Domingo. 06.10.2024
El tiempo

3ª FUTGAL: Só tres equipos permanecen invictos trala terceira xornada

UD Cerqueda-Sporting Zas-Foto-Noe Tourinan
UD Cerqueda-Sporting Zas-Foto-Noe Touriñán
3ª FUTGAL: Só tres equipos permanecen invictos trala terceira xornada

Malpica e Volantes son os únicos equipos suman partidos por vitorias tras vencer a Seaia e Buño, respectivamente. Completa o trío de equipos que quedan sen coñecer a derrota (apenas levamos 3 partidos) o Sofán B, que goleaba ao Pereiriña e amosa a súas credenciais para volver estar arriba.

Todo nunha Liga que comeza igualadísima e na que podemos pensar en ata 8 candidatos a meterse entre os 6 primeiros.

Despois de 3 xornadas, só o Seaia non estreou o taboleiro de puntos.

Ollo, iso si, aos insultos dende as bancadas. Este domingo xa o colexiado do Cerqueda-Zas tivo que parar 5 minutos o partido tras recibir uns insultos, e a Federación xa avisou que ía cortar de cheo estas actitudes inaceptables.

Volantes- Buño (3-2)

  • Volantes: Alberte, David Carballo, Dani Mariño, Jesús, Miguel, Anxo, Isma, Hugo, Javi, Raúl e Manu de Yi. Tamén: Alex de Yi, Borja, Fran Rama e Pola.
  • Buño: Fran Souto, Pablo, Alan, Hugo, Javi Facal, Martín, Simón, Edu Souto, Andres, Elías Suárez e Miguel Mallo. Tamén: Isaac Piña e Brais Fraga.
  • Goles: 1-0, m.42: Jesús; 2-0, m.43: Manu de Yi; 2-1, m.63: Brais Fraga; 2-2, m.65: Javi Facal; 3-2, m.88: Anxo.

Volantes-Buno

Igualado partido ata o suspiro final entre dous equipos. O Buño, con apenas 13 xogadores, fixo un gran partido, ante un Volantes que suman a súa terceira vitoria seguida. Os de Sil e Gus ofreceron un bo partido, marcando dous tantos ao fío do descanso.

Pero os oleiros de Lilo déronlle a volta ao marcador na segunda, e comezaron a remar, remontando tamén en dúas xogadas consecutivas. Estaban mellor os visitantes e Martín mandaba de cabeza ao poste e Hugo Álvarez puido poñer en vantaxe aos seus cunha fermosa falta directa. Pero case que no desconto, un tiro de Anxo colábase na meta de Fran tras petar nun defensa para darlle os 3 puntos aos laranxas.

Baíñas - Camelle (1-1)

  • Baíñas: Joel; Pablo (Gustavo), Rodri, Manu, Raúl; Marcos, Kevin, Santi Baio, Pedro (Leo), Chavico (Santi) e Ruly.
  • Camelle: Joel; Chans, Dido, Javi, Pastelero; Estiben, David V, Sergio, Kampi (Óscar), Sandro e Lucas.
  • Goles: 0-1, m.77: Lucas; 1-1, m .84: Manu de falta directa.

Partido igualadísimo en Vimianzo, cun Baíñas que comezaba moito mellor, co aire a favor, dominando e tendo boas ocasións, como varios balóns á madeira (un longueiro de Santi Baio e un poste de Marcos), un posible pensalti de Joel sobre Rully e varias xogadas nas que a defensa camellá tiña que sacar o balón da liña de gol. Tardou en meterse no partido o cadro de Sergio pero pouco a pouco fose animando e mesmo protestou un gol anulado por fóra de xovo.

Na segunda metade igualaríase o balón, cun Camelle máis enriba que protestaría outro gol anulado por un teórico xogo perigoso nun barullo na área local. Adiantaríase o Camelle nun balón bombeado de Lucas que sorprende ao porteiro coa axuda do vento.

Quedaban 15 minutos de pasarrúas, de área a área, acertando o cadro de Sanchiño nun balón de Manu de falta directa. Puido levar o partido o cadro local, que apretou ata o final e Raúl mandaba un balón moi afiado que marchou lambendo o pau.

Sofán B - Pereiriña (6-2)

  • Sofán B: Mario, Ceide, Marcial, Isma Ramos, Eloy Trigo, Breo, Eloy Cabeza, Borja Viaño, Dani Calvete, Nacho, Nachete. Tamén: Diego, Roi, Christian, David e Brais Calvo.

Atletico Pereirina no Carral

  • Pereiriña: Maikel, Adri Ozón, Diego Oca, Estebo, Sergio, Brais Lagoa, Martín, Jose, Antón Lestón, Juan oBello e Gabri.
  • Goles: 0-1, m.23: Antón Lestón de falta directa; 1-1, m.28: Nachete nun córner; 2-1, m.30: Roi nun córner; 3-1, m.47: Breo Rey; 4-1, m.52: Isma Ramos; 5-1, m.80: Isma Ramos; 5-2, m,88: Oca; 6-2, m.90: Isma Ramos.

Demasiado castigo para o Pereiriña ante un filial moi acertado. Os de Joaquín Quintáns fixeron unha correcta primeira metade, adiantándose coa maxia de Antón Lestón a balón parado. Pero en dúas accións, tamén a balón parado, os de Barca lle daban nun suspiro a volta ao marcador.

Na segunda, o Sofán si que foi superior, ante un Pereiriña algo máis avanzado. Os carballeses atopaban ocos por todas partes e pronto sentenciarían con triplete de Isma Ramos.

Muxía B - Laxe (2-0)

  • Muxía: Ángel, Adri Baamil, Mario Trillo, Mateo, Luís; Furelos, Noé, Fabián Eloy Sambad, Martín e Isma. Tamén: Alex Franco, Brais Santiago, Damián, Toni e Brais Rod.
11 do Sd Laxe
11 do Sd Laxe en Arliña
  • Laxe: Jacobo; Fredy (Chechi), Sebas (Musta), Roi, Martín, Halal, Pablo, Torrado, Unay (Abdel), Jorge, Eliseo (Santi).
  • Goles: 1-0, m.4: Eloy Sambad tras sacar unha falta en curto; 2-0, m.89: Damián tras un taconazo de Toni.

Primeira vitoria do filial muxián, que vai encontrando o seu fútbol, ante un Laxe que saía durmido. Os de Isidro foron mellores dende o comezo, con máis intensidade, cuns grandes 25 primeiros minutos, combinando ben, facendo cambios de xogo e superando as liñas da defensa laxense. Marcou Eloy pronto e o partido seguía presionando moi arriba, provocando moitos erros pero sen claridade no remate.

Melloraron os de Ordóñez na segunda, con máis forza, aproveitando que o Muxía non remaba tanto, e mesmo tendo algunha ocasión na segunda. Pero o filial foi adaptándose á potencia laxense, se ben o partido seguía aberto. Só foi no último suspiro cando o Muxía B puido sentenciar gracias a un golazo de Damián tras un fermoso taconazo de Toni.

Malpica - Seaia (2-0)

11 do SD Malpica en Pedra Queimada
11 do SD Malpica en Pedra Queimada
  • Malpica: Senén, Anxo, Carrumba, Diego, Mario, Samuel Periscal, Luisma, Adri Pose, Fran, Cristian e Charro. Tamén: Chicha, Aday Mato, Joe, Eloy Vilas e Albeto Hombre.
  • Seaia: Anxo, David Muíño, Marcos Verdes, Kevin, Añón, Alex Mato, Martín Costa, Pablo Caamaño, Diego, Manu Castro e Iván Caamaño. Tamén: Lamas, Brais, Raúl, Alex e Alejandro.
  • Goles: 1-0, m.32: Fran dende a media lúa; 2-0, m.73: Charro tras unha xogada de Carrumba.
Mellor ambiente en Pedra Queimada
Mellor ambiente en Pedra Queimada do habitual

Día chuvioso no que se disputou o derbi da parroquia de Malpica, cun bonito ambiente nas bancadas de Pedra Queimada. O partido empezou cun dominio do Malpica que a base de presión alta non deixaba saír do seu campo ao cadro de Jorge. Fran abría o marcador á media hora. Antes do descanso unha trifulca acaba cun xogador expulsado por cada bando: Adri Pose polos locais e Kevin Reino polos visitantes.

Na segunda, mellorou o Seaia, pero tras unha moi boa xogada de Carrumba, Charro aproveita para empurrar o segundo.

O partido foi marcado pola lesión de Alberto Hombre, un gran susto debido, en boa medida, ao mal estado do céspede de Pedra Queimada, tendo ademais que acabar o choque con 9. A primeira revisión ten como diagnóstico unha luxación de xeonllo, o que dentro do malo, non son as peores novas.

Inter de Brens - Oza (3-3)

  • Inter de Brens: Gonzalo, Diego, Christian, Jose, Brais Canosa, Juan Lagoa, Ricardo, David Regueira, Evaristo, Miguel, Torices. Tamén: Costa, Cris Canosa, Santi Agulleiro e Fabián.
  • Oza: Sito; Brais Bolón, Alex Moreno, Alberto, Nacho Pose, Kuki, Saad (Alberto Mato), Manu Crespo, Alexis Rodríguez, Abib (Amine Archi) e Javier Vilariño (Aarón Caamaño).
  • Goles: 1-0, m.36: Evaristo; 1-1, m.56: Manu; 1-2 m.59: Manu; 2-2, m.61: Juan Lagoa anota un golazo; 3-2, m.71: Cris Canosa aproveita un rexeite do porteiro a un tiro de Evaristo; 3-3, m.85: Nacho.
Neboa no San Paio de Refoxos no choque entre Inter e Oza
Así estaba onte o San Paio de Refoxos no choque entre Inter e Oza

Partido impracticable no San Paio de Refoxos baixo unha néboa intensa. Foi un choque denso, no que dominaba o Oza cun Inter sacando perigosas contras e acertando moito. Tralo gol de Evaristo, Nacho mandaba unha ao pau para os de Míchel.

Na segunda, foi un intercambio de goles, remontando o Oza, que estivo sempre máis tempo en campo contrario, pero os Lagoa e Canosa conseguían empatar.

Dende Oza envían unha aperta ao xogador ceense Torices que saía mancado ao remate do partido, se ben dende o club sinalan que parece só un golpe

Cerqueda - Zas (1-3)

11 do UD Cerqueda en Xavina

  • Cerqueda: Breo, Adri Verdes, Andrés, Andi Rey, Dani Reixía, Marcos Pensado, Andy, Jesús, Iván Mato, Suso e Palermo. Tamén: Chris Velo, Fuentes, Hugo Fraga, Víctor Pose e Brais Costa.

11 do Sporting Zas en Xavina-Foto-Noe Tourinan copia

  • Zas: Pereiras, Adri Rama, Pablo Fuentes, Andrés, Juan Touriñán, Redondo, Fran, Darío, Marcos, Estefan, e Raúl. Tamén Guille, Anxo, Álvaro Fariña, Mauro e Eloy Moreira.
  • Goles: 0-1, m.8: Pablo Fuentes de córner; 0-2, m.12: Redondo dende a frontal; 1-2, m.75: Iván Mato; 2-2, m.92: Raúl Corzón de falta directa.
Andres no 11 do Sporting Zas-Foto-Noe Tourinan copia
Andrés foi clave no Zas-Foto-Noe Touriñán

O partido arrancou con dominio claro do Zas durante os primeiros 35 minutos. O Cerqueda apostaba polos balóns longos e verticais, pero a defensa do Zas gañaba as disputas e os mediocampistas recuperaban con eficacia as segundas xogadas. As accións ofensivas do Zas viñeron principalmente pola banda dereita, onde Andrés xerou moito perigo, se ben o primeiro tanto chegaba dendo córner por medio de Pablo. Pouco despois Redondo facía o segundo cun golazo ao que o xuvenil Breo non podía responder. Pero cambiaría o conto cando pasada a media hora o Zas queda con 10 pola expulsión de Fran. O Cerqueda comezaba a mandar pero sen profundidade, agás unha ocasión antes do descanso que salvou Pereiras.

Na segunda parte os de Gurita seguían buscando arriba a Suso e Palermo, pero a defensa zaseira non fallaban. Pouco a pouco había máis ocasións para os locais, que recurtaban por medio de Iván Mato, e cando máis preto parecía o empate chegaría a sentenza cun gol de falta directa de Raúl.
O árbitro detivo o partido durante cinco minutos debido a supostos insultos dende a bancada.

UD Cerqueda-11 do Sporting Zas-Foto-Noe Tourinan copia
-Foto-Noe Touriñán

Todas as crónicas da 3ª FUTGAL

Máis info

Comentarios