Mércores. 24.04.2024
El tiempo

3ª Galicia: A igualdade reina no comezo da segunda volta

Porteno-Seaia na Grixa
Imaxe dun partido da Grixa
3ª Galicia: A igualdade reina no comezo da segunda volta

O sábado disputábanse os dous partidos do Grupo A., con vitoria, previo pasillo ao campión da primeira fase, do Corcubión ante o Seaia. O Camelle vencía tamén o duelo ante o Castrelo.

Para o domingo quedou a sufrida vitoria do Porteño ante o Pereiriña,

2ª Fase, Gr.A., xornada 1

Corcubión - Seaia (1-0)

  • Corcubión: Marcos, Eli, Pablo, Mario, Rubén, Gorka, Tano, Iago, Martín, César e Lu. Tamén Eva, Joaquín e Nacho.
  • Seaia: Anxo, Anxo, Iván, Añón, Luisma, Diego, Raúl, Juni, Fabiçan, Mario e Martín Costa. Tamén: Jorge Parga, Isaac, Joel, Adri Parga e Jose.
  • Gol: 1-0, m.13: Lu.

Partido de dominio alterno entre os dous equipos con algunha ocasión máis para os locais, ademais do gol da vitoria, que chegaría moi pronto cun potente zurdazo de Lu desde dentro da área. Pouco despois, anularianlle outro gol ó Corcubión por unha suposta falta na área.

Na segunda chegaron ocasións por los dous bandos, cun cadro malpicán que se envorcou sebre a meta de Marcos, pero sen acerto.

Camelle - Castrelo (2-1)

  • Camelle: David Caamaño, Ruso (Vimka, m.81), Snaky (Maka, m.44), Pablo, Martín (Dido, m.55), David Vázquez, Marcote (Adrián, m.65), Rodri (Carlos, m.85), David Vieites, Felipe e Riveiro.
  • Castrelo: Agus, Adrián Conde, Estebo, Luís Roget, Dani Picallo, Félix, Miguel, Sebas, Gus, Esteban e Samel. Tamén: Costa.
  • Goles: 1-0, m.18: David Vázquez; 1-1, m.30: Samuel; 2-1, m.79: Adrián.

Defendiose ven o Castrelo que puxo a cara a vitoria no Rodeiro. E iso que se adiantaba pronto o cadro de Ordóñez e tivo algunha para ampliar a renda. Aguantou as embestidas o cadro vimiancés, que pouco a pouco se foi estirando e acabou empatando antes do descanso.

Na segunda, o dominio era local, pero non acaban de ter ocasións claras. Cando empezaban as presas Adrián conseguía marcar o gol da vitoria.

2ª Fase, Gr.B., xornada 1

Porteño - Pereiriña (1-0)

  • Porteño: José, Porto, Yerai, Ángel, Manoliño, Kevin, Juan oVello, Marcos, Edgar (Brais, m.75), Alan e Martín (Kevin, m.90)
  • Pereiriña: Isma, Alex Agulleiro, Ézara, Rubén Yaya, Esteban Sendón, Fabián, Esteban Lema, Chiru, Carlos Leis, Grille e Kevin. Tamén: Rodri, Isma Graíño.
  • Gol: 1-0, m.70: Alan de penalti.

Partido complicado, cun Pereiriña que estivo mellor na primeira metade na que se puido meter por diante en varias ocasións, sobre todo nun man a man que salvou Jose.

No segundo tempo apretaron os de Cousillas, que foron polo partido, e aproveitaron a expulsión de Rubén Yaya, que foi clave para o devir do choque. Conseguía marcar Alan, pero noss últimos 10 minutos o Pereiriña envorcouse arriba e colgaron balóns e puxeron en apretos a vitoria local, obrigando ao Porteño a acabar pedindo o final.

Ameixenda - Laxe (1-2)

  • Ameixenda: Rivers, Pablo, Chapu, Sambade, Kamacho, Bichinho, Chucho (Alexis), Felipe (Iván), Pikero, Cristian e Saulo.
  • Laxe: Eloy, Christian, Jacinto, Joao, Romero, Sergio, Sati Casás, Bieito, Carrabete, Felipe e Óscar Toja. Tamén: Jacobo, Cedrón, Aarón e Danilo.
  • Goles: 0-1, m.33: Óscar Toja; 0-2, m.70: Carrabete; 1-2, m.77: Bichiño.

Igualdade todo o partido, con dous equipos con boa actitude, e dentro da igualdade o Laxe estivo algo mellor no primeiro tempo e o Ameixenda no segundo. As mellores ocasións foron do cadro de Calipo, cun Felipe tremendamente enchufado, pero Rivers estivo moi acertado en varios mans a man. O Ameixenda, que volvía ter a ter moitas baixas, puido recurtar pero desta volta non mereceu o empate.

 

As táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios