3ª Galicia: Laxe e Porteño asinaron táboas no partidazo da xornada

Deixouse ver a diferencia xa marcada na primeira fase entre os de arriba e os de abaixo nesta 2ª xornada da fase de ascenso. 3 claras goleadas e só un empate, o vivido no Rogelio-Cabo Darea nun partirazo, dos mellores do curso, entre o Laxe e todo un Porteño, que demostra que o cadro laxeiro é o único que pode competir man a man cos de arriba.
Gr.A, xornada 2
Xallas - Camelle (7-0)
- Xallas: Álex Barbeira, Becerra, Michu, Sande, Jota; García, Steven, Geli, Nando, Doriño, e Sergio Barbeira
- Camelle: David Caamaño; Ruso (Vimka, m.70), Marcote (Maka, m.68), Pablo, David Vieites, David Vázquez, Felipe, Dido, Riveiro, Rodri (Chori, m.82) e Adrián (Martín, m.75).
- Goles: 1-0, m.36: Sergio Barbeira de penalti por mans; 2-0, m.43: Rubén Sande define de fermosa vaselina; 3-0, m.65: Sergio Barbeira; 4-0, m.71: Steven; 5-0, m.55: Sergio Barbeira; 6-0, m.83: Sergio Barbeira; 7-0, m.88: Steven.
35 minutos durou o partido, cun Camelle ben plantado atrás, que facía que o Xallas non lograse conectar por dentro. Pero Rubén e Bruno comezaron a entrar por banda a facer dano. Así chegaba o penalti que abría o marcador. Doiu moito o segundo gol, ao fío do descanso, de Rubén Sande, nunha xogada na que os camelláns pedían fóra de xogo.
E na segunda non houbo cor, cun Sergio Barbeira en estado de gracia con 4 tantos e dúas asistencias.
Castrelo - Corcubión (0-4)
- Castrelo: Agustín, Domingo, Adri Conde, Estebo, Iván Chans, Dani Picallo, Miguel, Sebas, Gus, Esteban e Sergio. Tamén: Costa, Luís Roget, Regueira, Roi e Samu Trillo.
- Corcubión: Marcos, Mario, Pablo, Nacho, Rubén, Gorka, Adri, Iago, Eva, Martín e César. Tamén Tano, Joaquín, Tono e Tori.
- Goles: 0-1, m.40: Mario de penalti; 0-2, m.50: César; 0-3, m.83: Tano; 0-4, m.85: César.
Primeira metade de ritmo lento, cun Castrelo replegado e buscando as contras e un Corcubión dominando o xogo pero sen crear excesivas oportunidades claras de gol. Ao borde do descanso, un penalti sobre César o convertía Mario para darlle ventaxa ós visitantes.
Na segunda metade o equipo local estirou liñas, o que aproveitou o equipo corcubionés, que levou o perigo sobre a meta local insistentemente. Dous golazos de César e Tano sentenciaban o encontro. Máis tarde, de novo César faría o definitivo 0-4.
Gr.B, xornada 2
Oza - Ameixenda (6-0)
- Oza: Nacho, Vila, Iago, Alex Vázquez, Alberto (Josiño, m.68), Puente (Gonzalo, m.73), Pace (Brais, m.46), Alex López, Carlos, David Lp (David Efe, m.85) e Suso.
- Ameixenda: Rivers, Iván, Bichinho, Sambade, Pablo, Cristian, Alexis, Kamacho, Galindo, Martín e Saulo.
- Goles: 1-0, m.2: Pace; 2-0, m.27: Suso; 3-0, m.40: Alberto; 4-0: David LP; 5-0: Alex López; 6-0: David Efe.

De novo con 11 presentábase o Ameixenda, desta volta nas Eiroas. E pronto se aproveitou o Oza, ao aproveitar Pace un rexeite nun corner e enganchar unha volea para facer o 1-0. O Ameixenda logrou facerse co control do balón ante un Oza que saía a contra, ca tranquilidade de ter o marcador a favor, conseguindo sentenciar antes do desacnso ante a pouca contundencia defensiva dos visitantes.
Tivo varias ocasións o Ameixanda para recurtar, pero era o cadro local o que facía máis dano polas bandas, cos laterais Iago e Vilariño entrando unha e outra vez, e dando asistencias para facer o 6-0.
Estes son dous dos tantos que o Oza lle endosaba ao Ameixenda na segunda fase da 3ª Galicia do #FutboldaCosta.
— Quepasanacosta (@quepasanacosta) March 28, 2022
A crónica completa da xornada aquí: https://t.co/AZPdd5Mxrt pic.twitter.com/zjUCqRuF8k
Laxe - Porteño (2-2)
- Laxe: Eloy, Jacinto, Jorge, Ángel, Sergio, Gora, Óscar Toja, Santi Casás, Bieito, David Mohedano, Martín Carrabete. Tamén: Jacobo, Aarón, Joao, Danilo.
- Porteño: Jose, Dovao, Manoliño, Yerai Marcos, Juan, Ángel, Kevin (Borga, m.80), Edgar (Ibra, m.60), Brais (Martin min. 60) e Alan.
- Goles: 1-0, m.50: Gora nun córner; 2-0, m.55: Carrabete no man a man; 2-1, m.55: Alan aproveita un erro do meta local: 2-2, m.67: Manoliño de falta.
Fermoso partido o vivido no Rogelio Cabo da Area, vistoso, con dous equipos dándoo o todo correndo de arriba abaixo. O Laxe foi claro dominador sobre todo no primeiro tempo, ante un Porteño con moitas baixas cheo de xuvenís. Tres balóns ao pau, varios mans a man de Carrabete que savou Jose… o partido puido ir 3-0 ao descanso, se ben os de Cousillas tamén tiñan algunha ocasión.
Adiantouse o equipo de Cali nada máis saír dos vestiariosn cun tanto de Gora nun córner e un man a man no que desta vez si acerta Carrabete.
E parece que aí se confiou algo o Laxe, que deixou meterse no partido ao Porteño, tras un erro do meta local, e cun golazo de falta de Manoliño dende o lateral.
Ao final puido caer dos dous lados se ben a expulsión de Yeray permitiulle ao Laxe virse arriba, pero non conseguiron facer tanto dano como no primeiro tempo ante un Porteño que aguantou ata o final.