Sábado. 27.04.2024
El tiempo

3ª Galicia: O Baíñas rompe a imbatibilidade do Porteño

11 do Bainas-Foto-Brais Pose
Un 11 do Baiñas este mes-Foto-Brais Pose
3ª Galicia: O Baíñas rompe a imbatibilidade do Porteño

Era ata onte o Porteño o único equipo do Fútbol da Costa que non coñecía a derrota. Pero o Baíñas puido romper a imbatibilidade dos de Cousillas, e achegarse só a 3 puntos.

Os dous son os favoritos para o ascenso directo, pero o Buño, tras vencer o igualado derbi co Malpica, fica só a 5 dos vimianceses.

Ademais, a loita pola promoción queda case setenciada, con Camelle, Zas e Lira, a pesar dos seus resultados, teñen unha marxe de 7 puntos a falta de 5 xornadas.

Baíñas - Porteño (2-0)

  • Baíñas: Sergio, Raúl, Borja, Maikol, Dylan, Hermida, Esteban, Oreiro, Cristian Canosa, Kevin e Ruli. Tamén xogaron Carlos e Héctor.
  • Porteño: José, Vicente, Rodri, Pejo, Manoliño (David), Ángel (Adrián), Juan, Nico (Marcos), Joseba (Martín, m.50), Alan e Carrabete.
  • Goles: 1-0, m.47: Cristian Canosa; 2-0, m.60: Kevin tras unha xogada de Oreiro.

Primeira metade moi igualada, con moita presión e respecto, moi físico, con algunha ocasión nas dúas áreas, sobre todo a balón parado.

Marcou nada máis saír o cadro de Roski, que se veu arriba cunha marcha máis, que tivo dominio durante 20-25 minutos, marcando Kevin o segundo dende fóra da área. Tardou en reaccionar o Porteño, pero tivo varias ocasións para recurtar, como un gol anulado que puido metelo no partido. Tivo tamén, no desconto xa na última xogada, un penalti Juan oVello pero parou Sergio, moi seguro na súa reaparición.

Laxe - Castrelo (1-2)

  • Castrelo: Martín, Oli, Chans, Estebo, Peke, Picallo (Xavi, m.85), David (Cachi, m.68) Pereira (Guillín, m.70), Ruben, Álvaro (Gustavo, m.80) e Rodrigo.
  •  
  • Goles: 1-0, m.30: Iago Torres; 1-1, m.77: Guillín; 1-2, m.90: Rubén de penalti.
Non soubo matar o partido o Laxe, ante un Castrelo que foi de menos a máis e acabou remontando a base de empurre. O choque manañeiro, tras unha noite entroideira. O Laxe foi mellor na primeira metade.

Pero na segunda, o Castrelo, mellor fisicamente foi impoñendo o seu ritmo. Un bo gol de Guillín empataba. Os de Ordóñez dominaban pero sen grandes ocasións, ata que no m.90 un pase en profundidade deixa a Rubén só co porteiro que lel fai penalti. O propio Rubén non falla.

Lira - Seaia (1-2)

  • Goles: 0-1, m.18: Luís; 0-2, m.68: Luís; 1-2, m.80: Pablo de penalti.

Saíu mellor o Seaia en Lombáns ante un Lira descoñecido tras unhas boas últimas semanas. Juni avisou, pero non puido co tanto de Luís. Un Luís que marcaba o segundo no ecuador da segunda metade. Foi xa contra o final cando Mara fai un penalti e Pablo recurta, sen tempo ao empate.

Malpica - Buño (0-1)

  • Goles: 0-1, m.80: Martín.

Derbi competido, entre un Malpica ben pechado atrás, e un Buño intentando combinar, pero sen profunidade. Si que puideron abrir a lata Eloy, Elías (o mellor do partido) ou Breo, pero o partidazo de Lamas mantiña o empate no marcador.

Seguía o mesmo guión na segunda, pero o Malpica xa era quen de roubar e plantarse na meta de Xurxo. Así e todo as mellores ocasións seguían sendo na área local. Preto do final, nun rexeite da defensa do Malpica, Elías mete un centro que se envenena e bate no pao e Martín na liña a porta vacía marca o definitivo 0-1.

Pereiriña - Nantón (1-1)

  • Goles: 1-0, m.29: Jose; 1-1 m.95: Tato marcou un golazo de volea.

Mal partido no San Paio de Refoxos, cunha parte para cada un, tanto en xogo como nos goles. Empate xusto.

Zas - Xallas B (1-2)

11 do Zas-Foto-Noe
11 do Zas-Foto-Noe Touriñán
  • Zas: Adrián, Pablo Pardiñas, Rama, Álvaro, Cristian, Darío, Andrés, Anxo, Marcos, e Damián.
11 do Xallas B en San Andres-Foto-NOe
11 do Xallas B en San Andres-Foto-Noe Touriñán
  • Xallas B: Iker, Marcos, Yago Facal, Chaski, Becerra; García (Luís), Couto, Rodri, Julián (Michu), Doriño, Stiven.
  • Goles: 1-0, m.42: Andrés; 1-1, m.45: Becerra a un córner de Doriño; 1-2, m.66: Luís.

Partido cun filial xalleiro cheo de xuvenís que intentaba tocar pero sen atopar espazos. Era un choque bronco, moitos paróns, moitas polémicas. Pouco destacable ata o gol, un golaoz de Andrés tras regatear a 4 defensas. Pero xusto ao fío do descanso Becerra empata nun córner.

Saíron mellor os xalleiros na segunda e conseguía meterse por diante. Eran bos minutos dos visitantes, e puideron sentenciar, pero o Zas conseguiu repoñerse e apretou no último cuarto de hora, tendo mesmo un gol de Anxo anulado por fóra de xogo.

Zas-Xallas B-Foto-Noe
Zas-Xallas B-Foto-Noe

 

Camelle - Ameixenda (7-0)

  • Camelle: David, Makareno, Dido, Hucho, Ruso, Estiben, Crejo (Carlos), Mario (Roi), Gabi, Chori (Álvaro), Adrián (Mariño).
  • Ameixenda: Costa, Evaristo, Chapu, Adán, Sergio, Juan Lagoa, Pablo, Rivers, Pikita, Torices e Fabián Barreiro (Fabián Louzán, m.46).
  • Goles: Mario, Adrián (3), Álvaro, Estiven e Carlos.

Novo partido de urxencia para o Ameixenda, ante un Camelle que xa comezou mandando pero se atopou, nos primeiros 45 minutos, cun bo Ameixenda. Na segunda xa foron fallando as forzas dos ceenses.

MÁIS CRÓNICAS DA 3ª GALICIA

AS TÁBOAS EN WWW.FUTBOLDACOSTA.COM

Comentarios