3ª FUTGAL: A festa do gol

Sumou o Inter de Brens a súa primeira vitoria da historia. Fíxoo na Pedra Queimada, nun partido con 6 goles. Porque a xornada deixa un sabor a gol tremendo. 32 goles marcárons nos 7 partidos, case 5 por partido, demostrando que esta liga esta moi viva. O carrusel dominical de www.futboldacosta.com foi espectacular!
Só o Malpica e o Volantes suman dúas vitorias despois da segunda xornada, e ambos sufriron para superar a Pereiriña e Nantón, o que dá conta do igualada que vai estar esta campañana 3ª.
Baíñas - Muxía B (2-0)
- Baíñas: Fabián; Pablo, Rodri, Gustavo (Pedro), Manu; Raúl, Santi Baio, Kevin (Leo), Anibal, Marcos (Joel) e Ruly.
- Muxía: Ángel, Mario, Adrián, Jose Luis, Furelos, Noé, Brais, Isma Esperante, Eloy Sambad, Damián e Fabián.
- Gol: 1-0, m.9: Raúl; 2-0, m.85: Joel.
Partido disputado, sen demasiadas ocasións polos dous bandos, na que só unha chegada de Raúl acabou en gol tras un erro de marcaxe. No bando contrario Isidro apenas contaba con 5 xogadores sénior, que va formando o equipo pouco a pouco. O Muxía intentaba aproveitar a velocidade dos seus extremos, e puideron empatar sobre todo cunha vaselina de Damián que marchou alta.
A segunda parte non mellorou demasiado, se ben o equipo de Isidro semella que vai mellorando fisicamente, presionou máis arriba, tivo algo máis o balón e algunha chegada. Só no ttreito final os de Sancho conseguían matar o partido nunha xogada protestada polos visitantes.
Camelle - Cerqueda (3-3)
- Camelle: Pirata; Paulo, Ruso (Javi), Dido, Chans; David V,, Pastelero, Fabián, Óscar (Kampi), Sandro (Moha) e Luca.

- Cerqueda: Breo, Adri, Marcos Pensado, Dani Reixía, Alex Botana, Andi Onei, Andy Rey, Iván Mato, Carlos Amado, Xuster e Palermo. Tamén: Suso, Hugo Fraga, Víctor Pose, Andrés e Christian Velo.
- Goles: 1-0, m.23: Lucas; 1-2, m.44: Palermo; 2-1, m.55: Sandro tras unha falta lateral; 2-2, m.81: Suso; 2-3, m.82: Suso; 3-3, m.93: Lucas.
Moito respecto no Rodeiro entre dos aspirantes a todo. Comezaba o choque co cadro de Gurita levando o peso do balón, mentres os de Sergio esperaban para saír á contra. O partido desenvolvíase no campo camellán pero nunha contra (e cunha protesta visitante quedando os xogadores do Cerqueda parados) Lucas, a arma letal dos camelláns, abría o marcador aproveitando un pase longo tras un rexeite do Pirata. O partido seguia igualado e o eterno Palermo empataba antes do descanso.
A segunda empezaría máis igualada, con ocasións para os dous equipos, cun Cerqueda sempre un punto mellor. Así e todo era Sandro o que adiantaba aos locais nunha falta lateral. O Cerqueda seguía intentando e aparecía outro dos de sempre, Suso, para facer dous tantos consecutivos aproveitando a desconexión local. Quedaban 10 minutos e o Rodeiro era un pasarrúas, pero a base de botar balóns arriba, Lucas aproveita un despexe longo que se convirte nunha asistencia, un central non despexa, e anota o empate final superando a Breo, porteiro de 16 anos que suple ao lesionado Héctor.
Zas - Sofán B (3-3)

- Zas: Guile, Anxo, Adrián Rama, Iván Redondo, Andrés, Marcos, Fran, Juan Touriñán, Pablo, Dani Mato e Raúl Corzón. Tamén: Pereiras, Adrián Domínguez, Estefan, e Ángel Nieto.
- Sofán B: Marcos, Samuel, Dani Calvete, Borja Viaño, Isma Ramos, Nachete, Nacho, Breo, Ceide, Christian; Tamén: Mario, Marcia, Saydou, David e Brais.
- Goles: 0-1, m.8: Nacho; 1-1, m.28: Iván Redondo; 2-1, m.34: Dani Mato de penalti; 2-2, m.30: Nachete; 3-2, m.54: Raúl; 3-3, m.77: David.

Partido igualado con moita intensidade en San Andrés, con boa asistencia de público, ao que entrou ben o filial, presionando arriba, roubando. marcando pronto e tendo algunha máis. O Zas pareceu reaccionar, estirando as súas liñas e comezando a chegar con perigo á área rival. E nun erro na saída de balón dos carballeses, chegou o gol do empate de Redondo, e pouco despois, un penalti que transformaría Dani Mato que nos poñería por diante no marcador.
O Sofán non baixou os brazos e, nunha boa xogada de estratexia a balón parado, conseguiron igualar o encontro antes do descanso grazas a un gol de córner de Nachete.

Na segunda metade, ambos equipos comezaron con moito respecto despois dunha primeira parte intensa. Foron uns bos minutos para o Zas, que conseguiu poñerse de novo por diante cun gran gol de Raúl tras unha excelente xogada colectiva. O Zas tivo, ademais, un par de oportunidades claras dentro da área pequena que non foron capaces de materializar.
Co 3-2 no marcador e o partido a un ritmo moi alto, o cansazo fixo mella nos xogadores. Chegou entón o momento dos cambios en ambos banquiños, que foron modificando o desenvolvemento do encontro. O Sofán, máis fresco, aproveitou mellor esta fase do partido e conseguiu igualar o marcador 3-3. No tramo final, incluso tiveron dúas ocasións claras para levarse a vitoria, pero finalmente o resultado non se movería.

Pereiriña - Malpica (2-3)
- Pereiriña: Maikel, Eloy, Fabián, Diego Oca, Estebo, Charly, Juan oVello, Abel, Antón Lestón, Gabri e Tito. Tamén: Jesús, Adrián Ozón, Martín, Pablo Trillo e Iván

- Malpica: Senén, Anxo, Pablo, Mario, Peris, Luismi, Jorge Parga, Fran, Cristian, Charro e Diego. Tamén: Miguel, Adrián, Eloy e Raúl.
- Goles: 0-1, m.18: Charro de penalti; 0-2, m.23: Charro a centro de Peris; 1-2, m.40: Martín; 2-2, m.68: Abel; 2-3, m.93: Cristian.
Gran partido no Sampaio de Refoxos que comezaba co Malpica dominando facendo unha moi boa primeira metade, na que se colocaba 2-0 cos tantos de Charro. Pasada a media hora o Joaquín Quintáns tiña que remodelar o equipo polas lesións de Eloy e Charly, e o equipo mellorou, conseguindo recurtar Martín antes do descanso.
Cambiou o panorama na segunda, cun Pereiriña algo máis enriba, cun Malpica de David Baña que se metera algo atrás. Tras varias chegadas Abel facía o empate nunha xogada na que os malpicáns pediron falta en ataque. O partido podía caer dos dous lados pero a 5 do final Tito era expulsado deixando ao Pereiriña con 10. O Malpica envorcouse e xa no desconto, Cristian colleu un balón no borde da área e clavaría un fermoso tanto para levar os puntos para Malpica.
Sp. Seaia - Inter de Brens (2-4)
- Seaia: Lamas, David, Marcos, Jorge Calvete, Kevin, Añón, Manu Castro, Raúl, Martín Costa, Alex García e Alex Mato. Tamén: Brais, Iván, Diego, Anxo e Pablo Caamaño.
- Inter de Brens: Gonzalo, Brais, Cristiansen, José Angel, Marcos; Juan Lagoa; Alejandro, Torices, Evaristo, Ricardo e David Regueira. Tamén: Brais Iglesias, Diego, Miguel Papin, Leo e Fabián.
- Goles: 0-1, m.2: David Regueira; 1-1, m.4: Alex Mato; 1-2, m.45: José Angel; 2-2, m.78: en propia; 2-3, m.90: David Regueira; 2-4, m.96: Santi Agulleiro.
Primeira vitoria da historia do Inter de Brens. foi un choque decidido polos fallos defensivos, que comezaba co Seaia encaixando un gol no minuto 1 tras un desaxuste da defensa. Conseguía empatar moi pronto o cadro malpicán, pero novamente un erro do porteiro permitía aos ceenses colocarse de novo por diante ao fío do descanso.
Manu Castro estaba facendo un partidazo polos locais, pero tivo en fronte aos dous centrais ceenses moi seguros sempre atrás. Na 2ª parte o Seaia volcabase e lograba empatar de novo, e se veu arriba. Foi aí cando os xogadores do Inter aguantaron ben e souberon sacar un par de contras para aproveitar os desaxustes defensivos locais para facer dous tantos e sumar os primeiros 3 puntos da historia do Inter.
Buño - Laxe (1-1)
- Buño: Isaac, Pablo, Alan, Hugo, Jesús, Miguel Mallo, Castro, Brais Fraga, Edu Souto, Fran e Andrés. Tamén: Fran Souto, Elías, Javi Facal, Eloy Santos, Elías Suárez.

- Laxe: Jacobo, Jon Fredu (Chechi, m.70), Sebas (Brais, m.70), Martín (Santi, m.85), Roi, Torrado, Halal, Pablo, Una, Jorge (Juan, m.86) e Eliseo (Jesús, m.70).
- Goles: 0-1, m.31: Pablo a pase de Jorge; 1-1, m.37: Andrés.
Partido moi igualado o vivido na Grixa entre o cadro de Lilo e o seu exquipo, un Laxe dirixido por Ordóñez. Os oleiros saíron moi ben, e foi dominando a un Laxe que se adiantaba nunha das poucas contras que conseguía chegar á área rival na primeira metade. Non tardoi en reaccionar o cadro de Lilo, e Andrés igualou o marcador cunha boa definición tras unhha xogada asociativa.
Na segunda os oleiros foron mellores, en parte pola saída de Elías Suárez e Eloy Santos, que ampliaron o campo e chegaron ben por bandas, pero atopando unha e outra vez a Jacobo, moi seguro na meta visitante. O Laxe tivo tamén ás súas á contra, rematando o choque nun xusto empate.
Nantón - Volantes (2-3)
- Nantón: Regueira, Mikel, Adrián Abelenda, Miguel Lois, Juan Bello, Dany Añón, Javi Muíño, Iago Torres, Benbe, David Fariña. Tamén: Vidal, Fernando, Alberto, Antonio e Dani Castro.

- Volantes: Álex de Yi, Sel, Isma, Torres, Miguel, Javi, Jesús, Uru, Mitri, Manu e Borja. Tamén: Hugo.
- Goles: 0-1, m.3: Raúl Mitri; 1-1, m.7: David Fariña; 1-2, m.16: Uru; 2-2, m.45: Benbe a centro de Dany Añón; 2-3, m.81: Hugo a pase de Raúl Mitri.
Igualado partido nas Fontiñas, cun Volantes que soubo sufrir ante un bo Nantón, que non se deu por vencido en ningún momento, sendo capaz de remontar ata en dúas ocasións. Abriu o marcador o cadro de Gabril Sil e Gus, pero de contado Davi Fariña faría un golazo dende 30 metros. Volveu marcar o Volantes, tendo algunha para ampliar a renda, pero Benbe empataba de novo, tendo outra ocasión para ampliar a renda.
Saían na segunda parte os locais de Fofi moi metidos no partido, con opcións para meterse por diante, tendo ata 3 mans a mans con Alex de Yi que non foron quen de transformar. E aí, cando mellor estaban os locais, chegaba o tanto do Volantes, sendo o xuvenil Hugo quen no min 80 a pase de Raúl Mitri marcaría o 2-3. Javi e Yago puideron empatar pero non estiveron acertados.