Martes. 19.03.2024
El tiempo

3ª División: o Bergantiños fai 3 de 3

3ª División: o Bergantiños fai 3 de 3
Bergantiños-Arenteiro: 3-1 O equipo carballés mantivo a súa condición de invicto e segue no máis alto da táboa xunto ao Compos Bergantiños: Cristopher; Borja, Aarón, Marcos Rodríguez (Marcos Caridad, m. 66), Baleato; Granada, Diego, Jorge Sáez (Losada, m. 87); Cano, Cañi (Toni, m. 72) e Rivera. Arenteiro: Rui Santos; Ross, Adrián Padrón, Portela, Maxi; Cassio, Hugo Sanmartín (Noguerol, m. 69), Iago Fernández (Adil, m. 47); Albertito, Carlos (Rober, m. 63) e Igor. Goles: 1-0: Jorge Sáez (25'). 1-1: Carlos (45'). 2-1: Diego (78'). 3-1: Rivera (84'). Árbitro: Martínez Barral, asistido por Botana Rey e Rey Molano. Amoestou a Diego e Marcos Rodríguez; e a Ross e a Adil. Campo: As Eiroas, 400 espectadores. Partido da terceira xornada de liga no grupo I de Terceira División. O Bergantiños mantivo a súa condición de invicto esta tempada e segue no coliderado da táboa, só superado polo Compostela, que suma un gol máis a favor. Foi un rival incómodo o Arenteiro, que compareceu nas Eiroas disposto a non saltarse nin unha coma do guión: perfectamente ordenado e coas sutilezas xustas co balón, fiándoo todo aos pelotazos para ganarlle as costas á defensa vermella. A súa proposta resultou inofensiva porque Marcos e Baleato non concederon un só espazo, moitas veces axudados por Granada, ubicuo no centro do campo cando atacaba o Bergan e atrasado ata a liña de centrais cando tocaba tapar. Nun arranque trabado, propuxo máis o Bergantiños, sobre todo pola banda de dereita, por onde sempre apareceu Borja. Precisamente o primeiro aviso chegou por ese carril, ao cuarto de hora, e nun centro do capitán que cabeceou Rivera, fácil para Rui Santos. Insistiron os de Filgueira polas alas e, no minuto 25, Jorge Sáez si atinou a cabecear outro servizo exacto: impecable, abaixo ao pao, imposible para o porteiro do Arenteiro. Eran os mellores minutos do Bergantiños. Puido tumbar a un Arenteiro que acusou o gol, pero as chegadas locais, sempre pola banda, foron menos precisas. No único erro defensivo do Bergan na primeira metade puido marcar o Arenteiro, pero Igor, só con Cristopher, mandouna fóra por moi pouco. Aí resucitaron os do Carballiño, que igualaron nunha boa xogada pola dereita: Igor case fai diana de cabeza nun centro de compás que rexeitou Cristopher ao pao, pero o balón caeu manso para que Carlos remata sen oposición na liña de gol. A segunda metade resultou máis espesa, cun Arenteiro que comezou a crer nas súas posibilidades. Apareceu entón Cano para desatascar un partido que chegou ao último cuarto de hora con pinta de empate, xusto despois dun gol anulado a Borja tras cabecear un córner, pero o árbitro apreciou unha máis que discutible falta ao porteiro. Tivo fe o Bergantiños e luces Cano. Primeiro sentou ao seu defensor e, desde a esquerda, puxo un centro á area pequena, onde apareceu Diego para bater a Rui Santos. Logo filtrou un gran pase a Rivera, quen se desfixo do meta verde no man a man e liquidou o partido.  

Comentarios