luns. 27.10.2025
El tiempo

3ª FUTGAL: Oza e Coristanco non paran

Dani Vazquez capi do SD Coristanco
Dani Vázquez, capi do SD Coristanco
3ª FUTGAL: Oza e Coristanco non paran

Non frea o Oza, que tamén venceu ao Nantón e suma 7 vitorias en 7 artidos. Pero tampouco frea o Coristanco, que suma 6 de 6 tras golear en Cee a un Pereiriña que viña na parte alta.

Coa sorprendente derrota do Cerqueda no Irmandiño ante o Baíñas, iguala o Cee, tras vencer apuradamente no derbi ante o Inter, na 3ª praza ao cadro cerquedán.

A xornada deparou ademais as primeiras vitorias do Laxe e do Camelle, os dous únicos que quedaban sen coñecer o sabor da vitoria.

Inter de Brens - Cee (2-3)

  • Inter: Costa, Diego, Ángel, Javhchu, Cristian, Evaristo, Alex Castro, Ruben, Leo, Fernando e Torices. Tamén: Ema, Marcos, Kevin e Santi Agulleiro.
  • Cee: Jorge, César, Jonathan, Munitis, Carlos, Xián, Rober, Fontaíña, Pablo, Sergio, Jose. Tamén: Manu, Matteo, Marco, Iag e Iván.
  • Goles: 0-1, m.51: Jose; 1-1, m.53: Fernando; 1-2, m.60: Carlos; 2-2, m.60: en propia; 2-3, m.90: Jose.

Derbi con absolutamente todos os ingredientes: tensión, polémica, tangana, goles… Comezaba intensa a primeira metade, con Fernando avisando para os de Cobéns. O Cee dominaba o balón, pero as contras locais eran perigosas.

Arrincaba co empate a segunda metade, e co gol de Josiño para uns azulóns que non poderán contar con Eze nos seguintes tres meses por unha inahibitación nun encontro que adestraba de cadetes.

Fernando consegue empatar na seguinte xogada pero pouco despois Carlos mete de novo ao Cee por diante. Seguía pelexando o Inter e nunha xogada con algo de fortuna un centro de Javi dende liña de fondo toca nun defensa e acaba colándose polo segundo pau.

Pasaban os minutos e aumentaba a tensión. O colexiado anula un gol ao Cee, mentres o Inter pide a expulsión dun ceense por un cobadazo a Alex Castro no medio campo. O expulsado é Torices a falta de 10 para o final, permitindo ao Cee empurrar nos últimos minutos e conseguido un penalti que os de Cobéns viron como choque. Marca Josiño pero aínda o Inter pedía un penalti semellante sobre Alex Castro en área rival rematando o choque entre imperdoables insultos entre veciños.

Lira - Muxía B (2-1)

11 do CF Lira en Lombans
11 do CF Lira en Lombáns
  • Lira: Raúl, Xurxo, Alexandre, Crhistian, Pablo Otero, Carlos, Alberto, Xabi Beiro, Migueliño, Iván Paris e Pablo Leis. Tamén: Marcos, Hugo, Iago, Javi e Buján.
  • Muxía B: Miguel Camarón, Peski, Aitor, Kevin, Iván, Baamil, Martín Barrientos, Damián Trillo, David, Papin e Eloy Sambad. Tamén: Prieto, Isma Esperante e Samián Soneira.
  • Goles: 1-0, m.2: Pablo Leis; 2-0, m.41: Pablo Leis; 2-1, m.65: Eloy Sambad de penalti.

Partido que comezaba cun gol de Pablo Leis aos dous minutos tras unha xogada por banda do xuvenil Beiro. Sufría ademais o equipo de Congui a lesión de Peski aos 10 minutos, provocando cambios nos muxiáns. O partido transcurria sen un dominador claro e cos dous equipos querendo o balón, ata que antes do descanso, e noutra xogada por banda de Beiro, o seu centro chut vai o longueiro e o rexeite aprovéitao de novo Pablo para facer o 2-0. Tiveron aí os muxiáns a mellor ocasións, como unha vaselina que salva Cristian baixo paus.

A segunda comezaba co filial tendo máis balón pero sin crear perigo, pero á contra facía dano o renovado equipo liracho de Óscar Leis (sen contar a Raúl e a Migueliño, o resto apenas chegan aos 18 anos). Nunha destas Beiro choca co meta Miguel Camarón e ten que ser substuído poñéndose baixo paus un xogador de campo, Ismael.

Non decaeu o filial en todo caso, que seguuíu pelexando, conseguindo recurtar de penalti por unhas mans, protestadas, de Migueliño, e apretando ata o final. Tivo tamén a sentenza o cadro local, como un balón á cruceta de Iván e unha de Pablo que sae lambendo o pau. Así e todo, de non ser por un par de boas paradas de Raúl o Muxía B levaría algún punto.

Laxe - Seaia (1-0)

    Laxe: Jacobo, Darío Mira, Pablo Barreiro, Leo, Pedro Lema, Brais, Raúl, Santi Casás, Djamel, Bieito e Eloy Liñares. Tamén: David Gándara, Darío, Santi Gonz., Ramoelson e Martín.
  • Seaia: Anxo, David, Alex Mato, Noel, Simón, Alex García, Manu Cancela, Diego, Edu, Manu Castro e Juni. Tamén: Isaac, Marco, Brais, Iván e Martín.
  • Gol: 1-0, m.90: Bieito.

Primeira vitoria do Laxe de Manu Saleta, nun partido apretado de poucas ocasións para ambos, pero con dominio malpicán. Os de Jorge Martínez mandaron 3 balóns ao pau, pero non estiveron acertados, e foron os locais nos que, nunha contra no m.90, quedaron cos puntos tras unha fermosa internada de Bieito á que non chega Simón.

Baíñas - Cerqueda (5-0)

  • Baíñas: Fabián, Samu, Fabichas, Darío, Manu, Leo, Esteban, Fandi, Crisca, Santi e Ruli. Tamén: Dani, Chavico, Ibra e Chori.
  • Cerqueda: Breo, Sergio, Marcos Pensado, Dani Reixía, Samuel Amado, Hugo Fraga, Mario, Eloy Santos, Brais Costa e Palermo. Tamén: Ba, Cesáreo, Brais Pombo e Víctor.
  • Goles: 1-0, m.29: Ruli; 2-0, m.44: Manu; 3-0, m.57: Ruli; 4-0, m.81: Chori; 5-0, m.90: Fabichas.

Vitoria contundente do Baíñas de Antelo ao Cerqueda de Gurita, forxada no último cuarto da primeira metade, na que os vimianceses se metían por diante.

cd Bainas celebrando a vitoria
O Baíñas  celebrando a vitoria

Volantes - Camelle (0-2)

  • Volantes: Xandre, Miguel León, Javi Romero, Iago Beiro, Manu Fontenlos, Alex Louro, Marcos Gosende, Jordy, Iván, Raúl, e Manu Lago. Tamén: David Outes, Jonathan, Jose, Adri Tajes, Óscar Calo.
  • Camelle: Ángel, Raiku, Hucho, Micael, Martín; Josiño (Moha), Jorge (Fabián), Dido, Lucas P., Chans (Miguel) e Crejo (Lucas D).
  • Goles: 0-1, m.35: Lucas de penalti; 0-2, m.92: Lucas.

Pereiriña - Coristanco (1-6)

  • Pereiriña: Xabi, Cartamil, Oca, Estebo, Calo, Bicho, Adán, Pablo Trillo, Martín, Tito e Abel. Tamén: Xacobe, Aitor, Gabri, Brais Lagoa, Oli.
  • Coristanco: Roberto, Borja, Lorenzo, Andy, Lou, Jose Antonio, Mateo, Kevin, Dani Vázquez, Dani Casti, Pablo Pose. Tamén: Villajos, Sabucedo, Jairo, Rodri, Martín.
  • Goles: 0-1, m.17: Kevin; 0-2, m.33: Dani Vázquez; 0-3, m.64: Kevin; 0-4, m.67: Jairo; 0-5, m.75: Jairo; 1-5, m.80: Brais Lagoa; 1-6, m.81: Jairo.

Partido sen historia cun Coristanco moi superior en todo momento. Os de Adrián Lema saían enchufados dende o comezo e xa foron quen de meterse 0-2 á media hora, tendo algunha ocasión máis. Si que apretou nese último cuarto de hora do primeiro tempo o equipo de Julito, pero sen demasiada fe.

Na segunda, volveron saír a tope os coristanqueses que pronto sentenciaba o choque e metía a velocidade de cruceiro.

Oza - Nantón (2-1)

11 do SD Oza no Carral

  • Oza: Benjamín, Davicillas, Raúl, Brais Bolón, Marcos, Hugo, Miguel, Lavandeira, Saad, Salah e Moreno. Tamén: Matías, Fernando, Suárez, Mamadou e Roberto.

11 do CD Nanton no Carral

  • Nantón: Álvaro, Mikel, Adri Abelenda, Fariña, Xoel, Carlos Vidal, Dani Andrade, Dany Añón, Iago Torres, Alex López, e Suso.
  • Goles: 1-0, m.13: Salah nun golazo tras un bo pase de Hugo; 1-1, m.75: Iago Torres a pase de Suso; 2-1, m.86: Hugo Fraga de penalti cometido sobre el mesmo.

Partido xogado ao solpor do Carral, cunha primeira metade moi boa do Oza, que intentaba facer dano con balóns ás costas da defensa. Así colleu unha Salah a un lanzamento de Hugo e marcou de primeiras o primeiro tanto. Pasaban os minutos e o control o levaba o cadro carballés, pero os de Adrián Varela apretaban o medio campo e intentaban sacar contras.

Nada máis saír Fernando ten un man a man pero Álvaro fai un paradón. Nunha desas saídas dos cabaneses Iago aproveita un pase de Suso (que puido estar en fóra de xogo) para facer o empate a 15 do final.

Reaccionou o cadro de Michel que se foi con todo polo partido, pero sen demasiada claridade ata que o colexiado pitou un penalti, moi protestado polos cabaneses.

A familia do Oza envía unha menaxe de ánimo a Nacho polo facelemento dun familiar.

SD Oza celebrando a setima vitoria
O SD Oza celebrando a sétima vitoria

Todas as crónicas da 3ª FUTGAL

Máis información

Comentarios