Sábado. 20.04.2024
El tiempo

3ª Galicia: Escapa o Porteño mentres Baíñas, Zas e Buño empatan

Zas-Bainas-Foto-Noe Tourinan
Imaxe do partidazo de San Andrés.Foto-Noe Touriñán
3ª Galicia: Escapa o Porteño mentres Baíñas, Zas e Buño empatan

Vitoria do líder, o Porteño, ante un bo Lira, que lle permite estirar a súa vantaxe sobre o segundo grupo. Zas e Baíñas deixábanse dous puntos cada un nun dos partidazos da xornada; e tampouco pasaba do empate o Buño ante un peleón Camelle, que foi capaz de recortar en Xaviña mesmo estando 45 minutos cun home menos e un xogador de campo baixo paus.

 

Seaia - Laxe (1-5)

  • Seaia: Anxo, Anxo, Joser, David, Iván Rod., Sergio, Pablo, Luisma, Alex Mato, Juni, Piña. Tamén: Diego, Mario, Raúl Riegía, Añón e Suárez.
  • Laxe: Jacobo, Mikel, Cebey, Pombo, Jacinto, Pablo, Gora, Iago Torres, Álex, Miguel Torres, Santi Casás. Tamén: Rubén, Jorge, José Ángel, Felipiño, Jesús.
  • Goles: 0-1, m.2: Miguel Torres de penalti; 0-2, m.15: Miguel Torres nunha contra que levou por Yago e Álex; 1-2, m.24: de centro chut que se envelena; 1-3, m.35: Santi Casás; 1-4, m.82: Miguel Torres; 1-5, m.86: Miguel Torres.

Aproveitou o vento a favor o cadro de Lilo ao comezo do partido, xogando con criterio e chegando a liña de fondo. Un penalti, por mans, e unha xogada permitían a Miguel Torres facer dous tantos moi prematuros que marcaron o devir o partido. Púxose o partido de cara para o Laxe, que soubo manter os tempos. Pero un centro chut envelenábase e se colou a Jacobo para que o Seaia recurtaba.
Eran momentos nos que o empate estaba no aire, pero o Laxe tivo sorte de novo e volvía ampliar a renda antes do descanso.

Na segunda o partido seguía espeso, cun Seaia que se podía meter de cheo en calquera momento, ata que o Laxe sentenciou no treito final.

 

Castrelo - Pereiriña (2-4)

  • Castrelo: Martín, Gustavo (Miguel, m.75), Canoas, Oli, Estebo (Pichón, m.75), David (Conde, m.80), Chans, Peke, Picallo (Pereira, m.65), Guillin e Rubén.
  • Pereiriña: Isma Antelo, Grille, Soneira, Diego Oca, Adrián Ozón, Carlos Leis, Rodri, Fabián, Brais Lagoa e Tito. Tamén: Esteban, Saulo, Carlos Antelo, Martín e Kevin.
  • Goles: 1-0, m.4: Rubén pica por riba do meta visitante tras un bo pase de David; 2-0, m.28: en propia; 2-1, m.46: Fabián; 2-2, m.57: Carlos Antelo; 2-3, m.70: Fabián; 2-4, m.90: Martín.

Partido marcado pola chuvia, que convertiu o municipal vimiancés nunha auténtica piscina, á que se adaptou moito mellor o cadro local, máis acostumando a buscar balóns en longo. Pronto marcaba Rubén tras un pase longo de David. Á media hora marcaría de novo o equipo de Ordóñez, tras unha boa xogada entre Rubén e Guillín que remachou a gol un defensa ceense cando trataba de despexar. Pediu penalti o Castrelo pero o colexiado pitou falta fóra de área

A piques estivo de suspender o choque o colexiado, pero parou de chover, saíu o sol e o Pereiriña relucíu. Gracias á boa drenaxe do campo, puido combinar e ir facendo dano. Xa se metía no partido ao primeiro minuto, con 3 arriba, e un tanto de Fabián. Empataban pronto, e durante 10 minutos o partido puido caer de calquera dos dous lados, con chegadas a unha e outra área. Pero a incercia era favorable aos de Emilio Corzón que se volvían adiantar. Aínda tivo arrestos o Castrelo de cambiar sistema e buscar o empate, pero xa no último minuto sentenciaba o Pereiriña.

 

Buño - Camelle (2-2)

  • Buño: Darío (Xurxo, m.12), Suárez, Martín, Miguel Dourado, Iván Rod., Eloy Suárez, Fran, Luis Miguel, Omar e Sergio Bastón. Tamén: Sergio Anido, Javi Facal, Adrián Pose e Juan Antelo.
  • Camelle: David, David Vázquez, Dido, Ruso (Martín), Quintelo, Makareno (Piquero), Estiben, Chori (Marcote), Rodri, Mario (Carlos) e Adrián (Sergio).
  • Goles: 1-0, m.20: Bastón a centro de Luís Miguel; 1-1, m.42: Sergio marcou no man a man con Xurxo; 2-1, m.45: Bastón de penalti; 2-2, m.70: Rodri.

Outro partido moi marcado polo estado do terreno de xogo de Xaviña, impractibale con tanta auga. Empezou mellor o Buño, que non estivo nunca cómodo polo campo e polo correoso cadro de Sergio. Abriu o partido Bastón, pero o partido non acababa de arrincar, polos continuos paróns provocados polas lesións, cambios… Chegando ao descanso, nunha contra Sergio acadaba o empate, pero practicamente na seguinte acción e sobre o silvato, nunha xogada de Eloy, regatea o porteiro, que lle fai penalti e sae expulsado. Marca Bastón, 2-1 para o Buño e o Camelle cun home menos para toda a segunda metade.

Non se descompuxo o Camelle, que soubo manter gardada a meta agora defendida por Dido durante toda a segunda metade. O Camelle intentouno máis ante un equipo de José Caravel que non estivo cómodo en ningún momento. Empataba Rodri, cun golpeo de voleas tras un despexe nun córner. E o partido volveuse un ida e volta. O Buño, con máis corazón de cabeza, intentaba chegar pero só tivo unha falta alta de Bastón e un posible penalti sobre Luís MIguel, que ademais salvaba ben Dido.

 

Porteño - Lira (3-1)

  • Porteño: Jose, Vicente, Pejo, Yerai, Manoliño, Ángel, Juan oVello, Nico, Alan, Lucas e Carrabete. Tamén xogaron: Rodri, Porto, Joseba e Martín.
  • Lira: Balayo, Raúl, Cartamil, Isaac, Ángel Golpes, Ramon, Mijeliño, Gabri Golpes, Lucas, Ángel e Rubén. Tamén: Pablo, Santi, Saul e Alexis.
  • Goles: 1-0, m.10: Lucas tras un balón que lle bota e lle pasa por riba a Balayo; 2-0, m.12: Carrabete marca poñendo o corpo a un despexe de Golpes; 3-0, m.40: Alan tras un regalo no despexe da defensa; 3-1, m.60: Pablo.

Encarrilou pronto o líder o choque, tras meter, nun alarde de eficacia, 3 tantos na primeira metade, a pesar de non haber chegadas claras.

Apretou o equipo de Gabri Sil na segunda, e se metía no partido por medio de Pablo. Adiantaban liñas e tiveron algunha chegada pero tamén deixaban ocos que o Porteño puido ter aproveitado á contra para ampliar a vantaxe.

 

Zas - Baíñas (2-2)

11 do Sporting Zas-Foto-Noe Tourinan
11 do Sporting Zas-Foto-Noe Touriñán
  • Zas: Pereiras, Dario, Pablo Fuentes, Pablo Pardiñas, Juan, Anxo, Manu, Adrián, Brais, Dani Mato e Álvaro. Tamén xogaron: Álvaro, Iván e Jose.
11 do CD Bainas en San Andres-Foto-Noe Tourinan
11 do CD Baiñas en San Andres-Foto-Noe Touriñán
  • Baíñas: Joel, Carlos, Maikol, Hermida, Raúl, Ruli, Cristian, Borja, Adrián, Esteban e Kevin. Tamén xogaron: Oreiro, Aníbal e Samuel Quintáns.
  • Goles: 0-1, m.1: Cristian Canosa tras unha boa internada por banda; 0-2, m.3: Esteban marca un golazo dende 30 metros; 1-2, m.12: Dani Mato; 2-2, m.92: Dani Mato.

Partidazo en San Andrés entre dous dos aspirantes a todo. Saía o Baíñas con todo, e aproveitaba a dúas primeiras chegadas para poñerse 0-2. Era o plan de Roski, que cedeu o control do balón e fixaba atrás. Pero estiveron algo brandos atrás os vimianceses e permitiron que o Zas se volvese a meter pronto no choque cun tanto de Dani Mato ao cuarto de hora, tras un balón de Adrián ás costas da defensa.
Tiveron os vimianceses varias saídas á contra, pero Pereiras salvaba un par de mans a mans con Kevin e Ruli. Eran bos minutos, con todo, dos de Martín, pero con conseguíron o empate.

Zas-Bainas-Foto-Noe Tourinan2
Foto-Noe Touriñán

Volveu saír o equipo local mandón, pero á contra o Baíñas facía dano, e se Javi Oreiro fixo lucirse de novo a Pereiras, Aníbal mandou a picada alta nun man a man. Pasaban os minutos e o partido foise volvéndose máis bronco, habendo mesmo unha tangana que provocou ata 4 expulsados (os irmáns Manu e Fuentes por bando local, e Cristian Canosa e Raúl polo visitante).

Tivo fe o Zas, que xa no descontísimo, Dani Mato rematou e coa axuda dun defensa remachaba a gol, mentres os visitantes pedían falta previa do dianteiro.

 

Ameixenda - Nantón (1-5)

11 do Ameixenda
11 do Ameixenda
  • Ameixenda: Rivers (Costa, m.46), Juan (Dani, m.46), Lagoa, Chapu, Torices, Esteban, Pablo, Andrés, Cristian, Kris e Damián.
  • Nantón: Guille, Fran, Xoel, Eloy, Fariña, Martín, Cristian, Tato, Dani Bardanca, Iván Moreira e Pastor. Tamén; Márquez, Fachal, Fuentes e Muíño.
  • Goles: 0-1, m.2: Iván Moreira nunha das súas típicas carreiras por banda; 0-2, m.20: Fran nunha das súas características faltas dende a frontal; 0-3, m.30: Pastor tras un saque rápido de falta e un bo pase de Iván; 1-3, m.60: Kris; 1-4, m.74: Márquez, 1-5, m.90: Iván Moreira.

Empezaron despistados e sen tensión os xogadores do Ameixenda e na primeira chegada o Nantón xa marcou Iván Moreira cando ainda non iban nin dous minutos de xogo. Pouca contundencia defensiva dos locais e por non despexar de primeiras, propiciou unha falta ao borde da área grande. Fran non perdoa a balón parado.

O Ameixenda tamén tivo algunha ocasión clara, como unha de Pablo que só diante do porteiro leouse sen poder tirar a portería. Á media hora, Pastor aproveita un despiste local tras unha falta rápida botada polos cabaneses para deixar o 3-0 ao descanso.

No segundo tempo o Ameixenda saíu con outra actitude, tendo o balón e facendo varias ocasións de gol, como as de Kris, Damián ou Andrés, e o gol chegou nun balón en profundidade a Kris que superou a Guillermo. Eran os mellores momentos do Ameixenda pero non foi quen de marcar o segundo e ter opcións de puntuar. Pouco despois Márquez aproveitaba un contragolpe para facer o 1-4 que xa parecía decidir o partido.

 

Xallas B - Malpica (4-1)

  • Xallas B: Fabián; Becerra, Alonso, Jota, Adrián Forján, Adrián Couto, Nando, Doro, Castro, Steven, Suárez. Tamén: Álex Barbeira, Iván García, Julián, Dani Barbeira e Bryan.
  • Malpica: Lamas, Simón, Jorge Groufo. Cabeza, Periscal, Baye, Sergio Negreira, Rafa Hombre, Arcay, Loureiro, Jorge Parga.
  • Goles: 1-0, m.6: Jota de penalti; 2-0, m.9: Adrián Roján dende a frontal; 2-1, m.45: Rafa; 3-1, m.90: Bryan; 4-1, m.92: Jota de penalti.

Xallas B

Aguantou o Malpica a pesar de meterse 2-0 abaixo en apenas 10 minutos. Non se veu abaixo como noutros partidos o equipo de Jorge Calvete e o gol de Rafa ao fío do descanso deixaba o partido aberto.
Foi unha segunda de total incerteza, co cadro xalleiro puidendo sentenciar á contra e o Malpica achegándose por área local. E non foi ata o desconto, cando o colexiado sinalaba outra pena máxima que permitía ao filial xalleiro sentenciar.

 

Máis crónicas da 3ª Galicia

As táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios