Mércores. 24.04.2024
El tiempo

3ª Galicia: 40 goles para estrear a temporada

Imaxe do Porteno-Castrelo na Grixa
Imaxe do Porteno-Castrelo na Grixa
3ª Galicia: 40 goles para estrear a temporada
Case unha media de 6 goles por partido dan conta do fermoso que foi o carrusel deste domingo na estrea da 3ª Galicia que vivimos en www.futboldacosta.com.

Ás goleadas de Porteño e Buño a Castrelo e Ameixenda, hai que engadirlles a remontada do Lira en Malpica nun dos partidazos da fin de semana O empate entre Xallas B e Nantón tamén foi espectacular. Ademais, o Zas, Baíñas e Pereiriña empezan sumando de 3 en 3.

 

Malpica - Lira (3-4)

  • Malpica: Macías; Iván, Fenosa, Jorge, Nicci (Gabrien); Kevin, Fernando, Cristian, Fran; Alberto Hombre e Jorge Parga.
  • Lira: Balayo, Cartamil, Golpes, Isaac, Raúl, Ángel, Saúl Lira, Oliver, Saúl Lariño, Suso e Rubén. Tamén: Fran Perico, Alexis e Ramón.
  • Goles: 0-1, m.2: Suso Perico; 1-1, m.3: Jorge Parga; 2-1, m.16: Alberto Hombre de penalti; 3-1, m.30: Fran; 3-2, m.44: Suso Perico de penalti; 3-3, m.57: Oliver; 3-4, m.65: Fran Perico.

Partidazo fermoso en Pedra Queimada, con alternativas, idas e vidas e moitos goles. Nada máis comezar, Suso Perico, o de sempre, colle durmindo a defensa local e adianta aos de Gabriel Sil. Pero ao saque de centro, un pase ás costas da defensa é rematado por Jorge Parga á rede para asinar o empate cunha fermosa vaselina. Pouco despois outro balón ás costas é cazado por Kevin que sofre un penalti que non erra Alberto Hombre.

O partido continuaba de área a área, e á media hora, vén doutra xogada parecida, na que a defensa dos lirachos volve sucumbir ante un pase en longo e Fran marca o terceiro no man a man. Foi xusto a piques de sinalar o descanso, cando unha falta colgada á área é cortada por mans da defensa. O penalti é transformado por Suso Perico metendo de novo aos lirachos no partido.

O Malpica de Jorge Calvete saía máis replegado na segunda, ante un Lira máis volcado. Dous malos despexes eran aproveitados por Oli e Fran Perico para darlle a volta ao marcador. Non puido empatar Alberto de córner directo, ni Kevin no rexeite para uns malpicáns que pediron penalti nunha das últimas xogadas.

 

Baíñas - Camelle (3-0)

  • Baíñas: Sergio, Raúl, Borja (Rodrigo), Maikol, Dylan, Ruli (Carlos), Oreiro (Esteban), Adrián Canosa, Cristian Canosa, Kevin e Aníbal (Chipi).
  • Camelle: David, Quintelo, Makareno (Mariño), Ucho, Martín (Rubén Lado); David, Stiven, Marcotiño, Chori (Adrián), Ruso e Dido.
  • Goles: 1-0, m.67: Adrián Canosa; 2-0, m.72: Kevin de falta coa axuda da barreira; 3-0, m.83: Cristian Canosa.

Partido dominado polo Baíñas de Roski, malia que o Camelle de Sergio (que volvía a unha das súas casas) saía co vento a favor. Xa durante os primeiros 15 minutos o Baíñas fixo sufrir aos camelláns, tendo 3 boas ocasións pero se acerto ante un Camelle que se defendía ben e facía algo de perigo a balón parado.

Na segunda, co vento a favor, os vimianceses dominaron algo máis buscando balóns ás costas da defensa. Nun deses chegou o primeiro gol, cunha internada de Adrián Canosa. Non tardou en chegar o segundo, cun pouco de sorte. Aí, co 2-0 tivo unha boa ocasión o Camelle pero a picada de Adrián petou no longueiro. Pronto chegaría o terceiro pechando o choque.

 

Zas - Laxe (5-2)

11 do Sporting Zas 22-23
11 do primeiro Sporting Zas nesta 22-23
  • Zas: Pereiras, Pablo Pardiñas (Xabi), Pablo Fuentes (Damián), Jose (Juan), Unay (Cristian), Marcos, Brais, Dani Mato, Andrés, Álvaro (Iván) e Iván.
  • Laxe: Jacobo, Maikel, Chema (Pablo Villar), José Cebey (Ángel Martínez), Jacinto Soneira, José Manuel, Iago Torres, Gora, Santi Casás (Felipe), Miguel Torres, Bieito e Sergio Blanco..
  • Goles: 0-1, m.14: Iago Torres; 1-1, m.17: Andrés; 2-1, m.20: Brais; 2-2, m.40: Santi Casás; 3-2, m.48: Álvaro; 4-2, m.60: Álvaro; 5-2, m.90: Andrés.

Arrincou a temporada para este renovado Zas de Martín e para o Laxe de Lilo. Fíxoo cunha intensa primeira metade, cun Laxe que facía moito dano nos roubos e nas transicións rápidas. Pronto se adiantaban os visitantes cun gol de Iago Torres definindo ben un balón dividido. Pronto lle daba a volta o Zas con dúas contras por banda, metendo ao cadro local por diante. Non se descompuxo o Laxe que conseguía chegar á área rival chegando a empatar por medio de Santi Casás.
Pero a expusión de Miguel Torres xusto antes do descanso marcaría o partido.

Na segunda levou o Zas, cun máis, o peso do partido, e pronto decantaba o choque con dous tantos consecutivos de Álvaro. Xa nos compases finais marcaria Andrés o seu segundo gol para o 5-2 final.

 

Xallas B - Nantón (3-3)

  • Xallas B: Barbeira, Jota, Iván (Brais), Julián, Miguel, Couto (García), Styven, Geli, Doriño (Luís), Adrián e Kevin.
  • Nantón: Guillermo, Fran, Budy, Eloy Moreira, David, Martín, Dani Collazo, Manuel, Pastor, Redondo, Iván Moreira. Tamén: Xoel, Ruper, Javi Muíño, Tato e Anxo.
  • Goles: 0-1, m.32: Pastor; 1-1, m.47: Kevin; 2-1, m.52: Miguel; 2-2, m.60: Redondo; 2-3, m.80: Redondo; 3-3, m.90: García de penalti.
Homenaxe Xallas B a Cesar
O choque comezou cunha homenaxe a César Romero, adestrador do ano pasado que por problemas de saúde ten que deixar o equipo, e que fixo un saque de honra que dedicou ao recentemente finado Chito

Fermoso e movido partido o vivido en Fontenla, con moitos goles e que puido caer de calquera dos dous bandos. Comezaba o filial xalleiro dominando, como lle gusta, pero as ocasións máis claras eran para os cabaneses. Así se adiantaba o cadro de Sancho cunha fermosa volea de Pastor a centro de Redondo.

Saíron máis frouxos os cabaneses na segunda, e máis intensos os de Adrián lema, que pronto lle daban a volta ao marcador cos tantos de Kevin e Miguel. Reaccionou o Nantón, que se metía por diante con dous tantos (o segundo de tacón tras pase de Iván) de Redondo. Aí foi expulsado o xalleiro Miguel por agresión.

O Xallas veuse arriba e empurrou ata que conseguiu un penalti, protestado polos visitantes, ademais de expulsar a Ruper. García non fallou dende os 11 metros para asinar o empate, quedando aínda un desconto movido.

 

Porteño - Castrelo (6-0)

  • Porteño: José (Sergio, m.65), Porto (Marquiños, m.53), Nico, Yeray, Manoliño, Visente, Ángel (Edgar, m.60), Juan oVello, Lucas (Brais, m.60), Martín (Nico, m.53) e Alan.
  • Castrelo: Agus, Sebas, Adrián Sendón, Estebo, Sergio, Iván Chans, Fran Guillún, Adrián López, Alberto, Rodri, Rubén, Tamén: Miguel, Gustavo, Dani Picallo, Adrián Conde e Quintáns.
  • Goles: 1-0,m .5: Alan de falta; 2-0, m.17: Alan de tiro cruzado; 3-0, m.18: Martín; 4-0, m.22: Lucas de vaselina; 5-0, m.51: Martín anota un golazo campal pola escuadra dende fóra da área; 6-0, m.61: Brais anota outro golazo sen ángulo.
IMG-20220925-WA0009
Un dos goles na Grixa

Arrincaba a campaña o Castrelo de Ordóñez visitando unha das súas casas, a Grixa, noutra tarde de fermoso ambiente. E volveu cun saco de 6 goles, tras unha primeira tande de gran eficacia dos homes de Cousillas. Os locais comezaban mandando, “como un ciclón”, e os 4 primeiros tiros acabaron en gol deixando un claro 4-0 aos 20 minutos.

Relaxouse o partido a partir de aí, e o Castrelo aínda ten camiño para xuntar as pezas novas.

O local Manoliño foi expulsado na segunda tras un pequeno pique cun xogador visitante, pero o choque foi moi limpo.

 

Buño - Ameixenda (6-0)

  • Buño: Darío (Xurxo), Martín, José, Steven, Brais, Fran, Breogan, Luis Miguel (Sergio), Iván, Elías e Eloy (Omar).
  • Ameixenda: Rivers, Pablo, Chapu, Kamacho, Torices, Juan Lagoa (Dani, m.62), Chucho, Adán, Pikero (Juan Capelo, m.53), Crejo (Pikita, m.88) e Capote.
  • Goles: 1-0, m.15: Iván de falta lateral que entra sen tocar en ninguén; 2-0, m.25: Eloy; 3-0, m.46: Luís Miguel; 4-0, m.57: Eloy nunha contra; 5-0, m.87: Omar a pase de Elías; 6-0, m.89: Breo a pase de Elías.

Partido máis competido do que sinala o marcador, cun serio Buño de José Carabel, e un valente Ameixenda de Javi Pinturas, que chegaba, coma sempre, con moitas baixas. O cadro local levaba o peso do partido, pero sen un dominio claro, estando máis intensos nos duelos e tendo sorte nas accións a balón parado. Unha falta lateral e un balón dividido no que Eloy estivo máis rápido que a defensa e o porteiro ceenses permitían ao Buño irse ao descanso co 2-0.

Xusto á volta dos vestiarios nunha boa xogada, Elías regatea ao seu par, centra e Luis Miguel remata a gol. A pesar do 3-0, o Ameixenda estirouse valentemente, pero nunha contra Eloy sentenciaba. Aínda tivo o cadro amarelo algunha ocasión, pero Xurxo respondeu ben baixo paus. Contra o final, dous tantos máis dos oleiros.

 

Pereiriña - Seaia (3-2)

  • Pereiriña: Isma, Grille, Gabián, Adrián Ozón, Dani Costa, Esteban, Brais Lagoa, Carlos Antelo, Martín, e Jose. Tamén: Esteban Sendón, Isma Graíño, Juan Ézara, Saulo e Kevin.
  • Seaia: Anxo, Mario, Iván, Luisma, Diego, Alex Mato, Anxo, Martín Costa, Pablo, Juni, Raúl Reigía. Tamén: Diego, Fabián, Manu Garrido, Piña e José.
  • Goles: 0-1, m.7: Raúl Reigía; 1-1, m.16: en propia; 1-2, m.49: Juni; 2-2, m.57: Esteban; 3-2, m.66: Carlos Antelo.

Fermoso partido con remontada incluída o vivido no San Paio de Refoxos. O Seaia de Chols metíase ata dúas veces por diante, pero o cadro de Emilio Corzón conseguía remontar e aguantar os 3 puntos.

 

Máis crónicas da 3ª Galicia

As táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios