3ª FUTGAL: Volantes e Malpica póñense por diante
- Todas as táboas en www.futboldacosta.com.
Cuarta xornada de Liga e parece que algún equipo xa está collendo posicións. Son os casos de Volantes, que goleou en Laxe, e Malpica que venceu no Carral ao Oza. Invicto queda segue tamén o Sofán B, que sufriu para vencer ao Seaia. Con 7 puntos, un paso por detrás, quedan Cerqueda, Zas e un Inter de Brens que estreou con vitoria a fichaxe de Adrián Pasantes.
Camelle - Muxía B (3-2)
- Camelle: David C., Chans, Dido, Ruso, Paulo; Estiben, David V, Óscar (Kampi), Sandro (Hucho), Fabián (Pastelero) e Lucas.
- Muxía B: Ángel, Mario, Adri Baamil, Prieto, Furelos, Noé, Antonio, Isma, Eloy Sambad, Martín e Fabián. Tamén: Alex Franco, Brais Santiago, Damián e Brais Rod.
- Goles: 1-0, m.56: Lucas tras un pase de Pastelero; 2-0, m.67: Sandro; 2-1, m.74; Fabián de falta directa; 2-2, m.82: Damián de falta directa; 3-2, m.92: Lucas aproveira unha indecisión entre defensa e porteiro.
Partido intenso nun campo do Rodeiro anegado. O Camelle comezaba con máis fortaleza, e co vento a favor gañaba os segundos balóns, e mandaron varias ocasións á madeira, pero sen acerto.
Na segunda igualáronse as tornas, pero cando parecía que o filial se situaba, un balón filtrado de Pastelero era aproveitado por Lucas para abrir o marcador, ante as protestas visitantes por un posible fóra de xogo. Pouco despois sería Sandro o que nunha gran xogada por banda foi regateando a defensas ata que encontra boa posicion de tiro e fai o segundo.
Pero o cadro de Sergio non foi quen de rematar o partido, mentres os de Isidro e levantaron en guerra, e comezaron a facer dano. En dúas faltas directas conseguen empatar os muxiáns, (a segunda ante as protestas dos locais por considerar que un defensa estaba impedindo ao porteiro). O cadro muxián empurraba tendo outra gran ocasión a balón parado á que respondía cun paradón o meta David C.. Nunha desas faltas Isidro foi expulsado por pedirlle que volvese contar os pasos.
Podía caer de calquera lado o partido, e na última xogada do encontro, unha indecisión entre porteiro e defensa era aproveitada por Dido, que se cola, cede para que Lucas dea o gol da primeira vitoria da temporada do cadro camellán.
Laxe - Volantes (0-5)
- Laxe: Jacobo, Roi Laxe, Martín, Abdel, Torrado, Pablo, Jalal, Jorge, Chechi, Roi Zas e Unai.Tamén: Santi, Pasarelo, Brais, Mustafá e Sergio.
- Volantes: Alberte, Isma, Brea, Pola, Uru, Javi, Hugo, Manu, Josiño, Raúl e Borja. Tamén: Antonio e Torres.
- Goles: 0-1, m.5: Josiño; 0-2, m.34: Josiño; 0-3, m.42: Dani Jurjo; 0-4, m.44: Josiño; 0-5, m.76: Josiño.
Pouca historia neste partido no que o Volantes foi superior en todo momento. O cadro de Gus e Gabri Sil marchou 0-4 ó descanso con hat trick de Josiño (que debutaba tras unha lesión e unhas vacacións) e e outro de Uru, tendo tamén ocasións nas botas de Raúl, Borja ou Manu.
A segunda foi un mero trámite onde Laxe axustou mellor.
Zas - Baíñas (2-1)
- Zas: Pereiras, Anxo, Andrés, Juan Touriñán, Adri Rama, Pablo Fuentes, Redondo, Álvaro Fariña, Darío, Marcos e Raúl Corzón. Tamén: Gulle, Brais, Mauro, Adrián e Estefan.
- Baíñas: Fabián; Pablo, Rodri, Manu, Raúl; Santi Baio, Dylan (Leo), Anibal, Chavico (Pedro), Marcos e Ruly.
- Goles: 1-0, m.40: Raúl Corzón; 1-1, m.60: Ruly; 2-1,m .78: Darío.
Ambos equipos chegaron ao encontro con varias baixas, pero conscientes da importancia de asentarse nos postos altos da táboa. Foi un choque con dúas partes moi diferenciadas. O Zas comezou o partido moi enchufado, mostrando solidez defensiva e aproveitando a velocidade dos seus atacantes. Andrés e Raúl protagonizaron varias ocasións claras, con varios man a man ante o porteiro rival, Fabián, que non lograron converter.
Nunha acción illada, xa preto do descanso, Raúl conseguiu abrir o marcador cun gol tras unha falta, poñendo ao Zas por diante. Este tanto pareceu espertar ao Baiñas, que comezou a estirarse e a achegarse á portería defendida por Pereiras nos últimos minutos da primeira metade.
Na reanudación, o Baiñas deu un paso adiante e puxo en serios apuros á defensa do Zas. Nunha boa xogada de Ruly, o Baíñas logrou o empate, restablecendo a igualdade no marcador. A partir dese momento, o partido volveuse máis trabado, con ambos equipos loitando intensamente polo control do xogo.
O partido podía caer dos dous lados, e foi noutra acción a balón parado, nunha falta lateral, cando Darío, cun excelente cabezazo, devolveu a vantaxe ao Zas. O equipo local soubo xestionar o resultado nos minutos finais, asegurando os tres puntos e afianzándose na parte alta da clasificación.
Pereiriña - Cerqueda (0-3)
- Goles: 0-1, m.30: Palermoi; 0-2, m.50: Suso; 0-3, m.70: Alex de falta.
Tivo máis acerto o Cerqueda no choque celebrado no San Paio de Refoxos, e levou os puntos. Os de Gurita fixeron un partido moi serio en defensa, e o seu acerto foi chave. Foi Palermo o que volveu abrir o marcador, despois de que os de Joaquín Quintáns malograsen un par de ocasións nos primeiros compases.
Xa no segundo tempo os visitantes collían nunha transición e tras unha boa xogada colectiva Suso ampliaba a renda. E sen reacción local, Alex facía un golazo de falta preto da liña de banda.
Seaia - Sofán (0-1)
- Gol: 0-1, m.37: Isma Ramos.
Partido igualado en Pedra Queimada, cun Seaia ben armado atrás e un filial máis dominador. Os de Barca intentaban chegar por bandas, pero sen claridade. Isma si que puido acertar nunha das poucas chegadas claras.
Na segunda subiron liñas os locais, que se reforzaron nas bandas. Apretaba máis arriba o Seaia, pero as mellores ocasións eran do filial á contra, como un remate de Isma enboca de gol, un remate de Dani Calvete, un par de remates de cabeza de Brais Calvo e de Isma, pero en fronte estaba un gran Lamas na meta local, que mantivo ao cadro de Jorge no partido ata o pitido final. De feito, nese úlimo treito final, o cadro local tivo varias chegadas para acadar o empate.
Oza - Malpica (2-3)
- Oza: Nacho, Christian Gabín (Aarón Caamaño), Brais Bolón, Alex Moreno, Alberto, Kuki (Alberto Mato), Hamsa, Saad (Jorge Vázquez), Manu Crespo (Javier Vilariño), Alexis Rodríguez, Abib.
- Malpica: Pepucho, Anxo, Pablo, Diego, Mario, Samuel, Luisma, Cristian, Fran, Chicha e Charro. Tamén: Senén, Aday, Jorge Parga, Eloy e Raúl Reigía.
- Goles: 1-0, m.3: Charro; 1-1, m.10: Alex Moreno nun córner tras un córner; 2-1, m.44: Hamsa; 2-2, m.65: Aday; 2-3, m.78: Luisma de penalti cometido sobre Charro.
Unha parte para cada equipo neste choque moi igualado. Empeza o partido no Carral cun gol tempraneiro de Charro para poñer o cadro visitante por diante no marcador; pero o Oza non tardou en empatar o partido tras un corner sacado por abaixo a cal empuxaron o fondo da rede. O choque voltábase bronco por un par de patadas grosas que o colexiado deixou en amarela. O Oza colocábse por diante ao fío do descanso a aproveitar un rexeite do meta visitante.
Na segunda metade foron moi superiores os de Gurita, cunha marcha máis en todo momento, gracias, en parte, á entrada de Eloy, Aday e Jorge Parga. Foron quen de darlle a volta ao marcador cun gol de Aday de cabeza nun corner e outro de penalti cometido sobre Charro que convertiu Luisma.
Dende a familia do Oza mándalle moito ánimo ao central Brais Bolón, que vai votar un tempo fóra do verde debido a unha rotura de “muñeca” durante o partido.
Nantón - Inter de Brens (0-1)
- Gol: 0-1, m.71: Adrián Pasantes a pase de Alex Castro.
Partido disputado, que comezaba cun Nantón moito mellor na primeira metade, co ocasións de todas as cores pero se atoparon unha e outra vez co meta ceense Gonzalo.
Na segunda, Fofi tivo que facer cambios pola lesión de Adrián, que tivo que ir ao Hospital por un golpe no nariz, pero seguiron empurrando ante un Inter que se defendía a cada balón. Pouco a pouco os ceenses foron entrando no partido e estando máis cómodos, ata que apareceu Adrián Pasantes, a nova fichaxe estrella do Inter (ex do Camelle), que cazou un balón longo, e chutou escorado pero bateu ao meta local. Demasiado castigo para un Nantón que mereceu algo máis.
Todas as crónicas da 3ª FUTGAL
- X.3: Só tres equipos permanecen invictos trala terceira xornada.
- X.2: A Festa do gol.
- X.1: Ningún empate na xornada da histórica estrea do Inter de Brens.
Máis info
- Así queda a lista de adestradores, e adestradoras, do Fútbol da Costa para a 24/25.
- Todas as táboas en www.futboldacosta.com.