Mércores. 24.04.2024
El tiempo

3ª Galicia: Un líder adiante e atrás

Xallas B-Zas-Foto-Noe Quintans
Dani Mato controla un balón no Xallas B-Zas-Foto-Noe Touriñán
3ª Galicia: Un líder adiante e atrás

Novo paso adiante do Porteño, líder agora indiscutible tras vencer no choque da xornada ante o Baíñas. Os dous equipos chegaban invictos e o partido foi máis igualado do que di a goleada. Os de Cousillas demostraron ser un equipazo en defensa, e arriba, onde ademais vén de fichar ao laxense Martín Carrabete que xa debutaba a semana pasada e que onte na Grixa xa facía dous tantos.

O Baíñas queda a 3 do liderato, e un por riba do Zas (que superou a súa mala serie de choques directos e venceu en Fontenla) e dous sobre o Buño (que solventou fácil o derbi ante un Malpica que non dá arrincado.

 

Castrelo - Laxe (2-4)

  • Castrelo: Martín, Oli, Estebo (Guillín, m.35), Canoas (Ramiro, m.65), Peke, Chans, Quilmes, Rodrigo (Pereira, m.55), Xavi (Picallo, m.70), David e Rubén.
  • Laxe: Rubén, Mikel, Pombo, Jacinto, Cebey, Iago Torres, Gora, Miguel Torres, Bieito, Santi Casás, Alex López. Tamén: Camafreita, Jacobo, Jorge, Sergio e Felipiño.
  • Goles: 0-1, m.1: Gora de cabeza tras un centro de Iago; 0-2, m.29: Bieito; 0-3, m.58: Bieito; 1-3, m.55: Peke de falta; 2-3, m.83: Guillín de penalti; 2-4, m.95: Miguel Torres nunha contra levada por Bieito e Álex.

Púxose de cara o partido para os de Lilo co gol inicial de Gora. Eran bos minutos dos visitantes que controlaban o balón se ben tamén se tiñan que empregar para sacar baixo paus un balón de David. Outro regalo permitía a Bieito facía o segundo só diante de Martín.

Pero cambiaron as tornas na segunda. O Laxe pegou un baixón físico, pero aínda tivo arrestos para meter o terceiro, que parecía sentenciar o partido. Nada parecido. O Castrelo recurtou de falta, e comezou a dominar completamente, e se colocaba a falta de 5 minutos con 2-3.
E cando todo parecía que podería acabar en empate, co Castrelo encimando aos laxenses tendo varias ocasións, nunha contra facía o cuarto o Laxe.

 

Buño - Malpica (4-0)

  • Buño: Xurxo, Suárez, Breo, Miguel Dourado, Luis, Iván Rod, Elías López, Pablo Martínez, Elías Suárez, Bastón e Juan Antelo. Tamén: Darío, Omar, Anido, Fabián e Eloy Suárez.
  • Malpica: Lamas, Macías, Jorge Groucho, Fran Pombo, Samuel Periscal, Loureiro, Baye, Alex Nieto, Cabeza Arcay, e Jorge Parga. Tamén; Simón, Adrián e Alex López.
  • Goles: 1-0, m.14: José marcou de cabeza a unha falta lanzada por Iván; 2-0, m.60: Elías Suárez de penalti; 3-0, m.70: Juan Antelo; 4-0, m.88: Juan Antelo de penalti.

Algo enganoso o marcador do derbi de Xaviña, se ben o momento de forma do Buño dista moito do cadro da capital municipal. Os de Jose Carabel dominaron todo o encontro pero o equipo de Calvete conseguía aguantar ben posicionando, mantendo ben a súa porta.
Pero nunha xogada a balón parado, aparecían as debilidades do cadro visitante e José remataba só centro da área unha falta lateral.
Competía ben o Malpica, e se mantiña no partido tras dúas boas paradas de Lamas a Juan Antelo e Elías Suárez. Tivo o empate o Malpica, tras unha xogada de Parga que salva Xurxo no man a man, este acaba facéndolle penalti a Baye, pero Macías falla o penal.

Nada máis comezar a segunda metade, outro penalti desta volta para o Buño, e aí si que se acaba o partido, chegando o Buño aos 4 tantos pero puidendo marcar algún máis, como as ocasións que marraron Eloy e Omar.

 

Seaia - Lira (2-0)

  • Seaia: Anxo, Carracedo, Pablo García, Anxo, Alex Mato, Iván Rod., David Muíño, Mario, Luismi, Juni e Raúl. Tamén: Piña, Suárez, Diego, Manu Garrido e Añón.
  • Lira: Balayo, Cristian, Cartamil, Isaac, Ángel, Golpes, Mijeliño, Lucas, Raúl, Fran, Rubén. Tamén: Ramón, Saúl, Alexis e Santi.
  • Goles: 1-0, m.20: David Muíño dende fóra da área fai un golazo; 2-0, m.65: Raúl de volea.

Partido serio do cadro malpicán e mal partido de novo do Lira de Gabri Sil, que segue cunha senda irregular. Na primeira parte o partido estivo igualado con chegadas nas dúas áreas, como un remate de cabeza de Rubén que marra só. Non fallou o Seiaa, que se adiantaría cun golazo dende fóra da área de David Muíño.

Na segunda os de Chols foron moi superiores, ante un Lira que non se repuxo do gol de Raúl, a pesar de ter aínda media hora para intentar a remontada.

 

Porteño - Baíñas (5-1)

  • Porteño: Jose (Sergio, m.85), Visente, Pejo, Nico, Manoliño (David, m.60), Ángel, Juan oVello, Nico (Yeray, m.80), Lucas (Marquiños, m.70), Alan e Martín (Carrabete, m.65)
  • Baíñas:
  • Goles: 1-0, m.7: Lucas de chilena un golazo; 1-1, m.50: Cristian Canosa; 2-1, m.55: Nico aproveita un rexeite e marca pola escuadra; 3-1, m.65: Carrabete; 4-1, m.80: Carrabete; 5-1, m.92: Marquiños.

Partido moi igualado a pesar do resultado, que non amosa a igualdade vista sobre o enlamado da Grixa. Pero os de Cousillas están de acerto, e foron moitos mais eficaces ante un Baiñas de Roski que non acabou de estar no choque, e se ben chegaba cun só tanto encaixado nos primeiros 7 partidos, levou 5 da Ponte.

Arrincou o choque cun golazo de Lucas, pero dominou máis o Baíñas ata o descanso, colgando moitos balóns, con ocasións como unha falta de Kevin que salvou Jose. A verdade é que se arriba estivo moi acertado o líder, atrás estivo impecable.

Arrincou a segunda metade co Baíñas empurrando e conseguía empatar, pero de contado apareceu Nico, que está facendo unha temporada espectacular, e fixo un partidazo marcando un dos goles da tarde. Seguiron pelexando os de Roski, que demostraron ter un equipazo, pero non estiveron contundentes, e aí aparecía tamén Martín Carrabete (o laxense vén de fichar hai 3 semanas polo equipo de Cousillas como gran reforzo para a zona de arriba) para ampliar a renda.  

Ameixenda - Camelle (2-6)

11 do Ameixenda ante o Camelle
11 do Ameixenda ante o Camelle
  • Ameixenda: Costa, Torices, Chapu, Lagoa, Sergio (Fabián, m.55) (Esteban, m.75), Sambade, Chucho, Pablo (Rivers, m.83), Damián (Cristian, m.70) e Kris.
  • Camelle: David, Quintelo, Dido, Makareno (Rubén), Ruso, Estiben, Piquero, Crejo, Chori, Carlos (Marcotiño), Ádrián.
  • Goles: 1-0, m.20: Cristian; 1-1, m.30: Chori; 1-2, m.44: Chori; 1-3, m.47: Chori; 2-3, m.49: Esteban; 2-4, m.64: Piquero; 2-5, m.72: Marcotiño; 2-6, m.83: Adrián.
Capis de Camelle e Ameixenda co arbitro David Castreje
Capis de Camelle e Ameixenda co arbitro David Castreje

Partido moi igualado na primeira parte con dominio local dun Ameixenda que co vento a favor chegaba algo máis pero sen grandes ocasións de gol. De feito, a primeira con verdadeiro perigo foi a do minuto 20, na que Cristian meteuse na área pola esquerda e despois de regatear ao porteiro facía o 1-0. O gol desconcertou un pouco ao Camelle que fiábao todo a meterlle balóns ao oco a Adrián, pero sen resultado. Aínda así, en dúas xogadas por banda aparecía Chori para darlle a volta ao marcador xusto ao fío do descanso.

No segundo tempo esperábase a reacción do Ameixenda, pero con tan só dous minutos xogados o Camelle marca o 1-3 nunha saída a contra de novo por medio de Chori. Un minuto despois, nunha xogada moi parecida pero na outra portería facía o Ameixenda o 2-3 que lle daba a posibilidade de meterse outra vez no partido.
A este gol seguírono 15 minutos con oportunidades para os dous equipos, pero foi o Camelle o que marcou no m.63 ao aproveitar un balon morto uns tres metros dentro da área grande. 2-4, e o partido xa se lle puso moi difícil ao Ameixenda, que no afán de buscar reducir distancias deixaba moitos ocos atrás que foron ben aproveitados para facer o 2-5 no m.72 e o 2-6 no m.82 prácticamente a pracer.

 

Xallas B - Zas (1-3)

Xallas B en Fontenla-Foto-Noe
Xallas B en Fontenla-Foto-Noe Touriñán
  • Xallas B: Fabi, Jota, Alonso, Balsa, Miguel, Luís xuv., García, Kevin, Luís, Adrián e Couto. Tamén xohgaron: Bruno, Julián, Stiven, Rabelo e Barbeira.
11 do Sporting Zas en Fontenla-Foto-Noe Quintans
11 do Sporting Zas en Fontenla-Foto-Noe Touriñán
  • Zas: Pereiras, Jose, Pablo Fuentes, Darío, Juan, Anxo, Marcos, Brais, Dani Mato, Andrés e Iván. Tamén xogaron Damian, Christian, Álvaro, Pablo Pardiñas e Xabi.
  • Goles: 0-1, m.38: Iván; 1-1, m.48: Couto; 1-2, m.56: Dani Mato de penalti; 1-3, m.71: Dani Mato de penalti.
Xallas B-Zas-Foto-Noe Quintans.jpeg 2
Foto-Noe Touriñán

Outro partido irregular do filial xalleiro, con momentos de bo dominio e chegadas para adiantarse na primeira metade, pero sen moito acerto, e con certos erros en defensa. O Zas de Martín chegaba con baixas e tras dúas derrotas seguidas, pero quería volver enderezar o rumbo. E así o fixo, adiatándose tras unha boa primeira metade.

Á volta dos vestiarios os de Adrián Lema saían a por todas. Empatou Couto e pouco despois tiveron un penalti para meterse por diante pero fallou García. Viñéronse abaixo os locais e aproveitou o Zas para virse arriba xerando ocasións e meténdose na área visitante, provocando dúas penas máximas que non fallou Dani Mato.

 

Nantón - Pereiriña (1-3)

  • Nantón: Tívoli, Bardanca, Xoel, Micael, Fariña, Martín, Cristian, Manuel, Pastor, Redondo e Iván Moreira. Tamén: Eloy Moreira, Carlos Vida, Alberto, Christian Ordóñez e Javi.
  • Pereiriña: Isma, Grille, Fabián, Esteban Lema, Adrián Ozón; Carlos Leis, Martín, Esteban Sendón, Rodri, Tito e Charly. Tamén: Saulo, Soneira, Isma Graíño e Juan Ézara.
  • Goles: 0-1, m.18: Charli de penalti; 0-2, m.37: Charli de penalti; 1-2, m.42: Manuel; 1-3, m.53: Esteban Lema tras unha falta lateral peiteada.

Arrincou o Pereiriña máis enchufado nun campo das Fontiñas que aguantou ben a chuvia. O xogo desenvolvíase máis en campo local, e Charly facía os dous primeiros tantos (o segundo de penalti cometido por Tívoli tras un posible fóra de xogo). Se ben o Nantón veuse arriba no treito final da primeira metade, Charly puido facer o terceiro pero atopouse coa madeira.

Recurtou distancias nada máis saír dos vestiarios o cadro local, pero a tensión durou pouco pois Esteban facía o terceiro á saída dunha xogada a balón parado, e malia que o Nantón seguíuno intentando, non veu porta ante un seguro cadro ceense.

 

Máis crónicas da 3ª Galicia

As táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios