Venres. 26.04.2024
El tiempo

3ª Galicia: Baíñas e Laxe encaran a última xornada con vantaxe para alzarse co título e alcanzar a promoción

Lira-Zas-Noe Tourinan
Imaxe do Lira-Zas en Lombáns-Noe Touriñán
3ª Galicia: Baíñas e Laxe encaran a última xornada con vantaxe para alzarse co título e alcanzar a promoción

Cos dous ascensos directos decididos, e 3 dos 4 postos de promoción fixados, quedan, para a última xornada da 3ª, dúas frontes abertas: a loita polo túitlo e a loita pola última praza da promoción.

No alto, o empate do Porteño en Laxe deixa ao Baíñas dependendo de si mesmo para alzarse co título da 3ª Galicia. O cadro da Ponte, líder en 23 das 25 xornadas do curso, ve como se lle pode escapar o título se o Baíás gaña na casa ao Lira.

”Dependemos de nós mesmos para gañar a liga”, sinala Roski con orgullo. ”Imos traballar o partido do Lira como viñemos facendo ata agora. Se facemos bo partido seremos campións, e se non, pois darlle á noraboa ao Porteño pois calquera dos dous merecemos esta liga”.

A un Lira ademais que vén en caída libre, con 4 derrotas e 1 empate nas 5 últimas xornadas, e pasando de ter unha vantaxe de 7 puntos a quedar practicamente sen opcións de meterse na promoción. Un posto de Promoción que agora está en posición do Laxe, que conseguía empatar co líder, e que terá que vencer en Fontenla ante o filial xalleiro para asegurar a súa praza. Ademais do Lira, que está 2 puntos por abaixo, no medio, a só 1, está o Seaia que vencía o Castrelo e de seguro non fallará na última xornada ante o Ameixenda esperando calquera erro do Laxe.

 

Malpica - Baíñas (1-4)

  • Malpica: Ángel, Simón, Jorge Groufo, Alberto Hombre, Fran, Lou, Eloy Vilas, Jorge Parga, Luismi e Arcay. Tamén: Nando Cabeza, Rafa Hombre e Macías.
  • Baíñas: Sergio, Raúl, Borja, Dylan, Héctor, Chipi, Maikol, Oreiro, Hermida, Kevin e Ruli. Tamén xogaron: Joel, Aníbal, Chavico, Carlos e Adrián.
  • Goles: 0-1, m.28: Chipi; 0-2, m.33: Hermida; 0-3, m.47: en propia; 0-4, m.51: Ruli; 1-4, m.69: Fran.

Pouco que comentar doutro partido para esquecer deste Malpica que está desexando que remate a temporada. O Baíñas foi superior, pero lamentou a lesión de xeonllo de Aníbal, mentres tivo a boa nova da volta de Adrián que disputou uns 10 minutos.

 

Castrelo - Seaia (1-3)

Plantel do Castrelo FC 2022-2023
Plantel do Castrelo-Foto-Paula
  • Castrelo: Marti; Oli, Peke, Estebo (Gustavo, m.65), Cachi (Ramiro, m.75), David (Xavi, m.55), Chans, Rodrigo, Picallo (Pereira, m.55), Guillín (Conde, m.70) e Rubén.
  • Seaia:Isaac, Dimaga, Carru, Anxo, Josi; Mario, Toni, Mara, Luis, Juni, Sergio. Tamén: Pereira, Alex, David, Anxo e Pablo.
  • Goles: 1-0, m.7: Rubén; 1-1, m.28: Luís; 1-2, m.30: Mara; 1-3, m.37: Mara de penalti.

Arrincou moi ben o Castrelo de Ordóñez, dominando, meténdose por diante no marcador e puidendo ampliar a renda. Esperou o cadro de Moscoso e Morata, metendo unha marcha máis, e en apenas 10 minutos dáballe a volta ao marcador. Luís facía un golazo á media hora; Mara marcaba o segungo e pouco despois o terceiro nun penalti protestado polos locais.

segunda fui un “querer e non poder” para o Castrelo ante un un Seaia que se xogaba muito e aguantou ben e firme.

 

Castrelo-Seaia

Laxe - Porteño (2-2)

  • Laxe: Jacobo, Mikel, Pombo, Miguel, Jorge, José Ángel, Eloy Liñarez, Iago Torres, Bieito, Felipe e Santi Casás. Tamén: Pablo e Sergio.
  • Porteño: José Vicente, Rodri, Pejo, Vicente, Ángel, Nico Carnés, Martín Suárez, Juan oVello, Nico Camariñas, Martín Carrabete e Alan. Tamén xogaron: Marquiños, Manoliño, Adrián e Joni.
  • Goles: 0-1, m.23: Alan de penalti; 1-1, m.39: Bieito; 1-2, m.55: Martín Suárez; 2-2, m.65: Eloy Liñares.

Fermoso partido no Municipal Rogelio Martínez, cunha gran entrada, arredor de 200 espectadores, a mellor entrada do ano, nun partido moi importante para os dous equipos e co cartel de alta tensión no subtítulo, tamén co Baíñas polo medio.

Arrincaba o partido cun Porteño mandón, que tiña unha doble ocasión e pouco despois Alan abría o marcador dende os 11 metros. Pouco despois empataba o Laxe por medio de Bieito. Antes do descanso aínda Sergio fixo un paradón a un tiro de Martín Suárez dende a fronta..

Saíron os de Javi Baña (non puido estar Cousillas) polo partido na segunda metade, e pronto Martín Suárez facía o segundo. Aí puido chegar o segundo, pero os de Lilo aproveitaron un erro na saída de balón para que Eloy Liñares volvera poñer a igualada no marcador.

O partido estaba bronco, e primeiro o colexiado expulsaba ao porteiro suplente do Porteño por intentar sacar dunha liorta a un compañeiro, e pouco despois eran expulsados dous laxenses. Co empate no marcador tivo o Laxe unha ocasión con varios rexeites, pero tamén tivo o Porteño que obrigou a facer un paradón a Sergio. E aínda pediron un posible penalti sobre Nico.

Lira - Zas (0-1)

  • Lira: Raul, Cartamil, Rui, Cristian, Isaac, Mijeliño, Golpes, Ángel, Saúl Lira, Pablo, Miguel. Tamén: Rubén, Raúl, Alexis e Santi.
  • Zas: Adrián, Dani Mato, Pablo Pardiñas, Manu Fuentes, Adrián Rama, Álvaro Fariña, Andrés, Christian Fariña, Anxo, Pablo Fuentes e Marcos. Tamén: Damián.
  • Gol: 0-1, m.69: Dani Mato.
Lira-Zas-Noe Tourinan 2
Foto: Noe Touriñán

En caída libre este Lira que deixa escapar a promoción ante un Lira que chegaba con 12 xogadores. Os locais estiveron ben defensivamente, sen sufrir ocasións pero fallando ocasións tanto nas contras como a balón parado. Os de Martín intentaban combinar, pero lle custaba superar liñas. Na segunda xerou algo máis e aproveitou unha das poucas chegadas que tiveran ata o momento, grcias á calidade de Dani Mato. A partir de aí o partido rompiuse de todo e tanto puido chegar o empate coma o segundo dos zaseiros.

En calquera caso, e á falta dunha xornada aínda con posibilidades, Gabri Sil recoñece “o obxetivo primordial da temporada era construir unhas bases para o futuro e eso fixémolo ben, pero por desgracia non nos dá para competir o ascenso”.

Lira-Zas-Noe Tourinan 3
Foto: Noe Touriñán
 

Camelle - Xallas B (2-2)

  • Camelle: David, Martín (Makareno), Dido, Hucho, Quintelo, David Vazquez, Estiben (Chori), Mario, Crejo (Tereso), Gabi (Ruso), Adrián.
  • Xallas B: Fabián, Julián, Iván García, Kevin, Adrián Forján, Jota, Becerra, Sergio, Nando, Stiven, Marcos. Tamén: Bryan, Alex Calvo, Jose, Asier e Fabián.
  • Goles: 0-1, m.4: Nando; 1-1, m.37: David Vázquez; 1-2, m.63: Jota; 2-2, m.80: Macareno nunha falta.

Foi superior o Xallas B durante a primeira media hora. Adiantábase o cadro de Churián por medio de Nando e mandaba un balón ao pau nun córner. O campo estaba complicado para os xalleiros, acostumados a combinar en corto tendo que abusar do balón longo. Pero estaban ben colocados. En fronte o Camelle foise agrandando e acabaron a primeira metade apretando e empatando o partido.

Foron superiores os de Sergio na segunda, pero era Jota o que aproveita un balbordo para poñer de novo en vantaxe aos verdes. Aí sacou de orgullo o Camelle, envorcando o campo cara a meta de Fabián, (un dos mellores do partido xunto a Steven) que coa axuda dos paus salvou varias ocasións. A base de saques de esquina o Camelle acabou empatando.

 

Ameixenda - Pereiriña (2-2)

11 do Ameixenda

  • Ameixenda: Costa (Pikita, m.91), Torices, Juan Lagoa, Evaristo, Fabián Louzán, Adán, Álex, (Darío, m.46), Mauro, Pablo e Yago (Sergio, m.68).
  • Pereiriña: Isma Antelo, Isma Graíño, Ézara, Adrián Ozón, Fabián Agulleiro, Carlos Leis, Jose, Esteban, Antelo, Rubén Yaya e Soneira. Tamén: Martín, Borja, Saulo, Diego Oca e Rodri.
  • Goles: 1-0, m.50: Mauro; 1-1, m.79: Charli; 2-1, m.98: Dani; 2-2, m.99: Antelo.

Derbi festivo en Cee nunha tarde primaveral. Todo indicaba, por clasificación e traxectoria, que o Pereiriña gañaría o partido, incluso con facilidade. Pero non foi doado. O Ameixenda cedeulle o control do partido a un Pereiriña que apenas facía perigo, e saía á contra tan pronto se lle presentaba a oportunidade. O encontro desenvolvíase con bo ritmo, tan só faltaban os goles.

No segundo tempo o Ameixenda entrou mellor, con máis control do xogo e insistindo nas contras. Abría Mauro o marcador cun tiro suave por encima do porteiro. Acusou o gol o Pereiriña e 20 minutos o Ameixenda, cun gran Alan, foi o dono do xogo. Pero reaccionou o cadro de Corzón poucos, a base de centros a área, foi metendo atrás ao Ameixenda, e un destes centros foi rematado a gol por Carlos Antelo.

Parecía que a incercía ía do lado dos, onte visitantes, e o partido alongábase ata o 105 polos constantes paróns para atender aos lesioados. O Pereiriña colgaba e colgaba balóns, tendo ocasións de todo tipo. E cando menos se esperaba, no m.98 outra contra do Ameixenda levada por Torices era culminada por Dani con moita frialdade para facer o 2-1. Parecía que sería o resultado definitivo, pero nada máis sacar de centro, balón en longo, centro dende a liña de fondo e Antelo facía o 2-2 definitivo.

 

Nantón - Buño (2-0)

  • Goles: 1-0, m.28: Eloy Moreira; 2-0, m.88: Micael.

Partido moi igualado, máis ou menos controlado polo Buño, que non tivo acerto cara gol. Simón e Breo tiveron ocasións para os de Carabel, pero era Eloy Moreira o que abría o marcador para os de Cerbán tras unha indecisión da defensa visitante. Pouco despois nunha falta de Manuel a Mateo, tras revolverse dalle unha patada sin balón e é expulsado o xogador local. A partir de aí o partido cambia totalmente. O Nantón deféndese con unllas e dentes e sae á contra ante un Buño que intenta e intenta xerar ocasións para empatar. Eloy, Elías de falta ao longueiro, un man a man de Iván que corta en falta Martín sen que o colexiado o expulse, ata un penalti fallou Elías para os oleiros ante un gran Gulle baixo paus. Así, xa no desconto, unha contra levaba por Redondo acaba co gol de Micael para sentenciar o choque.

As táboas en www.futboldacosta.com.

As crónicas da 3ª Galicia

Comentarios