3ª Galicia: O Zas non frea
Mantense líder en solitario o cadro de Martín tras sumar a súa apurada 5ª vitoria do curso en 5 partidos. Pero Porteño, Baíñas, Buño e Lira seguen moi de preto ao cadro zaseiro.
Camelle - Laxe (2-0)
- Camelle: David, Quintelo, Makareno (Hucho), Dido, Martín (Ruso), Estiben, Marcote, Rodri, Chori (Piquero), Mario (Carlos) e Adrián.
- Laxe: Rubén, Mikel, Jose, Cebey, Gora, Miguel Torres, Iago Torres, Bieito (Felipiño, m.60), Camafreita, Jesús e Santi Casás.
- Goles: 1-0, m.87: Carlos nun córner; 2-0, m.90: Adrián noutro balón colgado.
De novo o estado do céspede do Rodeiro marcou o choque, deixando un partido dos de 0-0 que o Camelle decidiu en dous saques de esquina cando o partido esmorecía.
O Laxe de Lilo pelexou ben, concentrado en todo momento, e sen acerto cara gol a pesar do gol anulado a Suso por fóra de xogo posicional de Santi Casás , por obstaculizar a visión do porteiro, aínda aos 10 minutos, e na segunda metade coas chegadas de Santi Casás ou Iago Torres.
Pola súa parte os de Sergio tiveron máis control do balón e foron superiores en varios treitos, pero non conseguiron abrir a lata ata o último suspiro.
Lira - Nantón (2-1)
- Lira: Balayo, Cristian, Golpes, Isaac, Saúl Lariño, Mijeliño, Saúl Lira, Ángel, Raúl, Rubén e Oliver. Tamén: Fran Periko, Ramón, Alexis e Santi.
- Nantón: Guille, Fran, Xoel, Eloy Moreira, Fuentes, Carlos Vidal, Tato, Márquez, Pastor, Redondo e Iván Moreira. Tamén; Roi, Javi.
- Goles: 0-1, m.17: Redondo; 1-1, m.24: Oli de penalti; 2-1, m.90: Rubén.
Partido igualado no que na primeira parte se adianta o Nanton nun regalo da defensa liracha qaue aproveita ben Redondo marcando de tiro cruzado. Tivo algunha máis para ampliar a renda o equipo de Carlos Vidal (player-manager este curso), pero era Oli o que empataba de penalti no ecuador do primeiro tempo por unhas mans.
O Lira recuperaba o mando na segunda, xerando ocasións por medio de Rubén, Alexis, Raúl, Fran... ante un Guille, meta visitante, que estaba lesionado e non podía case nin moverse pero que tivo que aguantar. Tamén O nantón tivo unha para darlle a volta ao marcador, pero foi sobre o desconto cando Rubén se plantaba diante do mermado Guille e definía moi ben para deixar os puntos na casa.
Pereiriña - Porteño (2-3)
- Pereiriña: Isma, Grille, Fabián, Adrián Ozón, Esteban, Carlos Leis, Augus, Esteban Sendón, Carlos, Martín e Isma Graíño.
- Porteño: Sergio, Porto, Pejo, Yerai, David, Ángel, Juan, Nico, Alan, Vicente e Lucas. Tamén: Jimy, Nico, Marcos, Edgar e Brais.
- Goles: 1-0, m.17: Carlos; 1-1, m.40: Juan oVello; 1-2, m.44: Lucas; 2-2, m.76: Esteban; 2-3, m.90: Ángel remata unha falta botada por Juan oVello.
Unha parte para cada un, e o que puido acabar en empate, pero que se decidiu cunha falta sobre o pitido final. Tardaba en entrar no partido o cadro dirixido onte por Javi Baña, e o Pereiriña de Emilio Corzón aproveitaba para meterse por diante. Pero a partir do gol o Porteño foi quen de baixar o balón e rasear ben facendo unha moi boa media hora, e remontando o choque cos tantos de oVello e Lucas.
Na segunda foi mellor o cadro local, empurrando máis e creando ocasións. Marcou o empate Esteban, e co 2-2 e cando o Pereiriña estaba máis enriba, unha falta dende o borde da área era rematada por Ángel para que os puntos marchasen de Cee cara a Grixa.
Malpica - Castrelo (2-2)
- Malpica: Ángel Garrido, Simón, Iván, Jorge Groucho, Aitor, Alexandre, Fernando, Jorge Parga, Alberto Hombre, Levin e Arcay. Tamen: Fran: Alex López, Macías e Baye.
- Castrelo: Gustavo, Chans, Canosa, Estebo, Peke, Álvaro (Miguel, m.65), Rodrigo, Xavi (Picallo, m.60), David, Rubén (Pereira) e Guillín (Ramiro, m.80).
- Goles: 0-1, m.14: Jorge; 1-1, m.20: Kevin nunha mala saída de Gustavo; 2-1, m.22: Alberto Hombre de falta dende moi lonxe; 2-2, m.37: Peke anota un golazo de falta pola escuadra.
Mellor actitude no Malpica de Jorge Calve trala ameaza do míster malpicán. O Castrelo chegaba con Gustavo (xogador de campo) baixo paus, pero levou a inciativa e pelexou moi ben como demostra en todo o curso. Adiantábanse os visitantes, pero en dous minutos o Malpica dáballe a volta ao marcador, cun segundo tanto de Alberto Hombre de falta directa, rasa, dende moi lonxe. Máis bonito aínda foi o tanto de Adrián cunha falta espectacular pola escuadra.
A segunda metade foi menos vistosa, máis rebumbio e pouco fútbol, con un par de ocasións para cada bando pero sen acerto por medio de Alberto e Baye, e para o Castrelo, que vía como lle anulaban un gol no m.97 por fóra de xogo posicional, por obstaculizar a visión do porteiro.
Zas - Seaia (2-1)
- Zas: Pereiras, Pablo Pardiñas (Iván, m.54), Marcos, Jose (Pablo Fuentes, m.54), Damián (Hugo, m.85), Darío, Manu, Adrián, Brais, Álvaro (Juan, m.54) e Andrés (Unay, m.75).
- Seaia: Anxo, Mario, Añón, Luis, Martín Costa, Pablo, Alex Mato, Diego Rey, Manu Garrido, Sergio. Tamén: Joel, Juni, PIña e Jose.
- Goles: 1-0, m.20: Darío; 1-1, m.25: Sergio; 2-1, m.85: Juan.
Partido disputado e moi traballado, cun Seaia moi ben situado, esperando no seu campo, pero tendo tamén ocasións. Adiantábase os de Martín pero os de Chols conseguían rápido o empate nunha boa contra.
Mesmo guión na segunda, con algunha ocasión para os locais, e unha inmellorable para Juni, que mandou ao poste un pase precioso de Luis. Perdoou aí o Seaia e o Zas marchou no treito final o gol da vitoria nun balón de Pablo Fuentes en longo a Juan convertía en vitoria.
Baíñas - Ameixenda (5-0)
- Baíñas: Sergio, Carlos, Maikol, Hermida, Raúl, Ruli (Samuel), Oreiro (Aníbal), Adrián, Cristian, Esteban (Chavico) (Joel) e Kevin.
- Ameixenda: Rivers, Pablo, Chapu, Bichinho, Torices, Sambade, Lagoa (Dani, m.46), Andrés (Juan, m.77), Fabián, Cristian e Capelo (Sergio, m.75).
- Goles: 1-0, m.22: Cristian Canosa; 2-0, m.43: Cristian Canosa aproveita o rexeite de Rivers tras parar un penalti sen que a defensa apareza; 3-0, m.55: Esteban; 4-0, m.60: Aníbal; 5-0, m.75: Aníbal.
Dominou o equipo de Roski de principio a fin ante un Ameixenda nunca estuvo nun partido condicionado polo forte vento, que arrincaba sen un dominador claro. O Baiñas intentaba dominar, pero o cadro visitante co vento a favor quería saír á contra ou buscar disparos desde lonxe. Non había moito perigro nas áreas ata que no min.22 o Baíñas abre a lata.
A partir dese momento foi cando o Ameixenda xogou mellor e parecía mais probable o gol do empate que o segundo do Baiñas. Pero, empezan os regalos ceenses, un na primeira metade en forma de penalti innecesario e inacción no rexeite; outro nun pase ao rival e outro nun erro no despexe do meta. E para rematar a "festa", Cristian, o mellor dianteiro que ten o cadro ceense xunto con Capote (que está lesionado) viu dous cartóns amarelos en seis minutos (78 e 84).
Xallas B - Buño (2-3)
- Xallas B: Fabián, Becerra, Jota, Balsa (Julián), Miguel (Luis), García, Stiven, Couto (Bruno), Luis, Kevin e Adrián (Rabelo).
- Buño: Xurxo, Breo, Miguel Dourado, Fran, Eloy Suárez, Fabián, Elías López, Elías Suárez, Iván Rod., Omar, Sergio Bastón. Tamén: Darío, Steven, Luis Miguel, Facal e Adrián Pose.
- Goles: 0-1, m.6: Elías López; 0-2, m.50: Luis Miguel; 0-3, m.68: Eloy Suárez; 1-2, m.87: Kevin; 2-3, m.90: Steven.
Partido marcado polo estado do terreno de xogo, xa que en varios puntos do campo non rodaba o balón. Así e todo o Buño tiña as cousas claras e o gol inicial de Elías dende 35 metros pola escuadra puña o partido de cara. Os de Adrián lema foron crecendo co balón, e tiveron algunha ocasión que se atopaba con Xurxo.
Outro gol ao comezo da segunda dos de José Carabel marcou moito o ritmo do partido. O filial xalleiro dominaba e combinaba pero o cadro oleiro estaba firme atrás. Nunha contra Eloy marcou o terceiro, e cando parecía o choque setenciado, case se tempo os locais facían dous tantos que provocou que o desconto fose de infarto.