Xoves. 10.10.2024
El tiempo

3ª Galicia: O Camariñas mete medo

Capis do Camarinas e Ameixenda co colexiado
Capis do Camariñas e Ameixenda co colexiado no San Paio de Refoxos
3ª Galicia: O Camariñas mete medo

Terceira xornada e o Camariñas demostra que vai por todo este curso. A zona de ataque dos de Berto, con Javi Antelo, Brandon e Nazo pon medo ao resto de defensas, como a do Ameixenda, onde as baixas seguen pesando como unha lousa no equipo de Julio Vila.

Por detrás, o Outes solventou o choque co Seaia, e a igualdade fai que o terceiro sexa o Camelle, que venceu nun partido a golpes co Corcubión. Só quedan Castrelo e Seaia por estrear o taboleiro de vitorias, pero coa igualdade que hai, seguro que non tardan moito en facelo.

 

Corcubión - Camelle (2-3)

  • Corcubión: Marcos, Alán, Gabi, Pablo, Joaquín, Camacho, Castillo, Kali, Chiru, Lema e Roi. Tamén Lagoa, Trillo, Goche e Mario Suárez.
  • Camelle: David Vilaseco, Ruso (Carlos, m.65), Valiña, Pablo Arteixo, Rodri (Ucho, m.75), David Camariñas (Tedín, m.65), Dido, David Camelle, Felipe, Riveiro.
  • Goles: 0-1, m.10: David Camelle dende fóra da área; 1-1, m.60: Gabi; 1-2, m.80: Felipe; 2-2, m.88: Pablo; 2-3, m.92: Miguel Riveiro.

Partido disputado no Novo Cubeleiro, que puido caer de calquera dos dous lados pero no que finalmente serían os visitantes os que levarían os 3 puntos. Foi un choque moi físico e moi igualado, con alternacias no marcador e no dominio. Comenzaron ben os locais, levando o peso do partido, pero sería o Camelle o que se adiantaría tras un rexeite na frontal da área. Puderon incluso irse con máis ventaxa ó descanso logo dun tiro de David Camariñas que bateu na cruceta da portería de Marcos.
O Corcubión tería nun tiro ó longueiro de Roi unha das suas ocasións máis claras.

Tralo descanso, pero empataría Gabi para os locais tras unha boa xogada colectiva. O choque ía por fases de dominio alterno e non foi ata o minuto 80 cando se volvería adiantar o cadro de Ordóñez. Xa case co tempo cumplido Pablo aproveitou un rexeite nun córner para facer o empate. O partido pudo caer de calquera lado, con ocasións moi claras que non acertaron os locais e que viron como se lles escapaban os puntos logo dun despiste defensivo á saída dun córner xa no desconto.

 

Porteño - Castrelo (2-0)

Porteno na Grixa

  • Porteño: Josiño, Pejo, Caamaño, Manoliño, Anxo, Mario, Ángel, Vicente, Isma, Edgar, Cachi e Josiño. Tamén: Casti, Porto, Brais Campaña, Rodri e Sar.

Castrelo
Foto: Vane

  • Castrelo: David, Miguel, Luís (Gustavo), Estebo, Quintelo, Dani Picallo, Maikol, Chans, Víctor (Estiven), Capote, e Roi (Tebo).
  • Goles: 1-0, m.30: Edgar; 2-0, m.55: Esteban en propia.

Castrelo e Porteno na Grixa
Fotos do Porteño

Partido no que o Porteño saía fatal e facilitándolle varias ocasions claras o Castrelo, que resolvía Jose moi ben. O cadro vimiancés non soubo aproveitar o seu momento e á media hora case que a primeira chegada de Edgar servía para, cun golazo, deixar aos de Varela por diante.

Na segunda, o cadro local levou a iniciativa, ante un equipo de Sergio que tamén tivo as súas ocasións, pero que non estiveron finos. Nunha xogada con algo de sorte, Isma, coa axuda de Esteban, facían o segundo nun barullo dentro da área que practicamente deixou o choque sentenciado.

   

Laxe - Montelouro (1-5)

  • Laxe: Eloy, Jacinto, Santi, Elías, Juan do Sivil, Andrés, Borja, Carra, Toja, Felipe e Jorge. Tamén xogaron: Manuel, Gora e Dani.
  • Montelouro: Marcos, Abel, Lesón, Mayo, Borja, Manolo Chouza, Íker, Dani de Sahorta, Samu, Pesco e Miguel. Tamén: Yeray, Lois e Raúl.
  • Gooles: 0-1, m.30: Íker; 0-2, m.52: Pesco; 0-3, m.57: Pesco; 1-3, m.71: Gora; 1-4,m .73: Pesco; 1-5, m.85: Miguel Verán.

Bo partido dun Montelouro que barriu do partido ao Laxe. A primeira metade foi claramente do cadro visitante que deixou resolto o choque cos dous tantos seguidos de Pesco (que asinou un triplete) á volta do descanso.

 

Outes - Seaia (2-0)

  • Outes: Pouso, Alvarito, Pablo, Simón, Jura, Martín, Babu, Iván, Róber, Eloy e Santi,. Tamén xogaron: Nico, Joel, David, Saul e Ángel.
  • Seaia: Che, Parga, Vistas, Iván, Sergi (Fabián, m.60), Dima, Míchel, Loureiro, Cristian, Martínez e Pablo.
  • Goles: 1-0, m.23: Eloy; 2-0, m.40: Santi.

Outes-Seaia no Cunchido

Partido dominando por un Outes que estivo mellor sobre todo nunha primeira metade na que soubo aproveitar os erros da defensa dos de Da Silva. O cadro de Miguel Ramos colocábase co 2-0 ao descanso, xusto cando mellor estaba un Seaia xa ben colocado atrás e que intentaba presionar a saída do balón.

Pouco fútbol na segunda metade cun Seaia mellor posicionado, que puido recurtar por medio de Pablo a pase de Martínez. Gran actuación de Che na meta malpicá e bo papel dos xuvenís Cristian e Fabián.

Banco do OutesAlex Pouso, meta dos da Serra

Ameixenda - Camariñas (0-3)

11 do Ameixenda ante o Camarinas

  • Ameixenda: Bicho, Esteban, Ariel, Santi Carro, Marlown, José Ángel, Susiño, Gabriel, Adrián, Javichu, Ezequiel. Tamén: Nico; Alexandre, Pablo.
  • Camariñas: Josel, Soule, Rodri, Carlos, Miki, Javi Antelo, Pablo, Nico, Roi, Brandon e Nazo. Tamén: Pablo, Moriño, Brais, Jesús e Joseba.
  • Goles: 0-1 m.33: Doule; 0-2, m.40: Brandon; 0-3, m.46: Brandon.

Partido que se presentaba complicado para o Ameixenda, xa que, o feito de recibir o lider, xuntábase a baixa de última hora de Rubén, e tuvo que poñerse Bicho de porteiro. Na primeira parte o Camariñas dominaba o partido pero sen ter demasiadas ocasións claras de gol. O Ameixenda non concedía erros, ata que é media hora, e cando partido estaba nunha fase bastante tranquila un mal despexe permítelle a Souleymane entrar co balón na área pequena e marcar o 1-0. Pouco despois, Brandon aproveita un rexeite e dende uns 20 metros mete o balón na escadra de Bicho.

E si algunha posibilidade podía ter o Ameixenda de meterse no partido, esta desaparecíu no primeiro minuto do segundo tempo. E outra vez un erro defensivo por querer regatear dentro da área. Nestas categorías os erros penalizan moito, e darlle tres oportunidades así a un rival xa de por sí superior, significa perder seguro.

 

Comentarios