3ª Galicia: O Buño non tira a toalla e o Lira case asegura a Promoción
Na loita pola promoción o Lira deu un paso importante, ao vencer a un Ameixenda que quedou con 6 sobre o campo (de feito o colexiado tivo que suspender o partido) e aproveitar os tropezóns de Laxe e Pereiriña.
Castrelo - Camelle (1-3)
- Castrelo: Martín; Oli, Estebo, Conde (Ramiro, m.60), Cachi, Álvaro (Xavi, m.70), Chans, David, Rodrigo, Miguel (Rodri, m.55) e Pereira.
- Camelle: Roi, Quintelo (Rubén), Dido, David Vazquez, Hucho (Makareno), Piquero, Estiben, Marcote (Mariño), Crejo, Chori (Carlos), Adrián.
- Goles: 0-1, m.4: Adrián; 1-1, m.12: Adrián; 1-2, m.36: Estiben; 1-3, m.77: Crejo.
Chegaba o Castrelo de Ordóñez con moitas baixas a enfrontarse a un Camelle coa frecha para arriba con 5 vitorias nos últimos 6 partidos. Comezou o choque igualado, cos de Sergio algo máis entonados, e se adiantaban cun tanto de Adrián. Pero de contado empataba o cadro local tras unha boa combinación.
O Camelle foise impoñendo e marcaría o segundo antes do descanso tras un roubo de balón.
Entráronlle as presas ao Castrelo, que non foi quen, na segunda, de meterse de cheo no partido, e Crejo sentencizou para manter vivo o soño do ascenso.
Buño - Baíñas (3-2)
- Buño: Darío, Jesús, Miguel Dourado, Eloy Santos, Adrián Pose,Mateo, Elías López, Elías Suárez, Fran e Luis. Tamén: Xurxo, Omar, Javi Facal, Brais Ceán, e Sergio Bastón.
- Baíñas: Joel, Raúl González, Maikol, Héctor, Dylan, Cristian Canosa, Borja, Kevin Fandiño, Javi Oreiro, e Ruli. Tamén: Carlos, Brais Tajes, Samuel Lema, Samuel Quintáns e Christian Rod.
- Goles: 0-1, m.35: Ruli; 0-2, m.41: Cristian Canosa; 1-2, m.44: Elías Suárez; 2-2, m.67: Elías López; 3-2, m.83: Fran.
Partidazo, do mellor da temporada, o visto en Xaviña. Un choque vibrante, que puido caer de calquera lado, que puido sentenciar a luga pero que mantén viva a loita polo ascenso. Comezaron moi ben os de Roski, dominando o balón, mandando dous balóns ao longueiro, e adiantándose por medio de Ruli, que remacha unha deixada de cabeza de Hermida. Noutra boa xogada de Cristian Canosa marca o segundo para o cadro viminacés que cada vez que roubaba saía con velocidade, ante un Buño impreciso na saída de balón. Pero o Buño non se deixou ir, e pouco antes de chegar ao descando Elías Suárez recurtaba dende a frontal abrindo de novo o partido.
Máis igualada a segunda metade, que comezaba con dúas claras ocasións de Hermida e Ruli para ampliar a renda, de non ser porque Darío estivo moi fino. Estirouse o Buño, que comezou a chegar á meta de Joel. Nunha xogada a balón parado empataba Elías López, cun cadro vimiancés que seguía fallando ocasións (como outra de Cristian Canosa) e desesperándose. Aproveitou o Buño, máis eficaz, para seguir facendo dano a balón parado, e Fran, preto do final, facía o terceiro.
Apretou de novo o Baíñas, coolgando balónas área, pero sen perigo real.
Porteño - Zas (2-2)
- Porteño: José, Vicente, Rodri, Pejo, Nico, Ángel (Yeray), Juan, Nico (David), Martín (Manoliño), Alan, Carrabete (Edgar).
- Zas: Adrián, Pablo Pardiñas, Rama, Álvaro, Andrés, Darío, Manu Fuentes, Anxo, Damián, Brais, Dani Mato. Tamén: Pablo Fuentes, HUgo e Christian.
- Goles: 1-0, m.20: Carra de cabeza a centro de Alan; 1-1, m.35: Andrés; 1-2, m.58: Álvaro; 2-2, m.60: Martín nun barullo.
Saíron os de Martín de novo moito mellor na segunda, e tras fallar ata 4 ocasións, Álvaro si que conseguía poñerse por diante, pero a alegría apenas durou un par de minutos, pois Martín empataba de contado. Sacou o orgullo o cadro de Cousillas, máis directo e con máis corazón que fútbol, apretando no último cuarto de hora, ante un Zas que aguantou moi ben.
Nantón - Laxe (1-1)
- Nantón: Guille, Fran, Xoel, Roi Fachal, Micael Gavín, Martín, Muíño, Alberto Fuentes, Pastor, Redondo, e Iván Moreira. Tamén: Tato, Bardanca, David Fariña, Eloy Moreira e Manuel.
- Laxe: Jacobo, Mikel, Pombo, Gora, Camafreira, Bieito, José Ángel, Jorge, Pablo Villar, Iago Torres, Santi Casás. Tamén: Felipiño e Sergio.
- Goles: 0-1, m.40: Iago Torres nunha carreira dende campo propio tras regatear varios contrarios; 1-1, m.84: Manuel dende o borde da área.
Comezou mandando o Nantón de Cerbán, ante un Laxe que era máis incisivo, e chegaba con máis claridade. Bieito remataba ao poste un centro de Iago Torres e Jorge, que fixo un gran partido, tivo unha boa ocasión baixo paus. Antes do descanso, Iago Torres fixo un golazo cun carreirón dende o seu campo levando a todo rival que se metía por diante.
Dominou máis o equipo de Lilo na segunda, que tivo ocasións para sentenciar, pero non estivo fino. E tanto no treito final de Manuel alonxa ao cadro laxense da zona de promoción.
Seaia - Malpica (1-0)
- Seaia: Joel, Martín, Carru, Anxo, Josi; Mario, Dimaga, Raúl, Juni; Mara e Álex. Tamén: Añón, Iván, Manu Garrido, Diego e Pablo.
- Malpica: Lamas, Simón, Jorge Groufo, Fran, Arcay, Eloy Vilas, Lou, Aitor, Jorge Parga, Fran e Kevin. Tamén: Samu, Luismi, Macías, Cabeza e Rafa Hombre.
- Goles: 1-0, m.65: Iván a centro de Manu Garrido.
Bonito ambiente en Pedra Queimaxa con máis de 150 personas para disfrutar deste derbi. O tempo acompañaba ademais cunha plácida tarde de sol. O Malpica de Jorge Calvete esperaba atrás, tendo o ollo posto sempre nas posibles internadas de Juni, que cando apenas pasaban 2 minutos xa se plantaba diante de Lamas, pero o meta visitante salvaba o tanto. Na área contraria Parga metíalle un balón en velocidade a Lou que remataba demasiado cruzado. Foron as poucas ocasións que houbo nun igualado primeiro tempo.
Arrincaba o cadro de Óscar Moscoso máis enchufado, pedindo penalti nunha xogada de falta que para Lamas, bate no pau e saca Fenosa baixo paus de media chilena. Tivo Jorge Parga o gol tras un bo pase de Eloy, pero pouco despois tras un saque de banda Iván mete aos locais por diante. Non desesperou o Malpica, que tivo o empate tras un pase de Fran que Kevin non é capaz de transformar en gol.
VItoria dun Seaia máis eficaz ante un Malpica que fixo dos mellores partidos da temporada.
Xallas B - Pereiriña (4-3)
- Xallas B: Fabián, Julián, Becerra, Michu, Chaski; García, Barbeiriña; Jota, Doriño, Kevin, Javi Camaaño. Tamén: Rodri, Marquiños, Rabelo e Asier.
- Pereiriña: Isma, Grille, Jose Soneira, Diego Oca, Ézara, Salva, Chiru, Fabián, Charly, Carlos Leis e Rubén Yaya. Tamén: Isma Graíño, Esteban, Tito, Jose e Kevin.
- Goles: 0-1, m.15: Charly cun bo remate a un córner botado por Chiru; 1-1, m.57: Rodri a pase de Barbeiriña; 2-1, m.65: Barbeiriña; 2-2, m.69: Charly; 2-3, m.78: Miguel fai o golazo da tarde: 3-3, m.86: Rodri; 4-3, m.91: Barbeiriña.
Partido dominado polo filial xalleiro (cheo de xuvenís), combinando unha e outra vez como lle gusta aos de Churián, peron sen profundidade. Co paso dos minutos o ritmo baixa, e o cadro ceense foise estirando, e nun córner consegue meterse por diante.
A saída de Asier na segunda, co seu desprazamento, comeza a mover o balón ás bandas e nunha desas Barbeiriña centra e Rodri remata. Pouco despois o propio Barbeiriña fai o segundo, pero a partir de aí baixa a intensidade o Xallas, e o Pereiriña consegue darlle a volta ao marcador aproveitando os erros da defensa local, con outro de Charly e un golazo tremendo de Miguel.
E o partido volveu cambiar de lado. O Pereiriña meteuse demasiado atrás e o Xallas, xa nun tolo ida e volta, conseguía remontar nuns últimos 5 minutos de infarto.
Ameixenda - Seaia (0-5)
- Ameixenda: Costa, Torices, Rivers, Juan Antonio, Sergio, Adán, Andrés, Pablo, Pikita, Dani e Fabián.
- Lira: Balayo, Santi, Cristian, Isaac, Ramón, Golpes, Saul Lariño, Raúl, Rubén, Pablo e Alexis. Tamén: Alexis Pedrafijeira.
- Goles: Pablo (2), Alexis Lariño, Alexis Pedrafigueira e Ángel Golpes.
“Outro día na oficina" para un Ameixenda que volveu presentarse con tan só 11 xogadores. E deses 11 tres con molestias e un con febre. Por se fora pouco, nada máis empezar o partido, Fabián notou unha picada na coxa dereita e xa non puido continuar. Como as desgrazas nunca veñen soas aos 15 minutos Dani levou un balonazo e tivo que retirarse con problemas de visión. De feito do hospital de Cee mandárono para Coruña e esperemos que non sexa nada…
Con este panorama o de menos era o partido en si, e o Lira marcou dous na primeira metade, puideron ser máis, e ampliou a renda na segunda, antes de que Rivers, que xogou con febre, se tivese que retirar, e ao quedar o Ameixenda con 6 xogadores, o árbitro dou o encontro por finalizado.
”Dende a SD Ameixenda lamentamos profundamente non poder disputar este partido como merece a competición e como merece o noso rival de hoxe. Por certo agradecer as mostras de apoio do Lira C.F. Xogadores, adestrador, delegado e a presidenta Alba”.