Luns. 07.10.2024
El tiempo

3ª FUTGAL: Ningún empate na xornada da histórica estrea do Inter de Brens

Inter de Brens historico
Histórico primeiro 11 do Inter de Brens
3ª FUTGAL: Ningún empate na xornada da histórica estrea do Inter de Brens

6 vitorias se deron na primeira xornada da 3ª FUTGAL, á falta da celebración do Laxe-Nantón, adiado ao venres pola Barca, como a estrea do Muxía B ante o Buño.

Todo, nunha xornada na que o máis destacado se celebrou o histórico debut do Inter de Brens. O cadro ceense debutou con derbi, dando unha gran imaxe ante o Pereiriña.

Polo demais, houbo moitos enfrontamentos entre equipos que teoricamente poden estar arriba, deparando vitorias do Volantes ante o Oza, do Cerqueda sobre o Baíñas, do Malpica sobre o Zas e o Sofán B sobre o Camelle.

Inter de Brens - Pereiriña (0-2)

  • Inter de Brens: Gonzalo, Brais, Cristianse, José Angel, Marcos; Juan Lagoa; Alex Castro, David Regueira, Torices e Cris Canosa; Santi. Tamén: Brais Iglesias, Diego, Miguel Papin, Leo e Fabián.
11 do Pereirina 24-25
11 do Pereiriña 24-25
  • Pereiriña: Jesús, Eloy, Adrián Ozón, Estebo, Brais Lagoa, Gabri, Saulo, Miguel, Juan oVello, Pablo Trillo, e Abel. Tamén: Fabián, Diego Oca, Christian, Charly e Martín.
  • Goles: 0-1, m.16: Miguel de vaselina; 0.2, m.68: Charly de penalti.

Primeiro partido da historia do novo Inter de Brens, nun derbi ante o Pereiriña no que destacaba a fichaxe do eterno Juan oVello. Foi un choque igualado, con moito respecto nos dous equipos, no que o cadro visitante tivo unha marcha máis, froito da experiencia. Adiantaríanse os de Joaquín Quintáns ao cuarto de hora tras unha xogada culminada por Miguel por riba de Gonzalo tras unha combinación con Miguel e Saulo. Intentouno o equipo de Javichu e Cobens, pero non daba chegado á meta rival. Si o facía, en varias ocasións, o cadro visitante, pero apareceu Gonzalo con varias intervencións espectaculares.

Na segunda, o Pereiriña seguía dominando, pero o marcador seguía aberto, cun Inter que de cando vez lanzaba unha carreira á área rival. Ata que no 68, Charly transforma un penalti tras unhas mans provocadas por un mal despexe en defensa.

Muxía B - Buño (0-8)

  • Muxía B: Xabi, Alex Lagoa, Fede, Adri Baamil, Prieto, Furelos, Alex Franco, Brais Rod., Isma, Eloy Sambad, Damián Soneira. Tamén: Mario Trillo, Antonio, Brais Santiago, Noé e Jorge.
  • Buño: Isaac, Eloy, Martin, Alan, Miguel; Hugo, Adrián, Javi Facal, Andrés, Elías e Fran. Tamén: Edu Souto, Brais Fraga, Elías López e Simón.
  • Goles: 0-1, m.25: Elías; 0-2, m.30: Javi Facal; 0-3, m.35: Fran; 0-4, m.41: Fran; 0-5, m.66: en propia; 0-6, m.74: Brais Fraga 0-7, m.79: Elías; 0-8, m.88: Simón.

Xa disputado a semana pasada pola Barca, o Buño facíase cos 3 puntos puntos no debut do fillial muxián. Os de Lilo amosaron determinación e motivación, levando o mando do partido, con presión arriba, roubando e saíndo rápido. E aproveitou a falta de experiencia dos novos xogadores muxiáns, que non eran quen de superar a presión e á contra, no segundo treito da primeira metade, os oleiros sentenciaban o partido.

Saíu mellor o cadro de Isidro na segunda, ante un Buño algo relaxado, cun bo fútbol tendo ademais boas ocasións, pero á contra, o Buño foi sentenciando.

O SCD Buño celebrando a vitoria en Arliña
O SCD Buño celebrando a vitoria en Arliña

Volantes - Oza (4-2)

11 do Volantes 24-25
11 do Volantes 24-25
  • Volantes: Alex, Iván, Sel, Guille, Manu, Hugo, Javi, Jesús, Anxo, Uru, Borja. Tamén: Torres e Pola.
  • Oza: Sito, Brais Bolón, Moreno, Alberto Rod., Diego Casais, Nacho Pose, Aarón (Amine) (Pablo Lema), Alberto Mato, Abib, Vilariño (Adrián) (Jorge Vázquez) e Christian Gabin.
  • Goles: 1-0, m.7: Anxo; 2-0, m.16: Jesús; 2-1, m.40: Alberto Mato; 3-1, m.44: Jesús; 3-2, m.55: Diego Casais; 4-2 m.83: Manu de Yi a pase de Borja.
Volantes-OZa capis
Capis do Oza e do Volantes co colexiado Pedro Mirazo Insua

Vibrante partido o vivido no Eleuterio Balayo. Comezaba o equipo de Gabri Sil e Gus dominando, cunha marcha máis, nun choque no que foron protagonistas os Xuvenís nos dous equipos, neste ano no que os dous clubs estrean categorías de base.

Metíase pronto por diante con 2-0. Pero no último cuarto de hora o equipo de Michel Sande e Richard Cotelo reaccionaba, recurtaban e se metían de cheo no partido, pero ao fío do descanso os locais aproveitaban outro erro da defensa carballesa e facían o terceiro.

Comezou moi ben o Oza a segunda, recurtando e dominando durante media hora tendo o empate ao alcance, pero en fronte estaba un Volantes serio, que tamén lanzaba algunha escapada, por medio de Manu de Yi, Uru, Anxo ou Borja. Nunha desas, xa no treito final, Manu de Yi sentenciaba a pase de Borja.

Sofán B - Camelle (6-0)

Sofan B 24-25
Plantel do Sofán B 24-25
  • Sofán B: Diego Rama, Marcial, Eloy Cabeza, David, Nacho Eirís, Christian, Breo Rey, Ceide, Saydou, Isma Ramos, Dani Calvete. Tamén: Marcos, Jordan, Roi Canedo, Íker e Borja Viaño.
  • Camelle: David C. (Joel); Martín (Oscar Ricardo), Ruso, Dido, Paulo; Chans, Pastelero, David V. (Javier), Fabián, Kampi e Sandro.
  • Goles: 1-0, m.1: en propia; 2-0, m.33: Saydou; 3-0, m.59: Isma Ramos; 4-0, m.61 Isma Ramos; 5-0, m.81: Dani Calvete de falta directa; 6-0, m.83: Isma Ramos.

Comezaba con mal pé a Liga o Camelle no Carral, cun tanto en propia meta de Dido despois do rexeite de David a un centro chut de Ceide. O cadro de Barca e Viaño non era capaz de circular ben o balón, mentres o Camelle (aínda en formación, xa que conta con 9 caras novas este curso Sergio) íase desperezando e achegándose pola meta de Rama, pero era Saydou nun córner o que ampliaba, á media hora, a vantaxe da SD.

Comezaba igualada a segunda, pero ao cuarto de hora, dous tantos seguidos sentenciaban o partido, o Camelle veuse abaixo e os dianteiros do Sofán eran un vendabal, aproveitándose do estado físico dos camelláns. Triplete de Isma Ramos, que colle o relevo de Adrián Vázquez, xa disputando moitos minutos na Preferente.

Cerqueda - Baíñas (2-1)

11 do Cerqueda 24-25
11 do Cerqueda 24-25
  • Cerqueda: Anxo, Verdes, Andrés, Marcos Pensado, Dani Reixía, Andi, Salah, Alex López, Iván Mato, Suso e Palermo. Tamén: Carlos, Rubén, Víctor, Velo e Hugo.
  • Baíñas: Fabián; Raú, Dani (Pablo), Manu, Héctor; Kevin, Santi Baio; Marcos (Leo), Chavico (Joel), Aníbal e Ruly.
  • Lat. Ezquerdo - Dani.
  • Goles: 1-0, m.44: Palermo; 2-0, m.72: Dani Reixía de penalti; 2-1, m.84: Santi Baio.

Tipico primeiro partido da temporada no que apenas houbo ocasións claras polos dou equipos e no que quedou moi condicionado pola pequena tangana a mediados da primeira parte na que se produce unha expulsion por cada equipo, Salah por bando local e Héctor polo visitante. A marcha de Héctor descolocou aos de Sanchiño, e aí apretou algo máis o cadro de Gurita que conseguía meterse por diante ao fío do descanso gracias a un tanto do veterano Palermo que recolle un balón morto na área tras un mal despexe da defensa.

Na segunda, co partido moi soso, o Cerqueda mete o segundo dende os 11 metros. O Baíñas non se deu por vencido e no treito final, Santi Baio dun disparo desde fóra da área consigue reducir distancias, pero sen tempo a moito máis.

Malpica - Zas (4-1)

scd malpica 24-25
Plantel do SCD Malpica 24-25
  • Malpica: Senén, Eloy Vila, Anxo, Carrumba, Luís; Diego García, Mario, Aday; Chicha, Charro e Alberto Hombre. Tamén: Chucho, Fran, Suizo, Adrián e Eloy Suárez.
11 do Sporting Zas 24-25 en Malpica-Fot-Noe Tourinan
11 do Sporting Zas 24-25 en Malpica-Fot-Noe Touriñán
  • Zas: Guille, Anxo, Eloy, Adrián Rama, Iván Redondo, Marcos, Fran, Adrián Domínguez, Brais, Dani Mato e Raúl Corzón. Tamén Pereiras, Estefan, e Juan Touriñán.
  • Goles: 1-0, m.20: Alberto Hombre; 2-0, m.25: Luis; 2-1, m.46: Raúl Corzón; 3-1, m.87: Fran; 4-1, m.94: Suizo.
SCD Malpica-Sporting Zas-Foto-Noe Tourinan
SCD Malpica-Sporting Zas-Foto-Noe Touriñán

Moita máis xente que os anos pasados en Pedra Queimada (que espera a renovación do céspede) para ver a este Malpica de David Baña. O cadro local comezaba dominando, moi sólido atrás e con moita dinamita arriba cun tridente formado por Chicha, Charro e Alberto Hombre. O Zas de Pereiro e Forján, tras unha boa pretemporada, chegaban algo xustos de efectivos, comezaba sufrindo, e pasado o ecuador da primeira metade, o cadro local se adiantaba por partida doble, vendo ademais como non subían ao marcador un gol pantasma e outro anulado por fóra de xogo. Porén, o Zas apenas creou perigo na portería defendida por Senen.

Pero o gol de Raúl Corzón nada máis saír dos vestiarios igualaba a contenda. Intentou levar o mando do choque o equipo zaseiro, e chegaron a ter dúas ocasións claras de man a man de Raúl con Senén, pero o gardameta local desbaratou ambas oportunidades. O Malpica aguantou e soubo manexar os tempos, e no treito final, dúas contras ben executadas para poñer o 4-1 definitivo no marcador, o que amosa que son un equipo claramente preparado para loitar polos postos de cabeza esta temporada.

SCD Malpica-Sporting Zas-Foto-Noe Tourinan 2
SCD Malpica-Sporting Zas-Foto-Noe Tourinán

Máis info

Comentarios