Martes. 05.11.2024
El tiempo

3ª Galicia: Laxe e Seaia queren engancharse

Seaia-Zas-Foto-Noe 2
Imaxe do Seaia-Zas-Foto-Noe Touriñán
3ª Galicia: Laxe e Seaia queren engancharse
A xornada da 3ª deixou un empate do Porteño na Grixa, ante un gran Pereiriña. Se ben o Baíñas non fallou e queda a 5 puntos do invicto líder, a nova está na promoción. O Buño non fallou, pero Laxe e Seaia batiron a equipos que estaban por riba deles como Camelle e Zas, e se meten de cheo na pelexa polo playoff. Non fallou tampouco o Lira, que venceu en Fontiñas e ten agora 4 puntos de marxe sobre o 7º, agora o Pereiriña.
 

Laxe - Camelle (2-0)

  • Laxe: Jacobo, Míkez, José Ángel, Pombo, Bieito, Sergio, Gora, Miguel Torres, Iago Torres, Santi Casás. Tamén: Felipiño, Fran Lema, Jorge e Camafreita.
  • Camelle: Roi, Dido, David, Quintelo, Makareno (Hucho), Estiben (Álvaro), Piquero (Mario), Marcotinho (Ruso), Mariño (Carlos), Sergio, Adrián.
  • Goles: 1-0, m.50: Iago Torres; 2-0, m.89: Miguel Torres.

Moito vento no Cabo dArea - Rogelio, nun partido con moitos paróns, no que non entraban en xogo ningún dos dous equipos, sen ben o Camelle era superior no xogo aéreo. A única boa ocasión foi de Gora, cun bo tiro que saíu lambendo o pau.

Na segunda metade, co vento a favor, o Camelle adiantou liñas, pero o Laxe, que estaba mellor colocado controlando ben atrás, buscaba saídas á contra. Iago Torres marcaba pronto nunha desas transicións. Reaccionaron os de Sergio, que tiveron 15 bos minutos tendo varas ocasións incluso un balón ao longueiro e unha que tiña que sacar a defensa local baixo paus.
O partido entraría en fase de ida e volta, e Miguel Torres tivo un par de mans a mans para sentenciar antes de facelo xa sobre o desconto. Pero sufriu o cadro de Lilo durante moitos minutos.

 

Castrelo - Malpica (3-1)

  • Castrelo: Martín, Oli (Cachi, m.46), Estebo (Ramiro, m.88), Canoas, Peke, Chans, Quilmes , David (Álvaro, m.55), Pereira (Rodrigo, m.55), Picallo (Xavi, m.70) e Rubén.
  • Malpica: Lamas, Macías, Jorge Groufo, Jorge Pombo, Aitor, Baye, Jorge Parga, Alberto Hombre, Rafa Hombre, Paco, Kevin. Tamén: Nando Cabeza.
  • Goles: 1-0, m.15: Rubén; 1-1, m.37: Alberto Hombre; 2-1, m.55: Pereira de penalti; 3-1, m.89: Rubén.

Empezaba enchufado o cadro malpicán, cun boa ocasión de Kevin que desbarata Martín. A presión alta dos de Jorge Calvete permitíalles ter ocasións como outra de Baye. O Castrelo tardou en combinar ben, ata que na primeira chegada, un tiro raso cólase por debaixo de Lamas. O gol dalles tranquilidade aos de Ordóñez, que pouco a pouco pasan a dominar, pero o Malpica non se resiste e Alberto Hombre marca un bo gol cun fortísimo disparo para empatar.
Antes do descanso, o partido comeza a quentarse, acabando cunha tangana que acaba con dous expulsados (Alberto Hombre polo Malpica e Quiles polo Castrelo).

Na segunda, seguía co mesmo guión ata que un peanti protestado polos visitantes permítelle ao Castrelo poñerse de novo por diante. Na xogada seguinte, Paco rompe fibras e os malpicáns (que viñan con 12 xogadores) quedan con 9 sobre o campo, acabando aí o partido. Só Lamas impediu que os vimianceses marcasen algún máis.

 

Ameixenda - Baíñas (2-7)

11 do Ameiexenda por ai

  • Ameixenda: Rivers, Evaristo (Pikita, m.76), Chapu (Fabián, m.50), Sambade, Sergio, Dani, Pablo, Juan Lagoa, Chucho, Juan Antonio e Torices.
  • Baíñas: Joel, Carlos, Borja, Maikol, Raúl, Aníbal, Esteban, Oreiro, Ruli, Cristian Canosa e Chipi. Tamen xogharon Héctor, Samuel, Christian Rodrígez, Samuel Quintans e Chavico.
  • Goles: 1-0, m.12: Chapu de cabeza; 1-1, m.40: Ruli; 1-2, m.50: Raúl; 1-3, m.62: Chipi; 1-4, m.66: Esteban; 1-5, m.73: Ruli; 1-6, m.79: Ruli; 2-6, m.84: Juan Antonio; 2-7, m.90: Ruli.

Moi bo primeiro tempo do Ameixenda, axustando ben as marcas, sendo soludarios nas axudas e saindo con rapidez á contra. O Baiñas, aínda que tiña máis tempo o balon, non estaba cómodo no campo e fallaban moitos pases fáciles. Así, nunha recuperación no medio do campo, o Ameixenda forzou un corner e Chapu rematou de cabeza o 1-0. O Baíñas foie estirando buscaba poñer balóns a área pero apenas facían perigo. Só un despiste dos amarelos, permitialle a Ruli, o máis listo controlar e rematar para conseguir o 1-1.

No segundo tempo apareceu o factor ou factores que están lastrando ao Ameixenda. Xogadores que xogan con molestias e non poden acabar o partido (onte foron Chapu e Evaristo) e escaseza de xogadores suplentes para osixenar ao equipo. Por contra o Baiñas, mellor físicamente, foi quen de poñer un ritmo mais alto na segunda parte e impoñerse claramente facendo unha gran segunda metade. Destacar os catro goles de Ruli e no Ameixenda o partidazo de Chapu hasta que tivo que retirarse lesionado no m.50, exemplo de coraxe e pundonor.

 

Buño - Xallas B (2-1)

  • Buño: Darío, Jesús, Breo, Miguel Dourado, Fran, Elías López, Elías Suárez, Adrián Pose, Luis Miguel e Sergio Bastón. Tamén: Omar, Iván Rod., Elopy e Brais Ceán.
  • Xallas B: Alex Barbeira, García, Becerra, Dani Barbeira, Jorta, Jose, Adrián Forján, Adrián Couto, Kevin, Steven e Marcos. Tamén: Iván Amarelle, Julián, Balsa, Asier e Bryan.
  • Goles: 1-0, m.21: Luís Miguel; 1-1, m.42: Jota de penalti; 2-1, m.55: Sergio Bastón nunha xogada ensaiada de córner.

Partido igualado, onde un gran Buño recuperou sensacións no seu xogo con respecto ás últimas xogadas. Comezaba o choque en campo xalleiro e pronto Luís Miguel abría o marcador despois de que Elías Suárez probase en sendas faltas a Álex Barbeira. Os de Churián mandaban un balón ao pau tamén antes do gol local, e empurraron con xogo máis directo do habitual, chegando a empatar de penalti.

Na segunda, unha xogada ensaiada de córner é rematada a gol por Sergio Bastón. Cos cambios os xalleiros viñeronse arriba e meteron aos oleiros no seu campo, ata Darío tivo que salvar un man a man co pé abaixo para salvar 3 importantes puntos na loita pola promoción.

 

Seaia - Zas (4-2)

  • Seaia: Piña, Anxo, Mario, Luisma, Martín Souto, Martín Costa, Jose Suárez, Pablo, Camiño, Manu Garrido e Juni. Tamén: Añón, Sergio, Raúl Reigía, Diego e Alex Mato.
11 do Zas en Malpica-FotoNOe
11 do Zas en Malpica-Foto: Noe Touriñán
  • Zas: Adrián, Pardiñas, Rama, Álvaro, Damián, Marcos, Iván Caamaño, Fuentes, Dani Mato, Andrés e Alvite. Tamén: Juan, Xabi Otero, Anxo, Hugo e Christian.
  • Goles: 1-0, m.20: Martín Souto; 2-0, m.26: Camilo; 3-0 m.33: Juni; 4-0, m.55: Luisma; 4-1, m.58: Anxo; 4-2, m.72: Dani Mato de penalti.

Demostrou a súa liña ascendente o Seaia de Óscar Moscoso ante un Zas que chegaba con baixas importantes como as de Manu, Brais ou Darío. Pero non era excusa para saír tan mal, e permitir que só houbese un equipo sobre o campo nos primeiros 45 minutos, nos que o Seaia marcou 3 tantos e puideron ser algúns máis.

Na segunda, despois do gol inicial dos locais, que provocaba ademais a expulsión do visitante Marcos, os de Martín con 10 espertou e conseguía meterse no partido, ante a relaxación dos malpicáns. Pero reaccionaron a tempo, armáronse de novo e mantiveron a vantaxe ata o final, sen pasar apuros.

 
Seaia-Zas-Foto-Noe
Seaia-Zas-Foto-Noe Touriñán

Porteño - Pereiriña (1-1)

  • Porteño: Sergio, Vicente, Rodri, Yeray (Pejo, m.50), Manoliño (Nico, m.60), Ángel, Juan, Joseba (David, m.50), Alan, Lucas (Martín, m.25) e Carrabete.
  • Pereiriña: Isma Antelo, Isma Braíño, Soneira, Diego Oca, Fabián, Adrián Ozón, Rubén, Salva, Carlos Leis Chiru, Carlos Antelo. Tamén: Saulo, Tito, Kevin, Rodri e Grille.
  • Goles: 1-0, m.70: Alan nunha falta ensaiada tras tocar na barreira; 1-1, m.93: Tito de cabeza nun córner.

Partido moi espeso do cadro de Cousillas, moi fríos sen entrar no partido, ante un Pereiriña que fixo un partido moi serio, por firme, aproveitando ben as súas oportunidades, conseguindo un empate xusto.

O domingo foi local, pero o cadro ceense non sufría. Apenas unha ocasión por bando no primeiro tempo, unha que salvou Sergio en área local e outra que sacou a defensa ceense baixo paus.

Na segunda o Porteño facía algo máis de dano polas bandas, pero sen grandes ocasións. Marcou Alan nunha xogada con algo de fortuna, e no canto de ir sentenciar o partido, o Porteño non apretou e nun balón longo, saía Sergio e facía mans fóra da área, tendo que poñerse Ángel (o medio centro) baixo paus. Quedaban apenas 3 minutos para o final, pero o Pereiriña apretou e apretou ata que xa pasados varios minutos do desconto, nun córner Tito remataba de cabeza para asinar un empate máis que xusto.

Nantón - Lira (1-2)

  • Nantón: Guille, Fran, Bardanca, Carlos Vidal, Micael, Roi Fachal, Manuel, Pastoriza, Rupper, Iván Moreira e Redondo. Tamén: Tato, Martín, Xoel, Cristian e Muíño.
  • Lira: Raul, Isaac, Santi, Cartamil, Cristian, Mijeliño, Ángel Golpes, Ángel, Saúl, Rubén e Pablo. Tamén: Ramón, Raúl, Alexis Lariño, Alexis Pedrafijeira.
  • Goles: 0-1, m.26: Rubén; 0-2, m.50: Saúl de penalti; 1-2, m.89: Rúper.

Dúas partes diferenciadas, cun primeiro tempo que dominou o Nantón, entrando por banda e facendo moito dano con centros laterais. Pero un bo pase de Saúl ás costas da defensa deixaba só a Rubén que definía de vaselina. Era a única ocasión dos lirachos que aproveitaban para poñer o marcador a favor.

Saíron mellor os de Gabril Sil na segunda, e marcaron pronto de penalti. Eran minutos nos que puideron matar o partido, pero deixaron vivo ao cadro cabanés, que pouco a pouco se foron viñendo arriba. A falta de 5 minutos os locais fallaron un penalti parado por Raúl e no desconto marcarían nun barullo na área o definitivo 1-2, sen tempo a loitar polo empate.

Máis crónicas da 3ª Galicia

As táboas en www.futboldacosta.com

 

Comentarios