Sábado. 27.04.2024
El tiempo

3ª Galicia: Ascenso do Corcubión e paso adiante do Oza

O Oza celebrando a vitoria
O Oza celebrou a vitoria ante o Porteño case como un ascenso
3ª Galicia: Ascenso do Corcubión e paso adiante do Oza

A xornada sabatina deixaba a vitoria do Corcubión en Fontenla certificando así o seu ascenso e volta á Liga da Costa tras 5 anos na útima categoría do fútbol federado.

Pero a dominical tamén deixou un

Coa vitoria aínda se mete no lío o Pereiriña que se vence a semana que vén en Cee ao cadro carballés daríalle á volta á táboa. De vencer o Oza sería equipo da Liga da Costa.

Grupo A

Xallas B - Corcubión (0-3)

  • Xallas B: Brais, Ángel, Becerra, Dani Barbeira, Balsa, Jota, García, Fidi, Doriño, Steven, Sergio Barbeira. Tamén: Alex Barbeira, Iván, Kevin, Isaac, Rodrigo.
  • Corcubión: Marcos, Nacho, Mario, Joaquín, Rubén, Gorka, Tano, Iago Lema, Martín, César e Luisete. Tamén: Rama, Eli, Goche e Eva.
  • Goles: 0-1, m.50: Lu; 2-0, m.77: Lu; 3-0, m.87: Lu.

Partidazo o vivido o sábado pola tarde na Fontenla, con ambientazo nas gradas. Comezaron os xalleiros moi enriba do rival, con varias ocasións claras de Sergio Barbeira que non tivo o día. O Corcubión tiveron un par de chegadas con balón directo, cunha de Mario que salvou Brais.
Co paso dos minutos o equipo visitante foise atopando máis cómodo e todas as tentativas dos xalleiros serían desbaratadas pola defensa e o porteiro corcubioneses, incluido un gran cabezazo que fixo estirarse a Marcos. As máis claras para os visitantes chegarían por medio de Iago Lema, con dous tiros tras xogada individual que toparíanse co porteiro e cun defensa respectivamente.

O filial xalleiro non daba atopado o seu xogo e o Corcubión si que tirou de corazón gañando cada disputa. Unha boa presión de Martín deixaría a Luisete diante do porteiro para facer o seu primeiro da tarde. O Xallas sabendo que tiña que remontar volcouse sobre a meta corcubionesa, pero de novo atopouse cunha defensa e un porteiro á altura do partido que se estaba xogando. Unha contra levada á perfección por Rama, Martín e Luisete acabaría co segundo gol deste último para o Corcubión. Xa nos últimos minutos, o equipo visitante quedaría con 10, pero esto non impediu que Luisete de novo nunha contra matase o partido co seu terceiro gol da tarde.

Corcubion celebrando o ascenso a LIga da Costa
O Corcubión celebrando nos vestiarios de Fontenla o ascenso a Liga da Costa

Grupo B, xornada 8

Laxe - Pereiriña (2-3)

  • Laxe: Jacobo, Torrado, Christian, Cedrón, Sergio, Álvaro, Aarón, Mohedano, Bieito, Santi Casás, Carra. Tamén: Eloy, Jorge e Felipe.
  • Pereiriña: Nil, Fabián, Isma Graíño, Rubén Yaya, Esteban Sendón, Adri Ozón, Esteban Lema, Chiru, Carlos Leis, Augus e Brais Lagoa. Tamén: Rodrigo, Soneira, Borja e Tito.
  • Gooes: 1-0, m.28: Mohedano; 2-0, m.40: Bieito; 2-1, m.70: Roi; 2-2, m.86: Tito; 2-3, m.90: Roi.

Partido fermoso de ver no Cabo dArea-Rogelio, cunha primeira metade para un Laxe que puido ir con maior renda ademais dos tantos de Mohedano e Bieito. Se ben o cadro ceense non lle perdía a cara do partido e mesmo Jacobo tivo que salvar un man a man claro.

Cambiou o conto na segunda, cun Pereiriña que saír a por todas trala charla de Corzón, con continuas chegadas, que ían salvando o meta e a defensa local. O partido íase quentando e o Laxe pedía tarxeta e acaba con Felipe expulsado por protestar unha entrada na que consideraba vermella. Ía perdendo folgos o cadro local (que aínda así tivo varias chegadas claras) e non deixou de intentalo e claves foron os cambios para culminar a remontada no treito final con dous goles de Roi e un gol de Tito ante un Laxe que vía como se lle escapaban das mans todas as posibilidades de ascenso.

Oza - Porteño (2-0)

  • Oza: Nacho, Álex Vázquez (Casais, m.70), Alberto, Vilariño, Iago, Álex López, Pace, Carlos (Gonzalo, m.90), DavidLP (Josiño, m.88), Kevin e Suso (Efe, m.90).
  • Porteño: José, Porto, Pejo, Ángel, Manoliño, Visente, Joseba, Juan oVello, Alan, Marquiños e Martin (Ibra, m.70).
  • Goles: 1-0, m.82: Pace; 2-0, m.89: Carlos de penalti.

Partidazo dos que fan afección no Carral, con linieres e todo, cun Porteño que a pesar de facer un partidazo, e un temporadón, marcha de volta case sen opcións de ascenso.

Moita tensión, con moito respecto, con algunhas chegadas na primeira metade pero só a balón parado. O Porteño arrincaba mellor na segunda, e ademais de varios córners e saques de banda perigosos, tiña un un man a man de Juan oVello que salvou Nacho, e unha á que non chegou Marquiños por centímetros.

Chegaba a parada para beber e a partir de aí os de Cousillas comezaron a baixar o ritmo dando conta da falta de adestramentos do equipo nos últimos meses. O Oza sacudiuse o dominio, comezaba a gañar dacada batalla, e acertaba a meterse por diante. Sen forzas para remontar, o Porteño vía como os locais facían o segundo dende os 11 metros, para facer soñar a este equipo recén creado.

O Oza celebrando a vitoria

Comentarios