Domingo. 06.10.2024
El tiempo

2ª Galicia: O carrusel, unha montaña rusa

O Ponteceso venceu ao Coristanco e segue lider-Foto-SD Ponteceso
O Ponteceso venceu ao Coristanco e segue lider-Foto-SD Ponteceso
2ª Galicia: O carrusel, unha montaña rusa

Xornada intensa esta na Liga da Costa cunha montaña rusa vivida a través do Carrusel. O San Lorenzo estivo líder un rato, cando vencía en Esteiro no partido estrela da xornada e o Ponteceso empataba ante o Coristanco. Ao remate, a Esteirana remontaba e o Ponteceso alzábase ca vitoria, que o mantén no liderato, cun punto de vantaxe sobre o Corme, que deu un recital en Lombáns, e 4 sobre os mesmos cadros esteirán, carballés, e coristanqués.

Era esta precisamente unha xornada de reválida para os dous equipos que estaban sendo as revelacións da temporada, como eran Muros e Coristanco, que se cadra a clasificación iraos poñendo no seu sitio. O que parece que pode reengancharse é o Muxía, que mete o Cerqueda en posicións de perigo.

Por abaixo, a novidade foi a estrea de Mauro, o mítico ex xogador da SD Compostela e xa adestrador dos nosos banquiños, co Buño, que non impediu unha nova derrota do cadro oleiro no derbi ante o Malpica. Ao Zas séguellese resistindo a vitoria (escapóuselle no desconto despois de remontar ante o Cee) e o Caana sumou unha vitoria fundamental nun mal partido disputado en San Pedro.

Tras estas primeiras 8 xornadas Alejo (Corme) e Xuco (Ponteceso) colócanse como máximos goleadores con 11 tantos cada un, polos 8 do esteirán elías, e os 7 do muradán Javi Pelos (que é central!), o coristanqués Samuel, e o de Verdillo Brais Cancela.

 

Esteirana - San Lorenzo (2-1)

  • Esteirana: MJ, Samu, Dani Rama, Tobío, Code, Álex Rama, Dani París, Brais, Pablo Rama, Carajillo, Elías. Tamén: Priegue, Manu, Juan, Fari, Alex e Raúl.
  • San Lorenzo: David, Puñal, Álex Fdez., Raúl, Ures; Garrido, Diego, Yago Varela, Padín, Fuentefría e Brais Cancela. Tamén xogaron: Mato, Eloy, Styven, Dani Cotelo e Alexis.
  • Goles: 0-1, m.56: Fuentefría; 1-1, m.72: Elías; 2-1, m.84: Elías.

Boa tarde para a práctica do fútbol en Esteiro, con dous aspirantes a todo esta campaña. Un partido, en todo caso, con dous estilos diferentes, que conseguiron dominar por partes. A Esteirana saíu mellor, e tivo algunhas ocasións, como unha de Alex Rama ao pouco de empezar que intentou poñer por enriba do porteiro pero non golpeou ben e foille as mans, e unha internada por banda e centro foi rechazado pola defensa e Brais, so fronte a portería chutou arriba. Un remate de cabeza de Tobío a saída dun córner tamén foi por arriba por pouco.
O equipo visitante foise facendo posicionalmente co partido tendo varias ocasións, facendo, coma sempre, moito perigo a balón parado.

Na segunda parte volve a Esteirana a dominar, pero pouco a pouco o visitante foille comendo o terreo ata adiantarse no marcador, nunha xogada na que Tobío intenta protexer un balón, Brais Cancela rouba e cede para que Fuentería abra o marcador. O equipo local foi adiantando liñas e rondando a área de David, ata que Elías conseguía igualar.

Despois deste gol os de Verdillo foron polo partido ata que nunha falta ao borde do área, Elías aproveit un rexeite para facer o defenitivo 2-1. O San Lorenzo tivo o empate nun doble remate do dianteiro pero MJ sacou dúas mans impresionantes.

Resultado “bastante inxusto polas ocasións creadas polos dous equipos” para Santi Cambón, menres que Geno considera que “fomos mellores e xustos merecedores para gañar o partido”. Un Geno que apunta boas novas, ademais da vitoria, como son a recuperación de Raúl, a volta aos adestramentos, paseniño, de Pablo Simón, e o debut de Priegue, de 15 anos, pois o equipo rematou con xuvenís sobre o céspede.

 

Ponteceso - Coristanco (2-1)

  • Ponteceso: Brais (Rubén, m.33), Isaac (Adrián, m.73), Juanjo, Moscoso (Luca, m.73), Ismail, Alberto Recarey, Mendieta, Charro (Nando, m.60), Martín Puente (Eloy, m.85), Abel Torres, Xuco.
  • Coristanco: Rubén, Samu, Joni, Pazos, Rubio, Mario, Jose, Castiñeiras, Sergio Lorenzo, Erre e Samuel. Tamén: Álvaro, Alejandro, Villajos, Damián, Dani Vázquez.
  • Goles: 1-0, m.44: Abel; 1-1, m.52: Pazos; 2-1, m.80: Xuco.

Ponteceso SD-SD Coristanco-Foto-Ponteceso

Partido igualado entre o líder e unha das revelacións da temporada. E a cousa estivo moi igualada. Comezaba o Coristanco presionando moi arriba, e avisando ante un Ponteceso moi impreciso. Pronto un penalti sobre Castiñeiras (tería que saír lesionado), deixaba a primeira gran ocasión para os de Juni pero Brais detívolle a pena máxima a Samuel. O fallo foi un mazazo psicolóxico para os visitantes e os locais atoparía os seus mellores momentos, con máis posesión e ocasións, como un pau de Xuco ou un turo de Charro.

A mala fortuna rondaba polo Platas Reinoso pois o meta local Brais tamén tivo que ser substituido e mesmo ir en ambulancia tras un forte choque cun xogador visitante.
Moveríase antes do descanso o marcador a balón parado, tras un córner marcaba Abel a pracer un balón peinado.

Na reanudación, o Coristanco dou varios pasos adiante e noutro córner, empatarían o partido e viriíanse arriba na búsqueda da vitoria. Os 30 minutos restantes, sería un ida e volta total, con acercamentos en ambos lados. Villajos e Samuel puideron poñer en vantaxe aos coristanqueses pero finalmente o pichichi Xuco o que aproveitaría o rexeite dunha falta para facer o 2-1 a 10 minutos do final. Aínda tivo o empate o cadro visitantes pero a contundencia do Ponteceso decantou do seu lado.

O porteiro pontecesan Brais tivo que sair lesionado-FotoPonteceso SD
O porteiro pontecesán Brais tivo que síir lesionado-Foto:Ponteceso SD 

Muros - Baíñas (1-2)

  • Muros: Xandre, Ra, Iván, Pelos, Juanchy, Xaco, Saúl, Varo, Kiko, Xavi, Ivi. Tamén: Dani, Gesto, Berni, Bruno e Jose.
  • Baíñas: Brais, Eloy García, Eloy Trigo, Luís, Esteban Canosa, Cristian Canosa, Samuel, Abel Souto, Oreiro, Baba e Santi Díaz. Tamén: Quintela, Felipe e Cristian Hermida.
  • Goles: 0-1, m.10: Luís de falta directa; 1-1, m.25: Javi Pelos nun cónrer; 1-2, m.30: Cristian Canosa.

CD Muros e CD Bainas en Miraflores

Parece que o Baíñas vaise acomplando a Barca, e iso que aínda chegaron con 14 xogadores (2 deles tocados). Comezou ben, esperando atrás e presionando cando o Muros, máis dominador, atravesaba a liña de medio campo. Abel e Santi Díaz estaban moi incisivos por banda, ante un cadro muradán que non era capaz de facer dano. Adiantouse o cadro vimiancés cunha fermosa falta de Luís. Empatou relativamente pronto o Muros, por medio de Pelos, o central muradán que suma 7 tantos en 7 partidos. Cos muradáns arriba, chegaría o segundo nunha boa xogada na banda que remataba Cristian Canosa. Santi Díaz e Luís, de novo de falta, puideron ampliar distancias.

Na segunda metade o partido endureceuse, co Muros metido en campo contrario, pero era o Baíñas o que tiña as ocasións máis claras como as dúas contras de Abel ás que Xandre respondeu con sendos paradóns.

Xa case que no desconto formaríase unha tangana. O adestrador Barca foi expulsado por desprazar o balón cando ía sacar de banda rápido o cadro muradán, o que provocou unha tangana case que no medio do público. O colexiado expulsou tamén a un xogador local e pediu a interveción da Garda Civil para reanudar os últimos 4 minutos. Á chegada da Benemérita xogáronse os últimos instantes e Javi Pelos tivo o empate que o balón pasearíase pola liña de gol sen atopar rematador.

 

Buño - Malpica (0-4)

SCD Malpica en Buno-Foto-Fede
SDC Malpica en Xaviña-Foto- Fede

  • Buño: Juan, David, Martín, Fran, Pablo, Álex, Manoliño, Paco, Elías, Juan Antelo e Adrián Rama. Tamén: Luismi, Miguel Dourado, Brandon, Agustín, e Fabián.
  • Malpica: Damián, Juan Abelenda, Kevin, Cristian, Laik, Miguel, Andy, Alberto Hombre, Cristian Pace, Aitor e Orgueira. Tamén: Ángel Garrido, Marcos, Belar, Migueliño e Agus.
  • Goles: 0-1, m.11: Orgueira; 0-2, m.40: Cristian Pace; 0-3, m.85: Aitor; 0-4, m.86: Michi Castro.

Malpica e Buno saltan en Xavina-Foto-Fede

Debutaba Mauro no banco oleirense trala destitución de Miguel Rodríguez, pero aínda terá moito que traballar para enderezar o rumbo. “Vexo vimbios para saír de abaixo”, asegura en todo caso, recoñecendo que o do domingo “foi un comezo nada máis”.

O Malpica segue con moitas baixas, pero foi quen de dominar o tempo do partido, algo moi importante para Gurita. Na primeira, se ben Damián tivo que facer algunha parada, Orgueira e Pace adiantaron aos malpicáns. Tras unha segunda metade máis igualada, con algunha ocasión dos locais para meterse no partido, os dous últimos goles foron preto do final, co cadro local volcado.

 

Muxía - Cerqueda (3-2)

  • Muxía: Andrés, Michael, Brais Mouzo, José, Pereira, Isma, Edu Castreje, Víctor Alcaina, Manu Noguera, Juan, Mauro. Tamén: Ángel, Julián, Adrián Alcaina, Mario e Álex.
  • Cerqueda: Dario, Estefan, Javi Souto, Breo, Marcos Pensado, Dani, Lorenzo, Iván Rojo, Iván Mato, Méndez, Pitu. Tamén: Julián, Kevin e Arantón.
  • Goles: 0-1, m.10: Méndez; 1-1, m.22: Edu; 2-1, m.41: Michael nun córner; 2-2, m.46: Méndez; 3-2, m.65: Isma.

Muxia-Cerqueda Foto-Ra 2

Bo partido o disputado en Arlña con dous equipos que intentaron xogar o balón nun céspede en bo estado. O choque comezaba igualado, con dominio alterno. Méndez adiantaba aos visitantes, que saíron máis intensos, pero antes do descanso, o Muxía dáballe a volta ao marcador cos tantos de Edu e Maikel.

Na segunda parte o Cerqueda marcou rápido para empatar. A partir do empate o partido estivo moi igualado e sen dominador claro con varias chegadas de cada equipo. O Muxía intentouno e Manu Nogueira, que aínda non afinou o foco, tivo ata 3 ocasións antes de que Isma fixese o terceiro. O partido estaba roto e nos últimos minutos puido pasar de todo, sobre todo no treito final, co Cerqueda absolutamente volcado sobre a meta de Andrés.

 Muxia-Cerqueda Foto-Ra 3
Fotos do Muxía -Cerqueda de Ra Bello

Lira - Corme (0-4)

  • Lira: Baba, Eloy (Raúl), Maikel, David, Marcos (Borja), Miguel, Josiño, Mamadou (Manu), Toni, Oliver e Cristian (Costiña).
  • Corme: Suso, Pandi, Alejandro, Toniño, Dani Casal; Brais Torrado, Adrián Doldán, Sergio Sueiro, Brais, Manu Bermúde e Alejo. Tamén: Jose, Brais Pombo. Javi Peón, Samu Costa, e Javi Bermúdez.
  • Goles: 0-1, m.2: Dani Casal; 0-2, m.20: Dani Casal; 0-3, m.36: Alejo; 0-4, m.70: Alejo.

Saíu o Lira convencido de xogar de igual a igual a todo un Corme, pero non deu tempo a ver as intencións reais pois Dani Casal abría o marcador aos dous minutos cun golazo pola escuadra, logo de aproveitar un balón solto ao borde da área. O Lira intentou repoñerse do gol buscando balóns ás costas da defensa azulona pero sen crea perigo. Mentres, o Corme tiña o balón e froito dese dominio chegaban ocasións de perigo, e os goles, un cabezazo de Dani ou un man a man que desperdiciaba Alejo.

No segundo tempo o cadro de Juan Rey ordenouse, tratando de non deixar espacios e o equipo sufriu menos e igualouse un pouco o partido. Pero cando estaban tendo algunha chegada con certo perigo e volcados na búsqueda do gol da honra, sobre todo a balón parado, Alejo faría o cuarto nunha contra. Teria Javi a oportunidad de marcar o quinto a pase de seu irman Manu pero pasou rozando o pau pa deixar o difinitivo 0-4 no marcador. Vitoria sen paliativs do cadro cormelán.

 

Castriz - Cabana (0-1)

  • Castriz: Fran Fagín, Carlos, Álex Mourelle, Adrián, Diego, Pablo, Anxo, Sebas, Mata, Espi e Iván Pastoriza. Tamén: Álvaro, Brais Sendón, Martín e Rubén.
  • Cabana: Víctor, Pablo Senande, Ismael, José, Raúl (Cristian), Sergio, Manolo, Moreno (Fernando), Pablo Pose (Castro). Diego Cacha e Aarón (Simón).
  • Goles: 0-1, m.80: Sergio.

Castriz-Cabana-Foto-SD Cabana

Partido malo o xogado en San Pedro, de 0-0, cun primeiro tempo igualado pero sen ocasións. Co paso dos minutos o choque volcábase para a meta cabanesa, pero Iván Pastoriza tivo un man a man que non tirou na única xogada destacable.

Na segunda, o Castriz comezou a desconectarse, e as contras cabanesas, con boas entradas por bandas, convertíanse cada vez en máis perigosas. Aproveitou o Cabana a superioridade numérica cando Adrián tivo que ser atendido por estar sangrando polo nariz, Castro entrou por banda e Sergio facía o 0-1 a 10 do final. O Castriz intentou, con máis corazón que cabeza, colgar balóns sobre a meta visitante, pero non chegaría o empate.

Castriz-Cabana-Foto-Cabana SD
Fotos do Castriz-Cabana da SD Cabana 

Cee - Zas (3-3)

Cee-Zas no San Paio de Refoxos-Foto-Zas

  • Cee: Carlos, Álex Agulleiro (Adrián, m.60), Jorgito, Aitor, Rubén Yayá (Agustín, m.81), Exequiel (Iago, m.75), Luís Lojo, Jose, Chema, Bruno e Leo.
  • Zas: Puyol, Juan (Eloy, m.55), Brais, Manu, David, Miguel, Brais Espasandín (Balsa, m.68), Kevin (Juan, m.60), Andrés, Manu Guillamet, Molinos (Pablo, m.92).
  • Goles: 1-0, m.15: Ezequiel; 2-0, m.66: Luís Lojo; 2-1,m .68: Manu Guillamet; 2-2, m.69: Eloy dende a frontal; 2-3, m.72: Manu Fuentes de falta que toca en Eloy; 3-3, m.90: Bruno coa axuda de Puyol.

Partido de tolos que se lle escapou no desconto ao Zas despois de remontar o partido. O Cee foi mellor no primeiro tempo, e se Juan tirou alto nunha das poucas ocasións locais, despos do gol de Ezequiel, Luís Lojo fixo lucirse a Puyol, e Bruno de cabeza tamén tivo o segundo.

O Zas adiantou filas na segunda, e nunha contra Luís Lojo faría o segundo. Pero en 4 minutos tolos, o Zas dáballe a volta ao marcador ante un Cee batido. O Cee volveuse meter enriba no treito final e conseguiría salvar un punto nunha xogada desafortunada do meta zaseiro.

UC Cee - Sporting Zas 

As táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios