Venres. 19.04.2024
El tiempo

3ª Galicia: Dos 4 de arriba só fallou o Zas

Laxe-Ameixenda
Laxe-Ameixenda
3ª Galicia: Dos 4 de arriba só fallou o Zas

Só o Zas se deixou un par de puntos dos 4 de arriba, empatando ante un gran Pereiriña. Baíñas e Buño superaron a Xallas B e Lira, mentres que o líder, o Porteño, facía máis fenda da dramática embarcación do SCD Malpica.
A goleada permitiulle ampliar a renda no alto da táboa de goleadores a Lucas (15 goles en 9 partidos) e Alan (11), quedando por detrás o camellán Adrián (8).

Na loita pola promoción, vitoria do Camelle e do Laxe, que se meten aí por diante do propio Pereiriña e Lira.

 

Laxe - Ameixenda (2-0)

  • Laxe: Jacobo, Mikel, Pombo, Jacinto, Cebey, Alex Botana, Gora, Miguel Torres, Bieito, Iago Torres e Santi Casás. Tamén: Pablo Villar, Felipiño, Jorge e Sergio.
11 do Ameixenda en laxe
11 do Ameixenda en laxe
  • Ameixenda: Costa, Pablo, Juan Lagoa, Chapu, Sergio, Sambade, Esteban, Andrés, Dani, Kris e Damián (Pikita, m.88).
  • Goles: 1-0, m.52: Miguel Torres; 2-0, m.85: Miguel Torres.

Competiu moi ben o Ameixenda, que presionaba ben arriba e buscaba a Cristian arriba, vencendo sempre as segundas xogadas. O Laxe intentaba xogar pero non era quen, tendo algunha chegada illada como un tiro lonxano de Miguel Torres ao longueiro, un remate de cabeza de Gora ou un man a man de Bieito que marchou fóra.

Meteu unha marcha máis o cadro de Lilo na segunda, xuntando máis as liñas e a base de 2 contra 1 contra un en banda foron aparecendo espazos, con balóns filtrados a Miguel Torres que marcou dous bos tantos. Aguantaba como podía un Ameixenda ao que lle flaqueaban as forzas (só tiñan 1 cambio, e era o porteiro suplente), facendo que a diferencia de intensidade a nivel físico fose clave. Alex Botana e Felipiño tiveron a sentenza pero foi o propio Miguel Torres o que facía o segundo no treito final.

 

At. Pereiriña - Zas (3-3)

  • Pereiriña: Isma Antelo, Soneira, Fabián, Esteban Lema, Adrián Ozón, Carlos Leis, Rodri, Esteban Sendón, Saulo, Isma Graíño e Tito. Tamén: Juan Ézara, Diego Oca, e Rubén.
  • Zas: Adrián Reborido, Juan, Pablo Fuentes, Jose, Adrián Rama, Marcos, Iván Caamaño, Darío, Brais, Álvaro, Dani Mato. Tamén: Xabi, Andrés, Christian e Damián.
  • Goles: 1-0, m.23: Isma Graíño; 1-1, m.33: Dani Mato; 1-2, m.36: Álvaro; 2-2, m.47: Rodri; 2-3, m.54: Dani Mato de penalti; 3-3, m.64: Saulo.

Partido moi vivido e disputado, con alternativas, cun empate que parece máis xusto en Cee que en Zas, onde consideran que se deixaron 2 puntos. Comezou mellor o Pereiriña apretando arriba, roubando e creando ocasións. Así, nun mal despexe de Jose Isma Graíño adiantaba aos locais. Reaccionou ben o cadro de Martín que conseguíu darlle a volta ao marcador con dous tantos consecutivos de Dani Mato e Álvaro.

Nada máis saír dos vestiaris, Rodri Santamaría aproveitaba unha falta de entendemento de Pablo e Adrián, e convertía o regalo no empate. Pero de novo ergueuse o cadro zaseiro, que se volvía meter por diante con outro gol de penalti de Dani Mato. Non decaeu o Pereiriña que volveu meterse en campo contrario e non tardou en aproveitar un mal despexe de Pablo para que Saulo fixese o definitivo 3-3.

 

Camelle - Seaia (4-2)

  • Camelle: David, David, Quintelo (Ruso), Dido, Martín; Estiven, Piquero (Tonson), Rodri, Marcote (Mariño), Sergio e Adrián (Chori).
  • Seaia: Anxo, Mario, Iván, Luisma, Joel, Anxo, Carra, Pablo García, Juni, Piña, Raúl Reigía. Tamén: David, Añó, Alex Mato, Pablo Caamaño e Jose.
  • Goles: 1-0, m.6: Adrián nun tiro que desvía Piquero e entra; 2-0, m.22: Adrián de tiro cruzado; 3-0, m.51: Adrián; 3-1, m.65: Luisma; 3-2, m.81: Iván Rod.; 4-2, m.89: Mariño a pase de Tonson.

Dominio local na primeira metade, que pronto se metía por diante con dous tantos de Adrián Pasantes. Mellorou o Seaia na segunda, tendo boas ocasións para recurtar, pero o que acertaba de novo era Adrián para completar o seu triplete. Non se viñeron abaixo e estiraron filas, chegando a meterse 3-2 os malpicáns, pero co equipo envorcado sobre a meta de David, nunha conta Mariño sentenciaba a pase de Tonson.

 

Lira - Buño (1-4)

  • Lira: Raúl, Cartamil, Golpes, Isaac, Raúl, Ramón, Mijeliño, Lucas, Saul Lariño, Ángel e Rubén. Tamén: Pablo, Santi e Alexis.
  • Buño: Xurxo, Sergio, Jose, Martín, Breo Rey, Miguel Dourado, Fran, Omar, Iván Rod., Facal, Jan Antelo. Tamén: Darío, Elías, Luis, Eloy e Sergio Bastón.
  • Goles: 0-1, m.22: Breo Rey dende fóra da área; 1-1, m.48: Lucas; 1-2, m.53: Omar; 1-3, m.69: Martín de cabeza; 1-4, m.88: Eloy.

Arrincou mellor o equipo oleiro, ante un Lira que esperaba ben replegado e sen permitir grandes ocasións. Avisou Rubén e parou Xurxo, mentres que na área contraria chegaban xogadas de Antelo, Iván ou Miguel Dourado. Ata que rompeu a igualada Breogán de tiro dende fóra da área pola escuadra. Puido marcar algún máis o equipo de Jose Carabel nese treito.

Saíu mellor o equipo de Gabri Sil na segunda, empurrando arriba, e pronto un balón solto na área era rematado por Lucas, e Xurxo non acaba de atallar, convertíndose no empate. Pouco despois Ángel fallaba na vaselina diante do porteiro o que podía ser o 2-1. Pero nunha contra Omar regatea a Cartamil e marca de tiro cruzado dende a frontal.
Estaba igualado o choque pero Martín ampliaba a renda tras un córner. Xa contra o final nunha xogada personal de Juan Antelo, despois de centrar Eloy remata para facer o 1-4, deixando un marcador final algo abultado para o visto no campo, pero que ratifica ao Buño como equipo que aspira a todo.

 

Malpica - Porteño (1-8)

  • Malpica: Ángel, Arcay, Fran Pombo, Simón, Jorge Groucho, Samuel, Carlos, Fernando Cabeza, Luismi, Jorge Parga e Macías. Tamén: Iván, Rafa e Baye.
  • Porteño: Jose (Sergio m.46), Vicente (Edgar, m.60), Nico, Yeray, Manoliño (David, m.46), Ángel Nico, Juan (Joseba, m.46), Alan, Carrabete (Brais min.60) e Lucas.
  • Gooes: Lucas (4), Alan (2), Brais e Edgar; Simón para o Malpica.

malpica-porteno

Segue aguantando a marexada Jorge Calvete en Malpica, cun equipo que protagonizou un novo espectáculo, pero non falamos de fútbol… O cadro malpicán aguantoulle mdia parte ao líder, pero 3 erros permitiron aos de Cousillas irse cun claro 3-0 ao descanso.
Dúas autoexpulsións dos locais xa decidiron o choque.

 

Nantón - Castrelo (2-2)

  • Nantón: Guillermo, Fran, Xoel, Eloy Moreira, Fariña; Martín, Cristian Canosa, Manu, Pasgtor, Iván Redondo e Iván Moreira. Tamén: Fachal, Fuentes, Carlos Vidal, Christian e Bardanca.
  • Castrelo: Martín; Gustavo (Estebo, m.73), Oli, Canoas, Peke, Quilmes, Chans, David. Guillín (Xavi, m.80), Pereira (Dani Picallo, m.70) e Rubén.
  • Goles: 0-1, m.10: Rubén cun golazo; 1-1, m.30: Pastor; 1-2, m.55: Gullín; 2-2, m.74: Xoel.

Nanton-Castrelo

Partido igualado en Fontiñas. Adiantábase o cadro de Ordóñez cun golazo de Rubén aos 10 minutos. Pero Pastor empata á media hora cun cabezazo tras un centro lateral.

Arrincaba a segunda e volvía ser o cadro visitante o que se metía por diante, cun bo tanto de Guillín. Tivo o Castrelo a sentenza nun par de ocasións, pero o Nantón non se foi do partido e Xoel acadaba o empate tras unha falta colgada sobre a área que non despexa ninguén.

Puido caer o choque de calquera lado pero tampouco houbo grandes ocasións.

 

Baíñas - Xallas B (3-0)

  • Baíñas: Sergio, Rodri, Hermida, Maikol, Raúl, Aníbal, Adrián, Borja, Cristian, Esteban e Kevin. Tamen xogaron; Carlos, Ruli, Héctor e Samuel Lires.
  • Xallas B: Fabián, García, Balsa, Adrián Forján, Jota, Kevin, Castro, Jose Becerra, Steven, Doriño. Tamén: Alex Barbeira, Iván Amarelle, Julián, Pensado e Adrián Couto.
  • Goles: 1-0, m.27: Cristian Canosa; 2-0, m.60: Ruli a pase de Esteban; 3-0, m.90: Kevin.

Importante vitoria para o Baíñas da derrota da semana pasada ante o líder. Os de Roski recuperaron boas sensacións, saíndo dende atrás, e chegando con ocasións de Kevin, Canosa ou Esteban. Era Cristian Canosa o que adiantaba aos locais.

Seguiron moi ben prantados na segunda, sentenciando o choque.

 

Máis crónicas da 3ª Galicia

As táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios