2ª Galicia: O San Lorenzo xa manda en solitario
O San Lorenzo logrou unha goleada ante todo un Castriz e xa é líder en solitario logo da derrota do Ponteceso ante o Malpica.
Pola súa banda, o Cee métese na zona nobre da clasificación despois de vencer pola mínima ao Baíñas nun encontro con historia, mentres que o Corme e a Esteirana non lograban pasar do empate ante Muxía e Buño, respectivamente.
Mentres tanto, Cerqueda e Coristanco empataban a dous goles en Xaviña e o Muros superaba ao Lira.
No duelo de necesitados da xornada, o Cabana gañáballe pola mínima ao Sporting Zas nun partido de tolos.
Sporting Zas 3 – 4 Cabana SD
Sporting Zas: Pereiras, Atu, Fabián (Andrés m.86), Eloy (Andi m.73), Bruno, Brais González, Miguel (Brais Espasandín m.71), Manu Guillamet, Kevin (Tefy m.56), Manu Fuentes, Balsa (Juan m.46).
Cabana SD: Víctor, Pablo Senande, Ismael, Raúl, Nando, Castro, Moreno, Aarón (Fernando m.83), Cacha (Raúl m.77), Pablo Pose (Simón m.65), José (Cristian m.75).
Goles: 0-1 m.14: Aarón; 1-1 m.19: Manu Guillamet; 2-1 m.19: Manu Guillamet; 2-2 m.44: Aarón; 2-3 m.47: Moreno; 2-4 m.49: Aarón; 3-4 m.52: Manu Guillamet.
Expulsión: O cabanés Ismael no minuto 62.
Partido de necesitados o que se viviu en San Andrés, onde un Cabana máis efectivo se levaría os tres puntos.
A primeira metade foi moi disputada e con alternancias no marcador e na que Aarón e Manu Guillamet, con dous goles cada un, farían que se chegase ao tempo de lecer coas táboas no marcador.
Na reanudación, o Sporting Zas saíu un tanto dormido e, Moreno nunha acción a balón parado e Aarón, lograrían ver portería para poñer o 2-4 no marcador.
Pouco despois, Manu Guillamet recortaría diferenzas e isto sumado a expulsión de Ismael, fixo que o partido fose un monólogo dun Sporting Zas que fallaría un penalti e que tirou dous lanzamentos á madeira, polo que os tres puntos voarían de San Andrés.
UD Cerqueda 2 – 2 SD Coristanco
UD Cerqueda: Darío, Javi Souto, Javi Pazos, Lorenzo, Dani Mato (Bastón m.74), Julián (Marcos Pensado m.74), Iván Mato, Iván Rojo, Dani, Diego, Eloy (Estefan m.46).
SD Coristanco: Rubén, Jonathan (Corral m.58), Álex (Dani Vázquez m.71), Samuel, Damián, Rubio, Jose, Castiñeiras (Villajos m.64), Erre, Sergio (Álvaro m.90) e Samu Vázquez.
Goles: 1-0 m.64: Iván Rojo (p); 1-1 m.73: Samuel; 2-1 m.76: Iván Rojo; 2-2 m.85: Sergio.
Partido igualado na primeira metade na que os dous equipos se tiñan moito respecto, aínda que o Cerqueda tivo unha un boa ocasión na que Iván Mato non foi quen de definir cando estaba só diante de Ruben.
Mentres tanto, polo Coristanco foi Samuel quen tivo a súa pero o seu remate sairía fóra.
Na segunda parte, o Cerqueda dominou mellor o centro do campo e nun balón colgado a área, o colexiado sinalaría unha man dun xogador do Coristanco que aproveitaría Iván Rojo para facer o 1-0 dende os once metros.
Tras isto, o Coristanco adiantou as súas liñas e intentou buscar o empate, o cal conseguiuno por medio de Samuel nunha acción na que os locais pediron un posible fóra de xogo.
Pouco despois, volvería a aparecer Iván Rojo para aproveitar un erro defensivo e adiantar de novo ao seu equipo.
E cando se estaba chegando ao remate do encontro, a defensa local non acertaría a despexar un balón colgado á área e Sergio faría o definitivo 2-2.
SD Castriz 1 – 5 SD San Lorenzo
SD Castriz: Fran (Álvaro m.46), Carlos (Cambón m.84), Adrián, Espi, Iván Rey, Sebas, Mata, Iván Pastoriza (Chiki m.81), Iván Castro, Álex, Brais (Anxo m.60).
SD San Lorenzo: David Pena, Raúl, Pablo Díaz, Pablo Garrido, Diego (Fran m.63), Ures, Brais (Fuentefría m.60), Padín (Styven m.63), Álex Fernández (Fidalgo m.72), Brais, Yago (Puñal m.78).
Goles: 0-1 m.17: Diego; 0-2 m.23. Diego; 0-3 m.44: Diego; 1-3 m.61: Espi; 1-4 m.75: Brais; 1-5 m.88: Fuentefría.
Expulsión: O local Mata no minuto 81.
O Castriz foi dominador durante os primeiros minutos do partido e tivo varias oportunidades para adiantarse pero David Pena estaría moi ben baixo paus e evitaría que o marcador se movese.
Logo deste treito inicial de dominio local, o San Lorenzo si sería quen de adiantarse no marcador por medio de Diego, nunha contra.
A raíz deste gol inicial, o control foi duns verdilleses que chegarían ao descanso cunha vantaxe de 0-3, grazas ao hattrick dun Diego que faría dous goles máis antes do intermedio.
O inicio da segunda metade foi moi similar ao da primeira e Espi recortaría distancias no marcador, gol tralo cal se foron arriba os de Castriz, circunstancia que aproveitarían os visitantes para matar o encontro cos tantos de Brais e Fuentefría.
Muxía CF 1 – 1 Corme CF
Muxía CF: Ángel Luis, Brais, Michael, Congui, Pereira (Adrián Alcaina m.46), Víctor Alcaina (David m.65), Manu Nogueira, Edu (Julián m.90), Maikel, Tati (Mario m.73), Mauro (Álex m.73).
Corme CF: Illote, Jesús, Brais Andrade, Javi Peón, Pandi, Brais, Alejandro, Doldán (Javi Bermúdez m.89), Alejo, Toniño, Brais Torrado (Samu m.61).
Goles: 1-0 m.39: Jesús en propia porta; 1-1 m.70: Toniño.
Encontro no que o Muxía tratou de achegarse a área rival a través do dominio de balón e os de Diego Lobelos terían algún que outro achegamento pero tería que ser un gol en propia porta do Jesús o que o puxese por diante no marcador.
O Corme intentaríao por medio dun Alejo que non tivo o seu día de cara a gol nunha primeira metade na que os muxiáns reclamarían un posible penalti por unha man que o colexiado non sinalaría nada.
Na segunda metade, os de Lelo buscarían o empate e non sería ata o minuto 70 cando Toniño faría o empate tras aproveitar un erro na saída de balón dos muxiáns.
Nos últimos minutos, os locais estiveron a piques de quedar cos tres puntos pero o gol de Maikel sería anulado por fóra de xogo.
UC Cee 2 – 1 CD Baíñas
UC Cee: Carlos, Álex Agulleiro (Tito m.67), Jorgito, Aitor (Rubén Yayá m.79), Cote, Ezequiel, Martín, Josiño (Pikero m.60), Chema, Leo e Patera.
CD Baíñas: Paulo, Eloy, Luis, Dieguito (Esteban Rodríguez m.86), Cristian Canosa (Brais Lado m.74), Esteban Canosa, Ramón, Cristian, Toño, Baba e Santi Díaz.
Goles: 0-1 m.24: Baba; 1-1 m.70: Chema; 2-1 m.96: Chema.
Expulsións: Os visitantes Santi Díaz e Ramón nos minutos 72 e 92, respectivamente.
Partido cunha metade para cada equipo. Na primeira, un Baíñas coas ideas moi claras, saíu a por todas e xa no treito inicial contaría con varios achegamentos de perigo, sobre todo, á contra e nunha barullo formado na área ceense logo dun contragolpe, sería como chegaría o 0-1, obra de Baba.
Nos minutos previos ao descanso, o Cee deu mostras de reaccionar e xa no segundo tempo, os da vila da Xunqueira estiveron máis metidos no encontro e Chema faría o empate no minuto 70.
Pouco despois do gol da igualada, o Baíñas volvería a ver portería por medio de Cristian Canosa pero o colexiado anularía o gol por un discutible fóra de xogo, nunha acción na que Santi Díaz sería expulsado.
No tempo de desconto, unha tangana remataría cun novo expulsado no bando do Baíñas, desta volta sería Ramón quen vería o cartón vermello. E xa no minuto 96, Chema faría o definitivo 2-1 á saída dun córner.
Ponteceso SD 1 – 2 SCD Malpica
Ponteceso SD: Rubén, Isaac, Juanjo (Aday m.80), Recarey, Xuko, Abel, Mendieta (Dani Cotelo m.66), Ismail (Puente m.60), Mara, Luca (Brais m.95), Moscoso (Nando m.70).
SCD Malpica: Lamas, Fuentes, Kevin (Belar m.46), Juan (Laik m.46), Villar, Migueliño, Andy, Alberto (Agustín m.75), Michi Castro, Aitor, Pace (Brais m.89).
Goles: 0-1 m.22: Andy; 0-2 m.30: Michi Castro; 1-2 m.69: Puente.
Expulsións: Os malpicáns Michi Castro e Migueliño nos minutos 85 e 93.
Antes do comezo do encontro, gardouse un minuto de silencio polo avó do gardameta malpicán Damián e polo tío do pontecesán Puente.
Partido moi igualado con ocasións para ambos equipos de facer máis goles.
Na primeira parte, o Malpica tivo máis acerto ca o Ponteceso e iso fixo que os homes de Gurita se marchasen aos vestiarios cunha vantaxe de 0-2, grazas aos goles de Andy e Michi Castro.
Tralo descanso, o Ponteceso comezou a ter máis tempo o balón pero sen inquedar en exceso ao rival, pero mediado este segundo tempo, Puente recortaría diferenzas cunha que botou no medio da área e ninguén despexou.
De aí ata ao final, o Malpica soubo aguantar moi ben os balóns en largo que intentaba mandar o Ponteceso, para levarse os tres puntos.
SD Esteirana 0 – 0 Buño SCD
SD Esteirana: Álex de Yi, Samu (Tobío m.77), Maroñas, Dani Corniños, Álex, Adrián (Carajillo m.63), Elías, Pablo, Codesido, Dani Rama e Raúl.
Buño SCD: Brais, Manoliño, Pablo, David, Miguel, Posiño, Fran, Agustín (Luismi m.63), Martín Castro, Juan, Zinho (Álex m.70).
Primeira parte no que a Esteirana tiña o balón pero non avanzaban liñas nen creaban perigo, xa que estaban escaso de ideas. As ocasións máis claras foron para un Buño que perdoou o 0-1 ata en tres ocasións, chegando ao descanso co empate inicial.
Na reanudación, púidose ver un partido moi diferente cun Buño totalmente pechado atrás sen crear ningún tipo de perigo nen ocasión e cunha Esteirana que, por momentos, xogaba con máis corazón ca cabeza, elaborando boas xogadas pero sen a profundidade necesaria.
Elías, Álex e Raúl non acertarían ante un inconmensurable Brais polo que o marcador non se movería.
E xa no tempo de engadido, os esteiráns pedirían unha posible pena máxima por man dun xogador oleiro que se quedaría impune, polo que habería reparto de puntos.
Lira CF 1 – 3 CD Muros
Lira CF: Baitir, Óscar, Eloy (Borja m.80), Miguel, Yerai (Mamadou m.55), Cristian Caamaño, David (Manu m.65), Maikel, Toni, Raúl (Porto m.68).
CD Muros: Xandre, Dani Fernández, Pelos, Iván Cerilla, Xaco, Varo (Jose m.55), Xavi (Berni m.83), Saúl (Gesto m.65), Juan (Dani Romero m.86), Ivi, Ramón (Juanchy m.76).
Goles: 1-0 m.19: Óliver; 1-1 m.24: Saúl; 1-2 m.30: Xavi; 1-3 m.56: Ivi.
Dominou o Lira nos primeiros instantes e de aí que encontrase o premio do gol cun remate de Óliver á saída dun córner.
Parecía que non reaccionaba o Muros e o Lira seguiría acumulando xente en campo contrario e faría intervir a Xandre que evitaría o segundo dos roxiños nun man a man.
Tras isto, o Muros intentou ir máis para arriba, e Saúl conseguiría o gol nun rexeite dun córner. E pouco despois, os homes de Felipe Candamo adiantaríanse no marcador logo dunha boa xogada na banda entre Varo e Ivi que finalizaría Xavi cun gol pantasma moi protestado.
Na segunda metade, un Muros moi serio que case non deu opción ao Lira, faría o definititvo 1-3 por medio de Ivi logo dunha moi boa xogada de Saúl.
O marcador aínda puido ser máis abultado posto que Gesto mandaría o balón fora coa portería baleira.