3ª Galicia: Coristanco, Castriz e Cabana poñen a directa

13:51 28/01/19

Sporting Seaia CF 0 – 2 Outes FC
Sporting Seaia CF: Recarey, Parga (Quintas m.65), Canario (Ramón m.60), Jorge, Chols, David, Dímaga, Toni (Uru m.55), Jony (Christopher m.73), Curí (Mara m.46) e Pablo. Outes FC: Antón, Babu, Chía (Saúl m.76), Joel Lariño (Jura m.70), Martín, Santi (Sergio m.67), Paullo, Joel Fondo (Álvaro m.79), Simón, Eloy e Kin. Goles: 0-1 m.8: Santi; 0-2 m.28: Parga en propia porta. Sporting Seaia e Outes disputaron un partido igualado no que houbo ocasións para ambos conxuntos e xa no minuto 5, chegaría o primeiro gol e sería obra de Jony, pero sería anulado por fóra de xogo. E do posible 1-0 pasaríase ao 0-1 despois de que Santi superase a Recarey. A igualdade foi a tónica predominante pero o acerto do Outes de cara a cara foi o que decantou o encontro, o cal collería cor branquinegra despois do segundo gol dos visitantes que chegaría nunha xogada desafortunada para os locais, na que Parga introduciría o balón na súa propia portería. Os malpicáns tiveron unha gran oportunidade para meterse no partido cun penalti pero non era o día do Sporting Seaia de cara a gol e errarían o lanzamento dende os once metros, polo que se chegaría ao remate do encontro co resultado de 0-2.UD Corcubión 1 – 2 Camariñas FC
UD Corcubión: Marcos, Eva, Mario, Pablo, Ángel (Diego m.89), Chiru, Lema, Álex (Martín m.68), Rodri, Lagoa (Abe m.79), Tito (Álex Agulleiro m.60). Camariñas FC: Pablo, Rodri, Raúl, Óliver, Moriño, Brais (Manuel m.60), Djibi (Andrés m.89), Miki, Nico, Paco, Joseba (Adrián m.55). Goles: 0-1 m.66: Djibi (p); 1-1 m.67: Álex Agulleiro; 1-2 m.80: En propia porta. Partido competido e tenso, cunha primeira metade na que as defensas estiveron máis acertadas que os ataques. Xa na segunda parte, adiantaríase o Camariñas de penalti e na seguinte xogada empataría o Corcubión por medio de Álex Agulleiro cun balón á espalda da defensa. Gozaría de boas oportunidades o equipo local para poñerse por diante, pero nunha falta lateral chegaría o segundo gol do Camariñas grazas a un rebote que meten os locais na súa propia propia meta. Tras isto, o Corcubión apretou ata o final, mais o resultado non se movería.CF Porteño 1 – 0 Castrelo FC
CF Porteño: Josiño, Oli, Manoliño, Pejo, Vicente, Cousillas, Ángel, Jorgito (Porto m.63), Javi, Roi (Luis m.75), Nazo (Cachi m.86).
SD Laxe 0 – 3 SD Castriz
SD Laxe: Eloy, Iván, Borja, Felipe, Andrés, Elías Galeano (Dani Pose m.36), Adrián Lema, Ruso (Zúrich m.89), Elías Santiago, Djamel e Bieito. SD Castriz: Álvaro, Adrián, Bruno, Steven, Xaco (Doriño m.46), Chapu (Chiki m.62)(Iván m.79), Balsa, Martín Gemelo, Álex, Robi e Sebas. Goles: 0-1 m.60: un defensa laxeiro en propia porta tras colar pola escuadra un despexe coa cabaeza; 0-2 m.70: Sebas; 0-3 m.89: Iván. Partido de moitas interrupcións tanto por faltas como por lesións. A pesares disto, na primeira metade, o Castriz tivo varias oportunidades para adiantarse no marcador pero non acertou. O Castriz estaba sendo superior pero o Laxe aguantaba bastante ben as embestidas. Nada máis voltar dos vestiarios, chegaba o gol en propia meta, e pouco despois Sebas daríalle tranquilidade aos seus cun novo gol e xa co tempo cumprido, Iván facía o definitivo 0-3 co que rematou o encontro.Cabana SD 9 – 1 SD Camelle

As Baleas FS 0 – 4 SD Coristanco
As Baleas FS: Carlos, Brais (Juan m.38), Brian (José m.76), Bieito, Diego, Casachoa (Ismael m.68), Jesús, Daniel (Nico m.46), Álvaro e Chapu. SD Coristanco: Diego Mallo, Sergio, Mato, Lagoa (Rubio m.65), Pazos, Samuel, Javi, Dani Vázquez (Torres m.70), Erre, Corral e Álex.