3ª Galicia: O Buño desbanca ao Zas e presenta candidatura xunto coas do Porteño e Baíñas
Endosoulle a primeira derrota do curso o Buño ao Sporting Zas. O cadro de Martín cae á 3ª praza, 1 punto por detrás de Porteño e Baíñas que se manteñen invictos, e cun punto sobre os oleiros.
Buño - Zas (4-1)
- Buño: Darío, Jose, Jesús, Breogán, Miguel Dourado, Fran, Luís, Iván Rodríguez, Eloys Suárez, Sergio Bastón e Juan Antelo. Tamén: Steven, Omar, Elías, Fabián e Javi Facal.
- Zas: Pereiras, Hugo (Anxo), Damián (Jose), Pablo Pardiñas, Marcos, Adrián, Álvaro, Andrés, Brais, Christian (Juan) e Darío.
- Goles: 1-0, m.: Iván Rodríguez nun córner; 2-0, m.15: Luís; 3-0, m.63: Fran; 4-0, m.85: Omar tras unha gran xogada de Breogán; 4-1, m.87: Brais de penalti.
Mal partido, probablemente o peor do curso, do Zas de Martín en Xaviña. O equipo de Jose Caravel foi superior en todo momento, cunha intensidade e presión alta que nunca puido superar o cadro zaseiro. Ademais, os oleiros facían dano a cada xogada balón parado. Abría o marcador Iván moi pronto, e seguían chegando ocasións. Se Eloy e Breogán fallaban, non facía o mesmo Luís, que marcaba o segundo tras unha combinación entre Juan Antelo e Iván. Pereiras mantivo o Zas no partido ata o descanso con boas paradas a Iván e o capi oleiro Juan Antelo.
Na segunda metade, o Zas conseguía xogar algo máis en campo rival, pero nunha falta lateral Fran marcou o 3-0, para romper o partido. Omar e Brais marcaban sedos goles e Andrés mandaba un fermoso balón ao pau.
Porteño - Xallas B (2-1)
- Porteño: Jose, Porto (Manoliño, m.30), Pejo, Nico, Yeray, Visente, Nico (Kevin, m.80), Juan, David (Martín, m.55), Alan e Lucas (Brais min.65).
- Xallas B: Barbeira, Becerra, Jota, Iván, Balsa, García, Miguel, Couto, Cuns, Fabio e Kevin. Tamén: Luís, Dani e Julián.
- Goles: 1-0, m.45: Lucas adiantándose ao meta xalleiro; 2-0, m.55: Lucas de remate; 2-1, m.
Partido fermoso, igualado, moi disputado e físico pero moi limpo, entre dous equipos que se respectan moito, e ao que Xallas de Adrián Lema chegaba con varios xuvenís.
De ti a ti foi o primeiro tempo, no que o único erro dos visitantes costáballe, xa no desconto, un tanto. Na segunda veuse arriba o filial verde, pero Lucas demostrou o seu olfato adiantándose á defensa e porteiro e rematando un centro a gol. Tivo Lucas outro man a man que salvou Barbeira cun paradón cando lla intentaba picar, pero o Xallas xa era outro equipo, e se metía no partido co tanto de Luís aínda con 20 minutos para o final. Nese treito final sufríu o Porteño, que tivo que achicar auga ante un filial que se veu arriba e tivo ocasións para empatar o partido.
Laxe - Pereiriña (2-2)
- Laxe: Rubén, Mikel, Cebey, Pombo, Jacinto, Gora, Miguel Torres, Iago Torres, Bieito e Jesús Amado. Tamén: Jacobo, José Ángel, Camafreita, Sergio e Alex.
- Pereiriña: Ézara, Grille, Fabián, Adrián Ozón, Diego Oca, Esteban Lema, Esteban Sendón, Martín, Kevin, Carlos Leis e Carlos Antelo. Tamén: Tito, Rodri, Brais Lagoa, Christian e Dani Costa.
- Goles: 1-0, m.5: Bieito; 1-1, m.70: Martín; 2-1, m.75: Carlos Antelo; 2-2, m.90: Gora.
Comezou moi enchufado o Laxe de Lilo, ao que lle sentou o seu tempraneiro gol, pois deixou de intentar combinar a despexar balóns e cederlle o balón ao cadro ceense. Pouco a pouco o Pereiriña foron facéndose co control do xogo e meténdose no partido.
Seguía o partido dominado polos de Emilio Corzón, que eran quen de darlle a volta ao marcador e poñerse por diante, tendo algunha ocasión para sentenciar. Pero reaccionou a tempo o Laxe, que no último cuarto de hora se puxo o mono para meterse arriba e conseguir o empate sobre o desconto, unha sorte que leva sufrindo o equipo ceense en varias xornadas.
Nantón - Camelle (1-0)
- Nantón: Isma, Javi,Xosel, Eloy Moreira, Fariña, Rodrigo, Tato, Alberto, Pastor, Redondo e Iván Moreira. Tamén: Carlos Vidal, Bardanca, Cristian, Collazo e Martín.
- Camelle: David, Quintelo (Ruso), Martín, David (Mario), Hucho, Estiven, Piquero (Marcote), Crejo, Carlos (Chori), Dido e Adrián.
- Gol: 1-0, m.90: Redondo.
No desconto decantou Redondo o igualado choque para o cadro local nun complicado campo de Fontiñas. O cadro camellán tivo varias ocasións durante o encontro pero non estivo atinado.
Castrelo - Lira (3-0)
- Castrelo: Martín, Chans, Oli, Canosa, Peke, Rodri, Quilmes, David (Pichón, m.80), Pereira (Xavi, m.75), Rubén (Gustavo, m.86) e Picallo (Miguel, m.65).
- Lira: Balayo, Santi, Cristian, Golpes, Saúl Lariño, Ramón, Mijeliño, Saúl Lira, Ángel, Alexis e Rubén. Tamén: Raúl e Lucas.
- Goles: 1-0, m.80: David dende o borde da área; 2-0, m.83: en propia; 3-0, m.87: Chans dende lonxe vendo ao porteiro Balayo adiantado.
Arrincaba o choque sen ocasións, cun Lira con baixas e ben armado atrás sen correr riscos, ante un Castrelo que tiña o balón, pero non atopaba o último pase.
Na segunda deron un paso adiante os de Gabri Sil para tratar de encontrar o gol pero non conseguían facer dano. O Castrelo tampouco chegaba con claridade pero aproveitaron que o cadro liracho se desorganizaba co paso dos minutos, e na primeira chegada clara mandaban un balón ao pau. Non foi ata o minuto 80 cando David rompía a igualada, marcando despois dous tantos máis que se cadra deixan un resultado demasiado abultado para o visto no campo.
Ameixenda - Malpica (3-1)
- Ameixenda: Costa, Sergio, Bichinho (Fabián 42'), Chapu, Torices, Sambade, Andrés, Dani, Yunior, Chucho e Pablo.
- Malpica: Ángel, Iván Porteiro, Simón, Jorge Martínez, Jorge Groucho, Aitor, Alexcandre, Fernando Cabeza, Jorge Parga, Alberto Hombre, e Arcay. Tamén: Ba, Adrián, Macías e Sergio.
- Goles: 1-0, m.15: Bichiño; 2-0, m.17:Andrés dende 30 metros; 3-0, m.30: Yunior a centro de Pablo; 3-1, m.83: Alberto Hombre.
Primeira vitoria do Ameixenda nun partido no que foi claramente superior ao Malpica. E sobre todo no primeiro tempo, controlando o xogo en todo momento e anticipándose nas opcións de segunda xogada. Pero antes de todo, Alberto Hombre mandaba un balón á madeira da meta de Costa. Foi un espellismo, e pronto Bichiño abría o marcador dende o borde da área, e pouco despois Andrés enganchaba un disparo dende uns 30 metros que collía so porteiro un pouco adiantado para facer o 2-0.
Así marcaba Andrés para o Ameixenda na vitoria do cadro ceense ante o Malpica.
— Quepasanacosta (@quepasanacosta) October 31, 2022
Ás crónicas do #FutboldaCosta xa en QPC. pic.twitter.com/PhBi0dEZEO
O Malpica avisaba pero Nicci non estaba fino. Por contra o Ameixenda seguía chegando ben polas bandas e así, á media hora Pablo metíase ben pola dereita e o centro ao borde da área pequena rematábao Yunior poñendo un 3-0 que parecía xa moi complicado de remontar.
No segundo tempo o Malpica tivo máis tempo o balón e o Ameixenda, con só un xogador de campo para facer cambios meteuse atrás intentando sair a contra. Nos últimos 10 minutos foi cando os malpicáns tiveron algunha ocasión e de feito no 83 marcaron un bo gol de corner directo.
Seaia - Baíñas (1-3)
- Seaia: Anxo, Añón, Pablo, Anxo, Alex Mato, Diego, Luismi, Manu Garrido, Sergio, Piña e Juni.
- Baíñas: Joel, Carlos, Maikol, Esteban, Raúl, Chavico (Rodrigo), Adrián (Oreiro), Kevin, Aníbal, Cristian e Chipi.
- Goles: 0-1, m.15: Chipi de boa xogada colectiva; 1-1, m.21: Isaac Piña marca un golazo de cabeza tras un córner; 1-2, m.32: Cristian marca un golazo de falta; 1-3, m.90: Chipi de xogada individual.
Partido igualado en Pedra Queimada, con dous equipos ben prantados. Comezaba pegando o Baíñas de Roski tras unha fermosa combinación por banda, pero de contado empataba Piña para os locais. O cadro visitante seguía intentando e Cristian anotaba un golazo de falta por riba da barreira.
Na segunda, o Baíñas dominaba algo máis que Joel tivo que facer a parada da tarde para evitar o empate. A tensió se mantivo ata o último suspiro, pois os vimianceses non foron quen de sentenciar ata o final.