Venres. 19.04.2024
El tiempo

2ª Galicia: San Lorenzo e Corme seguen imparables

Camarinas-Outes-Foto-Jose Campana 1
Imaxe do Camariñas-Outes-Foto-Jose Campaña
2ª Galicia: San Lorenzo e Corme seguen imparables

O San Lorenzo sumaba a súa 7ª vitoria consecutiva ante o Ponteceso, o que dá conta do momento dos de Dani Casa. Pero ollo ao tremendo o valor do que está a facer o renovadísimo equipo de Ángel que, cunha inercia positiva espectacular, sumaba a súa 5ª vitoria consecutiva ante un bo Corcubión.

Un dos partidos da xornada era o Muxía-Cabana, dous dos mellores equipos do curso pasado que están tardando en colocarse arriba, pero que seguro o farán. O partido decantouse, no desconto, para os de Arliña.
Mentres, o Outes segue sumandito, e facendo da súa meta un auténtico fortín.

Por abaixo o Volantes sumaba a súa 4ª derrota seguida ante un Cee que saca a cabeza na zona alta. O Muros o único equipo que segue sen sumar de 3 en 3, a pesar de ter feito bos partidos nesta liga.

Cee - Volantes (5-0)

  • Cee: Maikel, Colombia, Juan Oreiro, Jose, Rubén, Isaac Fábregas, Gabri, Jose, Eze e Bruno.
  • Volantes: Alex de Yi, Alex Figueiras, David Pais, Oscarín, Alex Fernández, Iago, Martín, Kajulo, Pesco e Manu de Yi.
  • Goles: 1-0, m.2: Isaac Fábregas; 2-0, m.10: Bruno; 3-0, m.16: Rubén; 4-0, m.46: Bruno; 5-0, m.68: Gabri.
Cee-Volantes-Foto-Adri
Cee-Volantes-Foto-Adri

Partido sin moito que contar o desputado o sábado no San Paio de Refoxos. Resultado moi xusto cun Cee moi superior dende o minuto 1, cun Ezequiel que marcou os tempos do choque como quixo, e que permitiu poñerse 3-0 en apenas 15 minutos.

O Volantes de Chicho segue moi mermado (Miguel, Dis, Rodri, Borja, Aarón, Rubén, Pablo Equs…) e con certa desidia noutros xogadores. Dende o corpo técnico consideran que “é necesario reforzar a plantilla ante a falta de compromiso de algúns e coa necesidade de reforzar determinadas zonas”.

Cee-Volantes-Foto-Adri 2
Cee-Volantes-Foto-Adriana

 

Monte Louro - Cerqueda (4-1)

  • Monte Louro: Alberte, Miguel Verán, Manolo Chouza, Juan Lois, Pardelo; Benji, Xián, Abel Rey, Riki, Álvaro Fari e Óscar Fari; Tamén: Raúl, Íker, Peski e Antón.
  • Cerqueda: Mario, Dani Riexía, Marcos Pensado, Gustavo, Alexis, Lorenzo, Hugo, Eloy Boedo, Samuel, Manu Guillamet. Tamén: Senén, Kevin, Adrián, Cristian Méndez, e Christian Velo.
  • Goles: 1-0, m.44: Óscar Fari; 2-0, m.55: Xián dende fóra da área; 2-1, m.59: Cristian Méndez de penalti cometido sobre el mesmo; 3-1, m.66: Riki a centro de Álvaro Fari; 4-1, m.88: Xián.
Monte Louro-Cerqueda-Fot-Edu Olveira
Monte Louro-Cerqueda-Foto-Edu Olveira

Partido tranquilo, pouco habitual, no Agra da Filgueira, ante un Cerqueda que non fixo un bo partido. A primeira metade foi bastante sosa, sen chegadas, con apenas un posible penalti por agarrón sobre Xián, e un par de chegadas de Íker por banda. Pero na última xogada da primeira metade un centro de Álvaro Fari, aparece o seu irmán Óscar Fari no segundo para estrearse como goleador.

Nada máis saír o equipo de Guillamet quedou con 10 polas protestas de Gustavo e Xián facía pouco despois o segundo. Veuse algo arriba o cadro cerquedán a si e todo, e meteuse no partido dende os 11 metros, pero o Louro soubo manexar o encontro con balón e aproveitando os espazos que deixaba un Cerqueda obrigado a ir arriba, así anotaría 2 goles máis para pechar a goleada co 4-1 final.

 
Monte Louro celebrando vitoria
O cadro de Bibi celebrando a vitoria

San Lorenzo - Ponteceso (3-0)

  • San Lorenzo: Benja, Raúl, Lucho, Pablo Garrido, Diego Varela, Dani Cotelo, Andy, Jairo, Arantón, Alex Taibo e Iván Rojo. Tamén: Fidalgo, Padín, JOnathan, Andrés Martos e Alberto Mato.
  • Ponteceso: Damián, Cotelo, Eloy Trigo, Moscoso, Juan, Luis, Eloy Álvarez, Mendieta, Luca, Martín Puente. Tamén: Álvaro, Charro, Eloy Santos, Alberto e Ángel.
  • Goles: 1-0, m.12: Iván Rojo; 2-0, m.46: Dani Cotelo; 3-0, m.58: Diego.

Segue imparable o cadro de Dani Casal, que superou tamén a un Ponteceso de Pablo Mallón que non acaba de arrancar. Outro tanto de Iván Rojo (decisivo co seu 6º tanto), e outro de Dani Cotelo á volta dos vestiarios deixaron o rumbo claro na segunda metade para os de Verdillo.

Oza - Coristanco (2-2)

  • Oza: Brais, Álex Bilounga, Alberto, Álex Vázquez, Álex Martínez, Dani Mato, Lavandeira, Nacho, David LP (Carlos), Nico e Iván Mato (Dani Iglesias).
  • Coristanco: Rubén, Sergio, Hugo, villa, Belar, Dani, Damián, R, Kevin, Corral e Mario. Tamén: Pazos, Javi Bermúdez, Samu, Casti e o debutante Javi Martínez.
  • Goles: 1-0, m. David LP; 2-0, m.30: Nacho; 2-1, m.43: Kevin tras un córner; 2-2, m.67: Hugo noutro córner.
Lucas Rey cos capis de Oza e Coristanco no Carral
Lucas Rey cos capis de Oza e Coristanco no Carral

Fermoso partido o vivido no Carral, cun empate final insuficiente para ambos. Primeiros 35 minutos de dominio total do Oza, con varias ocasións de gol das que convertirían dous tras unha gran acción personal de LP e o segundo tras un erro groseiro da defensa visitante. Antes avisara Corral para os de Juni, pero tras regatear a 3 defensas tiraba mansamente a mans do porteiro.

A partir de da media hora cambiou o partido cun Oza máis encerrado que acusaría moito o gol de Kevin a saída dun córner ao fío do descanso.

Na segunda seguían os locais intentando manter a vantaxe ata que nunha segunda xogada despois dun balón parado Hugo metía o 2-2. O Coristanco tivo 20 minutos de superioridade numérica pola expulsión de Dani Mato, pero a de Pazos no treito final igualaba a contenda. Nos últimos minutos o partido puido caer de calquera lado con ocasións para os dous.

 

Muxía - Cabana (2-1)

  • Muxía: Joselu, Anxo, Michael, Gusa, Iago, Adrián Alcaina, Maikel Mouzo, Mauro, Julián, Fran Moreira e Manu Nogueira. Tamén: Domingo, Peski, Rui, Toja e Alex.
  • Cabana: Víctor, Aarón, Naka, David (Ismael), Rubén, Fernando (Miguel), Moreno, Diego Cacha, Castro (Javi), Manuel (Simón), Raúl Corzón.
  • Goles: 0-1, m.11: Castro tras varios rexeites nun córner; 1-1, m.44: Manu Nogueira de xogada individual; 2-1, m.95: Manu Nogueira.

Muxia-Cabana

Bo partido do Muxía, que saía moi intenso e tratar de buscar a meta cabanesa en todo momento, e chegaban con claridade pero non acertaban. Si o facía Castro nunha xogada de rebotes á saída dun córner para meter por diante aos de José Manuel. Os de Lobelos e Leis seguía percutindo ante unha defensa visiatnte que aguantabta, pero no último suspiro da primeira meta Manu Nogueira sacaba un fermoso tanto da chistera regateando ao meta visitante.

No segundo tempo houbo alternativas, cun Muxía máis enriba da vitoria, con varias chegadas claras, unhas erradas e outras paradas de Víctor, pero tamén o Cabana mandaron dous balóns ao longueiro. Ao final, o que máis o intentou tivo premio, xa no desconto, Manu Nogueiro facía o segundo e deixaba os puntos en Arliña.

 

Muros - Castriz (0-5)

11 do Muros no Eleuterio Balayo
11 do Muros no Eleuterio Balayo
  • Muros: Xandre; Isma, Pelos, Iván Cerilla, Juanchi; Xaco, Dani; Alon, Xavi, Alex e Jesús.
  • Castriz: David, Carlos, Samuel, Álex Mourelle, Saúl Proupín; Adrián, Sebas, Martín Gemelo, Iván Facal, Iván Pastoriza e Braulio.
  • Goles: 0-1, m.10: Martín Gemelo picoulla ao porteiro tras un bo pase de Braulio; 0-2, m.25: Sebas de penalti cometido sobre Braulio; 0-3, m.57: Sebas tras coller un rexeite do porteiro; 0-4, m.63: Braulio tras un centro de Iván Pastoriza tras unha boa xogada colectiva; 0-5, m.76: o porteiro Álvaro.
Muros-Castriz-Foto-Adri 1
Muros-Castriz-Foto-Adri

Partido frouxo do Muros ante un Castriz que recuperou a mellor cara, como a vista ante o Muxía a pesar da derrota, cun gran nivel. O Muros non saía tan intenso coma adoita, e o Castriz si que acertou cara gol, xa dende os primeiros minutos a base de pólvora. E iso que avisara Jesús nada máis saór pero mandou alto. Aparecía pronto Braulio para deixarlle un balón franco a Martín Gemelo que superou con calidade por arriba ao sempre fiable Xandre. Sebas facía o segundo dende os 11 metros tras outro penalti cometido sobre Braulio.

Arrincou forte o Muros, pero o Castriz soubo aguantar e sentenciar pronto, a pesar que o partido se puxo máis bronco. Entrou no treito final o porteiro Álvaro de xogador, e asinou o seu terceiro tanto do curso.

Muros-Castriz-Foto-Adri
Muros-Castriz-Foto-Adri

Camariñas - Outes (0-0)

  • Camariñas: Jorge, Barreiro, Roi (Brais), Oliver, Pablo Suárez, Moriño, David (Saviola), Hugo, Víctor (Yuyo), Mario e Djibril.
  • Outes: Alex, Jura, Aleandro, Iago (Manjelo), Cutu, Kevin, Chía (Aarón), Martín, Babu; Caamaño (Santi), Babu (Estefan).
Camarinas-Outes-Foto-Jose Campana
Foto-Jose Campaña

Aguantou o Outes no Hermanas Patiño, con moitas baixas na parte alta nun partido que os locais foron superiores. Sobre todo na primeira metade, co vento a favor dos locais, que envorcaron o campo cara a meta rival nun dos seus mellores partidos do que vai de liga. Pero a fiabilidade defensiva dos de Miguel Ramos aí está (o equipo só leva un tanto en contra en toda a liga), e foi aguantando, cun Álex espléndido baixo paus, sacando ocasións de Djibril, Mario, David, Yuyo…

Na segunda cambiou algo, cun Outes que sufríu menos, e chegaron algunha vez arriba pero cóstalle moito marcar. Ao final, os dous satisfeitos, cun punto para cada un que lle sabe ben ao Outes e un gran xogo que satisface aos camariñáns.

 

Corme - Corcubión (3-0)

  • Corme: Quique, Jesús, Aitor, Laik, Hugo, Brais Pailos, Eloy Villar, Miguel, Isra, Lucas, Manu Bermúdez. Tamén: Adrián, Brais Pombo, Rubén, Noel e Yago.
  • Corcubión: Bruno, Eli, Nacho, Álex, Iago, Antón, Tano, Gorka, Martín, Lu e César. Tamén: Eva, Rubén, Pablo e Rama.
  • Goles: 1-0, m.22: Isra; 2-0, m.28: Miguel nun córner; 3-0, m.69: Hugo Paredes.

Partido moi marcado polo forte vento da primeira metade. O Corme, con el a favor, non podía xogar en curto como adoita pola presión rival, pero soubo aproveitalo con moitos desplazamentos longos ás costas da defensa corcubionesa. Así chegaría o primeiro gol local nunha internada de Isra. Non tardou en chegar o segundo, tras un córner. Intentouno o Corcubión pero Luisete non tiña o día.

Na segunda metade calmou o vento e os locais metéronse algo máis atrás buscando as contras. Pero o partido nunca perigou. Resultado quizá excesivo para o que se veu no campo, pero os visitantes non estiveron nada acertados en ataque e os locales superon aproveitar as súas armas.

 

 

Máis crónicas da 2ª Galicia

As táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios