Sábado. 18.05.2024
El tiempo

3ª Galicia: O Coristanco sae beneficiado da xornada a pesares de descansar

11 inicial do Castrelo nas Redondas ante o Cabana
11 inicial do Castrelo nas Redondas ante o Cabana
3ª Galicia: O Coristanco sae beneficiado da xornada a pesares de descansar

Na xornada de descanso do Coristanco, o seu máximo perseguidor, o Cabana, non foi quen de pasar do empate ante o Castrelo e queda a sete puntos do líder, ao igual que un Castriz que “abusou” dun As Baleas que segue acusando as baixas e os inconvenientes que lle xurden en cada partido.

Pola súa banda, un Porteño que rematou con oito xogadores logrou unha vitoria in extremis ante o Outes cun gol de Nazo no minuto 96. Mentres tanto, o Laxe remontou un 0-2 ante o Camariñas para seguir soñando con esa ansiada promoción e o Nantón fixo o propio que os laxenses pero ante o Camelle.

E como de remontadas foi a cousa, nesta xornada, o Sporting Seaia tamén levantaría un resultado adverso no Novo Cubaleiro para superar ao Corcubión.

UD Corcubión 1 – 2 Sporting Seaia CF

UD Corcubión: Beto, Eva, Mario, Oca, Ángel, Chiru, Lema (Martín m.23), Álex, Rodri (Rubén m.72), Lagoa e Álex Agulleiro (Diego m.58).

Sporting Seaia CF: Recarey, Tony, David (Christopher m.75), Iván, Dímaga, Pablo, Chols, Parga, Curí (Ramón m.63), Vistas e Jorge.

Goles: 1-0 m.51: Álex Agulleiro; 1-1 m.75: Ramón; 1-2 m.87: Chols.

Partido moi marcado polo vento e que tivo unha primeira parte de ida e volta na que calquera pudo poñerse por diante, pero que finalmente remataría co empate inicial.

Xa nos instantes iniciais da segunda metade, o Corcubión adiantaríase por medio de Álex Agulleiro. Pero o Sporting Seaia non se veu abaixo e reaccionaría para facer a igualada cun cabezazo de Ramón á saída dunha falta lateral.

Tras isto, o partido puido caer para calquera dos dous lados, pero Chols daríalle a vitoria aos malpicáns logo de materializar unha contra.

CF Porteño 4 – 3 Outes FC

CF Porteño: Jimmy, Oli (Mario m.55), Caamaño, Manoliño, Pejo, Cousillas (Rodri m.70), Ángel, Cachi (Pepe Wii m.46), Vicente, Roi e Nazo.

11 inicial do Porteño ante o Outes na Grixa

Outes FC: Antón, Álvaro, Babu (Kin m.53), Chía (Saúl m.83), Martín, Eloy (Joel m.71), Santi (Fabio m.83), Sergio, Jura, Simón e Paullo.

Goles: 0-1 m.6: Santi; 0-2 m.24: Eloy; 1-2 m.43: Manoliño; 2-2 m.71: Pepe Wii (p); 2-3 m.82: Santi; 3-3 m.86: Pepe Wii; 4-3 m.96: Nazo.

Expulsións: Os locais Roi, Caamaño e Manoliño no minuto 59, e tamén o adestrador do Porteño, Varela, no 98, todos eles con cartón vermello directo.

O vivido na Grixa foi un partido raro á par de tolo dos que poucos quedan. Na primeira parte, o Porteño foi de menos a máis pero parecía que o Outes tiña unha marcha mais e de aí que  lle complicasen e moito o partido aos locais cos goles de Santi e Eloy.

Pero cando parecía que ambos conxuntos ían poñer rumbo aos vestiarios co 0-2 no marcador, Manoliño recortaría distancias no marcador cun golazo de falta.

No comezo da segunda metade, as cousas poñíanselle moi costa arriba aos locais, despois de que fosen expulsados Roi, Caamaño e Manoliño cando corría o minuto 59 de partido. Pero o Porteño faría o máis difícil e lograría empatar cun penalti que transformaría Pepe Wii.

O que se viviu na Grixa a raíz deste gol foi indescriptible xa que o Outes volvería a poñerse por diante por medio de Santi. Pero os locais non desisitirían no seu empeño e un vello rockeiro que non se farta de marcar goles, como é Pepe Wii, sacou a escadra e o cartabón para poñer unha falta no ángulo da portería visitante e devolver as táboas ao marcador.

E cando pasaban varios minutos do tempo regulamentario, Nazo faría un bonito gol para completar a heroica dun Porteño que logrou unha meritoria vitoria a pesares de xogar con 8 xogadores durante máis de media hora.

Porteño CF - Outes FC

SD Laxe 5 – 2 Camariñas FC

SD Laxe: Eloy Borja, Jacinto, Felipe, Andrés, Adrián Lema (Elías Galeano m.92), Dani Pose (Zúrich m.46), Ruso (Iván m.61), Elías Santiago (Adrián Pasantes m.46), Djamel e Bieito.

Camariñas FC: Pablo, Juan (Mario m.19), Rodri, Raúl, Brais, Moriño, Miki, Adrián, Anxo (Paco m.53), Joseba e Óliver.

Goles: 0-1 m.13: Adrián; 0-2 m.35: Óliver; 1-2 m.47: Bieito; 2-2 m.56: Adrián Lema; 3-2 m.63: Felipe; 4-2 m.97: Adrián Pasantes; 5-2 m.98: Bieito.

Expulsión: O laxense Andrés por dobre amonestación no minuto 88.

Houbo dous encontros nun, xa que o Laxe fixo a súa peor primeira metade no que vai de liga, algo que aproveitaría o Camariñas para chegar ao descanso cun 0-2 que puido ser moito maior.

O paso polos vestiarios fíxolle moito ben ao equipo de Ordóñez, o cal tirou de garra e orgullo para darlle a volta ao marcador.

Xa no tramo final e co 3-2 no electrónico, os locais quedarían cun home menos, circunstancia que aproveitaría o Camariñas para presionar ao rival en busca do empate.

Pero nos últimos minutos, Adrián Pasantes e Bieito lograrían sentenciar o partido co definitivo 5-2.

Cabana SD 2 – 2 CF Castrelo

Cabana SD - CF Castrelo

Cabana SD: Darío, Ismael (Fernando m.68), Raúl, Pipa, David, Dani (Álex m.60), Iván, Manolo (Samuel m.89), Manuel, Aarón, Nando (Cacha m.50).

CF Castrelo: Carreira, Stiven, Estebo (Iván m.62), Mario, Luis, Chans, Dani Picallo, Maikol, Cacu (Félix m.83), Darío e Quintelo.

Goles: 0-1 m.41: Luis; 1-1 m.72: Iván; 1-2 m.81: Cacu; 2-2 m.90: Iván (p).

Expulsión: O adestrador visitante Antelo no minuto 90.

Encontro no que o Cabana non tivo moi intenso e no que o Castrelo lle gañou aos locais nas ganas de sumar os tres puntos.

Os de Pablo Rodríguez e Fernando Mato estiveron moi espesos co balón e nas ocasións que tiveron, os cabaneses non estarían acertados ou respondería ben David Carreira.

Antes do tempo de lecer, Luis adiantaría aos vimianceses co 0-1.

Na segunda metade, o fútbol continuaría brillando pola súa ausencia nas Redondas aínda que Iván devolvería as táboas ao marcador. Pero pouco despois, Cacu aproveitaría un novo erro defensivo do Cabana para poñer por diante de novo ao Castrelo.

A partir dese momento, os locais buscarían o empate colgando constantes balóns sobre á área e nunha desas accións, Raúl caería na áera e o colexiado sinalaría un penalti protestado que transformaría Iván no definitivo 2-2.

As Baleas FS 0 – 12 SD Castriz

As Baleas FS: Carlos, Juan Pasantes (Dani m.25), Brian, Marcos (Isma m.14), Juan Lado, Nico, Álvaro, Chapu, Bieito, Casachoa e José.

SD Castriz: Alvarito, Toniño, Carlos, Adrián, Steven, Mauri, Iván (Kevin m.53), Balsa (Martín Negreira m.56), Martín Gemelo (Cambón m.53), Robi (Chapu m.49) e Sebas.

Goles: 0-1 m.16: Sebas; 0-2 m.40: Robi; 0-3 m.45: Sebas; 0-4 m.66: Cambón; 0-5 m.69: Sebas; 0-6 m.71: Sebas; 0-7 m.78: Sebas; 0-8 m.81: Sebas; 0-9 m.82: Sebas; 0-10 m.83: Sebas; 0-11 m.84: Sebas; 0-12 m.88: Sebas.

Partido tras partido, As Baleas seguen acusando as numerosas baixas que arrastra e a iso súmanse as que vai acumulando en cada encontro. No duelo ante o Castriz, os camariñáns víronse obrigados a realizar dous cambios nos primeiros minutos e aínda así, remataría con nove por lesións nun partido no que os rossoneros non tiveron piedade co rival e acabarían goleando 0-12.

CD Nantón 4 – 1 SD Camelle

CD Nantón: José Manuel (Guille m.25), Fran, Costiña, Martín, Efe, Santi, Pablo Fuentes (Javi m.75), Juanciño, Pastor (Cachopo m.73), Fabio (David m.65), Cristian (Iván m.46).

SD Camelle: Roi, Chuco, Snacky, Rodri, Pablo, Tedín (David Camariñas m.68), Barreiro (David Vázquez m.72), Miguel Riveiro, Jati, Carlos de Dido e Vieites.

Goles: 0-1 m.43: Jati; 1-1 m.57: Fabio; 2-1 m.62: Pastor; 3-1 m.69: Santi; 4-1 m.71: Iván.

Expulsión: O camellán Jati no minuto 75 con cartón vermello.

Encontro no que o Camelle estivo mellor na primeira metade, aínda que o Nantón tamén dispuxo das súas, os camelláns crearon máis chegadas con perigo á espalda da defensa.

A nota negativa foi a substitución de Jose Manuel ós 25 minutos, por un choque do que sairía co nariz fracturado. Antes do descanso, adiantábase o Camelle facendo Jati o 0-1 nun man a man resolto ante Guille.

Pero á volta do vestiarios, saíu ao campo un Camelle totalmente descoñecido e o Nantón ía facendo goles case en cada chegada á área contraria. Primeiro Fabio empataba o encontro aos doce minutos da reanudación e cinco minutos despois, Pastor dalle a volta ao marcador facendo o 2-1. O terceiro gol do Nantón sería obra de Santi e Iván firmaría o 4-1 final.

Comentarios