Venres. 26.04.2024
El tiempo

3ª Galicia: O Baíñas álzase co título e o Laxe métese na promoción

CD Bainas Campion da Terceira Galicia
O CD Baíñas celebrando o título de Campión da 3ºª Galicia
3ª Galicia: O Baíñas álzase co título e o Laxe métese na promoción

Non fallaron nin Baíñas nin Laxe, e os dous conseguiron os seus obxectivos na última xornada da 3ª Galicia. Os vimianceses venceron a un Lira derrotado, que perdeu nas últimas 6 xornadas o seu posto de promoción, e alzáronse co título. Momento máis que oportuno dos de Roski para subir ao liderato na penúltima xornada despois de que o Porteño estivese no primeiro posto durante 23 semanas do curso. Os dous xogarán o ano que vén na Liga da Costa.

O outro foco de atención dábase en Fontenla, onde o Laxe tiña que gañar para asegurarse unha praza gañada nunha escalada tremenda do último mes. Os de Lilo comezaron perderon pero acabaron remontando a base de empurre e deixaron ao Seaia co mel nos beizos.

Tamén Zas e Camelle medían forzas de cara á Promoción, quedando a cousa nunhas táboas que non dan pistas.

Promoción

Sen tempo a descanso, este domingo 2 de abril (a volta será o 16) xa comeza a Promoción, cos enfrontamentos:

  • Laxe - Buño.
  • Zas - Camelle.

En caso de empate (os goles fóra de casa non valen doble), no segundo partido habería prórroga e penaltis.
Despois haberá unha final entre os dous que pasen para determinar o terceiro ascenso. Recollerémolo en www.copadacosta.com-

Baíñas - Lira (3-0)

  • Baíñas: Sergio, Raúl, Borja, Dylan, Héctor, Hermida, Maikol, Oreiro, Cristian Canosa, Kevin e Ruli. Tamen xogharon; Chipi, Carlos, Adrián e Rodrigo.
  • Lira: Raúl, Cartamil, Rui, Isaac, Mijeliño, Ángel, Saúl Lira, Ramón, Pablo, Alexis. Tamén: Rubén, Raúl, Santi, Miguel e Alexis.
  • Goles: 1-0, m.26: Hermida; 2-0, m.57: Dylan de penalti; 3-0, m.65: Oreiro.

Saíu a por todas o cadro de Roski, que foi apretando, convertundo a Raúl no mellor do cadro liracho, ata que no segundo treito da primeira metade sentenciou cun tanto de Hermida e outro dende os 11 metros. A segunda foi unha festa dun equipo que remata a temporada vencendo todos os partidos de casa, e só recibindo un tanto.

Ascenso Bainas
A parroquia de Baíñas celebrando o ascenso

Porteño - Nantón (4-1)

  • Porteño: José Vicente, Nico, Pejo, Manoliño, Ángel, Juan oVello, Nico, Martín Carrabete e Alan. Tamén xogaron: Adrián, Marquiños, Edgar, Brais e Joseba.
  • Nantón: Guille, Fran, Xoel, Eloy Moria, Roi Fachal, Martín, Tato, Muíño, Redondo, Iván Moreira e Alberto. Tamén: Micael e David Fariña.
  • Goles: 0-1, m.21: Iván Moreira; 1-1, m.38: Carrabete; 2-1, m.47: Alan; 3-1, m.65: Brais a pase de Adrián; 4-1, m: Marquiños un golazo dende fóra da área.

Mala primeira metade dos de Cousillas e Javi Baña, moi destensados dende que certificaban o ascenso. De feito, adiantouse o cadro cabanés, que fixo unha gran primeira metade, cun tanto de Iván Moreira. Conseguiron empatar nun balón que pelexou Carrabete (e leva coa man para os visitantes) antes do descanso. Nesa xogada lesionouse o porteiro do Nantón e tivo que poñerse baixo paus o lateral Xoel.

No descanso cambiaron a actitude, subiu unha marcha e nada máis chegar, gol de Alan.Pediron aí un penalti os de Cerbán, pero Brais case que sentenciou.

Zas - Camelle (1-1)

11 do Zas ante Camelle-Foto-Noe Tourinan
11 do Zas. Foto-Noe Touriñán
  • Zas: Adrián, Pablo Pardiñas, Rama, Álvaro, Andrés, Pablo Fuentes, Christian Fariña, Daío, Manu Fuentes, Anxo e Marcos. Tamén: Dani Mato, Alvite, Iván e Damián.
11 Camelle en Zas-Foto-Noe Tourinan
11 Camelle en Zas-Foto-Noe Touriñán
  • Camelle: David, Martín, Hucho, David Vazquez, Quintelo, Makareno, Piquero, Gabi, Mariño (Roi), Chori, Tantán.
  • Goles: 0-1, m.65: Gabi; 1-1, m.85: Dani Mato.
Zas Camelle-Foto-Noe Tourinan
Foto-Noe Touriñán

Valíalle o empate ao Camelle para manter a 4ª praza, no que foi un simulacro da semi que se nos vén na Promoción. Pero o cadro de Sergio chegaba a Zas con ata 7 baixas, con 11 xustos, co que saía esperando atrás, deixando controlar o balón. O Zas tiña a posesión, tendo algunha ocasión, pero tamén por bando visitante nalgunha contra.

Adiantábase o Camelle cun balón ás costas que aproveitou Gabi, pero o cansanzo ía facendo mella nos visitantes, e o Zas comezarou a dominar aínda máis, tendo 4 ou 5 ocasións claras antes de que Dani Mato aproveitase un balón morto para empatar. Aínda puido caer o segundo dos zaseiros no treito final.

Zas-Camelle-Foto-Noe Tourinan 1
Foto-Noe Touriñán

Xallas B - Laxe (1-3)

  • Xallas B: Fabián, Julián, Iván García, Nando, Steven, Jota, Adrián Forján, Kevin, Jose, Marcos, e Castro. Tamén: Iván, Doriño, Balsa e Isaac Rey.
  • Laxe: Jacobo, José Ángel, José Manuel, Camafreita, Eloy LIñares, Iago Torres, Gora, Sergio, Felipiño, Santi Casás. Tamén: Jacinto.
  • Goles: 1-0, m.30: Adrián Forján nunha internada; 1-1, m.69: José Manuel de volea; 1-2, m.81: Iago Torres; 1-3, m.86: Iago Torres.

Primeira metade de control total do filial xalleiro, con moita posesión pero sen profundidade. Ante un Laxe desaparecido, que non presionaba, o Xallas saía con criterio e chegaba con pouca claridade pero si se adiantaba.

Foise metendo no partido o cadro de Lilo na segunda, cunha presión máis alta, máis efectiva, e conseguían roubar e facer dano con gran verticalidade. Así o central José Manuel conseguía o empate. E apareceu aí, nos últimos 10 minutos, a gran sensación do partido, un Iago Torres que sacaba dous zurzados ao borde da área imparables para o porteiro, que confirman o pase á promoción do cadro laxense.

Buño - Castrelo (7-3)

  • Buño: Darío, Simón, Miguel Dourado, Santi, Javi Facal, Elías Suárez, Elías López, Iván Rod. Omar, Sergio Bastón e Luismi. Tamén: Sergio, Eloy, Adrián e Xurxo.
  • Castrelo: Estebo, Oli, Cachi, Gustavo (Miguel, m.50), Ramiro (Rodrigo, m.50), David, Conde, Peke, Pereira, Picallo e Guillín.
  • Goles: 1-0: Elías Suárez de picada; 2-0: Miguel Dourado dende fóra da área; 2-1: Peke dende o medio campo sorprendendo a Darío; 3-1: Elías Suárez de penalti: (descanso); 4-1: Omar de volea; 5-1: Omar; 5-2: David; 6-2: Eloy; 6-3: David; 7-3: Omar.

Partido dominado de principio a fin polo Buño, no que os de Carabel volveron recuperar as boas sensacións e bo xogo da primeira parte da temporada. Ademais, o cadro de Ordóñez chegaba con moitas baixas e o presi tendo que poñerse baixo paus, e aguantou como puido as embestidas locais pero nunha se deixou ir.

Seaia - Ameixenda (6-1)

11 do Ameixenda en Pedra Queimada
11 do Ameixenda en Pedra Queimada
  • Seaia: Piña, Anxo, Mario, Añón, Jose, Pablo, Juni, Alex Mato, Diego, Luisma, Martín. Tamen: Joel, David, Raúl, Anxo e Pablo Caamaño.
  • Ameixenda: Costa, Pikita, Evaristo (Chapu, m.32), Pablo, Sergio, Juan Lagoa, Álex, Dani, Mauro (Fabián Barreiro, m.46), Torices e Yago.
  • Goles: 1-0, m.13: Sergio; 2-0, m.17: Juni; 3-0, m.36: Luisma; 4-0, m.42: Alex; 5-0, m.76: Martín: 6-0, m.82: Raúl; 6-1, m.85: Dani.

De novo con poucos efectivoss chegou o Ameixenda a Pedra Queimada, e ademais no m.30 Evaristo non podía seguir por molestias nun nocello e no 45 Mauro por unha picada nunha coxa. Aos 20 minutos o partido xa estaba visto para sentenza. No segundo tempo o Ameixenda entrou mellor no partido e tamén o Seaia xa estaba mais pendente do que pasaba no Xallas B - Laxe.

Pereiriña - Malpica (3-2)

  • Goles: 0-1, m.20: Alberto Hombre de bonita falta; 1-1, m.45: Salva; 2-1, m.74: Rodri; 3-1, m.75: Rodri; 3-2, m.83: Simón.

Partido sen historia, condicionado pola chuvia e o vento. Co vento a favor o Malpica controlou o primeiro tempo e se meteu por diante cun fermoso gol de Hombre. Nada máis saír dos vestiarios, Salva empata para os locais, que a base de envorcar o campo polo vento, foron apretando cada vez a un Macías que as paraba case todas. Rodri marcaba de gol olímpico, coa axuda do vento, e Simón recurtaba contra o final.

As táboas en www.futboldacosta.com.

As crónicas da 3ª Galicia

Comentarios