manuel), Nazo, Hugo (Miki) (Carlos), Brandon, Mario, Dbibi.
- Goles: 1-0, m.12: Carajillo; 2-0, m.72: Álex Rama.
Bo partido do Camariñas, mellor que nas últimas semanas, que saíu presionando arriba para que a Esteirana non estivese cómodo. Pero pronto aparecía Carajillo para peitear un balón e mandalo á escuadra. Non se descompuxeron os visitantes que seguían aguantando o xogo combinadito do líder, e mesmo Mario tivo algunha chegada. Ben puido ampliar a renda o cadro local pero Pablo Novo estivo moi ben, sobre todo nun man a man.
Continuou o mesmo guión na segunda e a pegada dos locais permitiron ampliar renda e demostrar porque son o mellor equipo da categoría e gran candidato ao ascenso.
Queda unha xornada e o Camariñas terá que gañar ao Outes e esperar o pinchazo do Muros ante o pechacancelas.
Baíñas - Muxía (0-1)
- Baíñas: Carlos, Maikol, Lucas, Cristian, Raúl, Dylan, Braius, Adrián Canosa, Oreiro, Victor e Antelo. Tamén: Sergio Capelo, Raúl, Esteban, Samu, e Rodri.
- Muxía: Joselu, Peski, Michael, Gusa, Congui, Javi Rey, Julián, David, Mauro, Manu Nogueira e Fran Moreira. Tamén: Hugo, Víctor Alcaina, Edu Castreje, Maikel Mouzo e Isma Márquez.
- Gol: 0-1, m.85: Manu Nogueira.
Partido igualado en Vimianzo, cun Baíñas que puxo en apretos a todo un Muxía que tivo un primeiro tempo moi impreciso. Si houbo algunha ocasión para os dous bandos na primeira metade, como unha de Michael Vilela que fixo voar a Carlos.
Na segunda arrincou mellor o Muxía, con máis fondo de armario e no que debutaba Peski tras unha longa lesión, ante un cadro vimiancés onde Roski botou de menos a Brais e Cristian Canosa... Chegaba mellor ao treito final o equipo de Lobelos e nunha gran xogada na que Víctor rouba e pasa a Isma que tras regatear, cede a Fran que asiste con un gran pase a Manu que define por baixo.
No mellor momento da temporada afrontará o Muxía esta fase de ascenso, pois chega con todos os partidos gañados na segunda volta agás o da Esteirana.
Lira - Monte Louro (0-4)
- Lira: Balayo, Raúl, Cartamil, Miguel, Alex Fdez, Diego, Cristian, Juan, Mamadou, Ángel, Elvis.
- Monte Louro: Iago, Juan do Sivil, Pablo, Manolo Chouza, Raúl; Xian, Riki, Dani; Íker, Juan Lois e Pito. Tamén: Pwsco, Yeray, Abel, Antón e Geiko.
- Goles: 0-1, m.27: Xian de cabeza; 0-2, m.35: Juan Lois de golazo pola escuadra tras unha fermosa cabalgada; 0-3, m.36: Íker tras varios; 0-3, m.52: Xian tras un reixete de Balayo.
Tocado animicamente está este Lira, xa con Juan Rey á fronte, pero con vimbios para salvar a categoría. Onte sufría unha nova vitoria ante un Monte Louro en estado de gracia ao que lle sae todo, e que sumaba a súa terceira vitoria seguida e que se metería en Champios se houbese 5 xornadas máis. Os loureáns aproveitaron cada erro dos lirachos, e despois duns 20 primeiros minutos con alternativas, moi igualado, Xián abría o marcador.
A efectividade lourá demostrouse en apenas 1 minuto ao fío do descanso, con dous goles que sentenciaban o partido. A segunda foi de trámite.
Cee - Muros (4-2)
- Cee: Maikel, Julio, Cristopher, Angel, Jose, Champi, Anxo, Chema, Antón, Bruno e Cristian. Tamén: Pablo Oreiro, Juan Oreiro, Luís Lojo, Mateo e Adrián Canosa.
- Muros: Xandre, Fran, Ivo, Jurjo, Gesto, Varo, Xaco, Ivi, Alon, Xavi e Jesús. Tamen xogaron: Ra, Berni, Ángel e Isma.
- Goles: 1-0, m.1: Bruno; 2-0, m.6: Bruno; 3-0, m.30: Bruno; 4-0, m.40: Bruno; 4-1, m.55: Alon; 4-2, m.56: en propia.
Púxose de cara o partido para o Cee no primeiro minuto cun gol de Bruno á contra. O fisterrán foi un pesadelo na primeira metade para os de Ángel, aproveitando balóns ás costas e facendo 4 tantos na primeira metade. Mesmo Cristian e Champi puideron ampliar a renda, se ben Jesús e Alon tamén tiveron as súas para os muradáns.
Cambiou a actitude o Muros na segunda parte, ante un Cee máis agazapado. Pola banda intentaba chegar o equipo celeste, que conseguía recurtar pronto con dous tantos consecutivos. A partir de aí, dominio visitante pero sen ocasións claras, ante un Cee que tivo tamén un par de contras, e un Muros que viu como o colexiado lle expulsaba a Iván Cerilla.
Grupo Norte, xornada 17
Coristanco - Malpica (2-1)
- Coristanco: Rubén, Jonathan, Pazos, Juan Lagoa, Adrián, Mario, Damián, Rubén, Castiñeiras, Sergio e Samuel. Tamén: Villajos, Adri Rod., Corral, Dani e Kevin.
- Malpica: Damián, David, Andy, Bolón, Esteban, Borja, Iván Rod., Mauricio, Jairo, Aday e Andi.
- Goles: 0-1, m.4: David; 1-1, m.30: Castiñeira; 2-1, m.70: Castiñeira.
Con 11 xustos e sen Federico (a alma malpicá recupérase no Hospital da operación dun tumor), presentouse o Malpica na Rocheira. Así e todo fixo un partido serio o cadro de Gurita, facendo dano ao comezo do partido e mesmo poéndose por diante nun córner.
Tardou en repoñerse o cadro de Juni, que conseguía empatar antes do descanso. Na segunda a cor do partido xa foi verde, e Dani Castiñeira conseguía o seu doblete para sumar unha vitoria que deixa ao equipo con moitas opcións de meterse na fase.
Buño - Nantón (3-2)
- Buño: Xurxo, Suárez, Jorge Calvete, Ferreiro, Adrián Pose, Íker, Fran, Elías, Luismi, Omar e Antelo. Tamén: Ángel, Miguel Dourado, Yago, Nacho e Eloy.
- Nantón: Isma, Gavín, Eloy Moreira, Pablo, Manu, Redondo, Iván Moreira, Pastoriza e Josiño. Tamén xogaron: Busto, Touriñán, Amado, Orugeira e Fuentes.
- Goles: 0-1, m.11: Josiño; 1-1, m.23: Luism; 1-2, m.47: Josiño; 2-2, m.68: Suárez; 3-2, m.90: Elías.
No último minuto e con polémica (os cabaneses, que viron como Carlos Vidal era expulsado) pedían fóra de xogo) gañaba o Buño ao Nantón no que é o seu mellor momento da tempada. Os visitantes se adiantarin por dúas veces pero este novo Buño non se desfai e conseguía empatar, e manter o partido vivo ata o último suspiro, cando Elías certificaba a segunda vitoria seguida, trala sumaada a semana pasada no derbi.
O Buño supera ao Nantón, que leva 8 xornadas sen gañar, na táboa.
Cabana - Cerqueda (2-0)
- Cabana: Víctor, Aarón, Sergio Ferreiro, Raúl, Duda (Dani), Sergio Antelo, Diego Cacha, Moreno (Fernando), Simón (Pablo), Manuel, Raúl Corzon (Ismael).
- Cerqueda: Óscar, Marcos Pensado, Dani Reixía, Abde, Lorenzo, Gus, Breo, Iván, Nico, Manu Guillamet e Julián. Tamén: Miguel, Breo Rey e Adrián Verdes.
- Goles: 1-0, m.75: Rañul; 2-0, m.89: Manuel.
Saíu moi forte o Cabana no inicio de partido e durante 15 minutos encerrou aos visitantes no seu campo. Pero o Cerqueda foise metendo no encontró e desmostrou que é un conxunto ao que costa traballo facerlle ocasións. Transcurriu a primeira parte con Cabana dominante e un Cerqueda mais replegado tentando robar e montar unha contra. Nunha das poucas chegadas, foille anulado un gol Manuel por fóra de xogo.
No segundo tempo saiu o Cabana apretando e cercando a portería do Cerqueda que nunha contra mandou o balón o poste. Ata que apareceu Raúl que nunha subida o ataque poñia o 1-0. O Cerqueda tentou estirarse pero foi Manuel, o destacadísimo pichichi da categoría con 18 tantos, o que fixo o 2-0 definitivo.
San Lorenzo - Zas (3-0)
- San Lorenzo: Puyol; Ures, Mateo, Lucho, Kuki; Diego, Ferreiro, Garrido, Eloy; Taibo e Brais. Tamén xogaron Alexis, Raul, Padin, Fran e Alberto.
- Zas: Pereiras, Pepe (Maikel), Anxo, Unay (Álvaro), Ángel, Xabi (Darío), Dani, Manu, Marcos (Isaac), Miguel.
- Goles: 1-0, m.9: Eloy; 2-0, m.40: Brais Cancela; 3-0, m.40: Eloy.
Partido bastante controlado por parte do San Lorenzo que se aproveitou de dous malentendidos entre a defensa do Zas e o porteiro, e outro gol de xogada do San Lorenzo para poñer o 3-0 antes do descanso. Na segunda houbo chegadas nas dúas áreas per sen acerto nin demasiada tensión.