3ª Galicia: O Porteño dá un paso adiante ante o Laxe
Corcubión e Xallas B, sen marxe de erro, prepáranse para choque da semana que vén, unha finalísima anticipada a 3 xornadas para o final.
No outro grupo a cousa está máis igualada. Xogouse na Grixa un auténtico partidazo, que deixa ao Porteño de novo líder ante un Laxe que puido poñer pé e medio na Liga da Costa. Pero Oza non fallou, e está un punto por debaixo pero cun partido menos, polo que o Oza-Porteño da semana que vén prevese outra final anticipada.
Grupo A, xornada 7
Camelle - Xallas B
- Camelle: David Caamaño, Ucho, Ruso, Snaky (Mariño, m.80), Martín, Marcote (Adrián, m.45), David Vázquez (Carlos, m.60), Felipe, Dido, David Vieites e Rodri.
- Xallas B: Álex Barbeira, Becerra, Ángel, Rodri, Jose, Jota, Fidi, García, Steven, Dani Barbeira, Sergio Barbeira. Tamén: Brais, Iván, Doriño, Kevin, Isaac.
- Goles: 1-0, m.10: Felipe de penalti; 2-0, m.25: Marcote; 2-1, m.32: Sergio Barbeira; 2-2, m.44: Fidi; 2-3, m.65: Jota de volea.
Sufríu e moito o Xallas para vencer no Rodeiro e manter intactas as súas opcións antes da finalísima da vindeira fin de semana en Fontenla. Comezaba o Camelle moi forte, colocándose 2-0 moi pronto, e tendo algunha que outra máis. Pero saíu Jota do centro da defensa para o medio campo e pouco a pouco o cadro xalleiro foise metendo no partido. Recurtaba o pichichi tras unha indecisión entre porteiro e central camellán, e antes do descanso, a pesar da boa defensa local, Fidi facía un tanto que daba ás aos visitantes e deixaba moi tocado aos cadro de Ordóñez.
Na segunda, o Camelle perdía a David e Marcote e tivo un importante baixón físico. Jota marcaba para o filial aínda con tempo para que o Camelle intentase volcarse sobre a meta de Álex Barbeira. Pero os novos verdes defendéronse ben e non permitiron o empate.
Corcubión - Castrelo (2-0)
- Corcubión: Marcos, Eli, Mario, Joaquín, Rubén, Nacho, Iago, Tano, Martín, Lu e César. Tamén Rama, Adri e Tono.
- Castrelo: Agustín, Domingo, Adri Conde, Estebo, Luís Roget, Iván Chans, Dani Picallo, Félix, Miguel, Sebas e Roi. Tamén: Martín, Gus e Costa.
- Goles: 1-0, m.12: César Lojo; 2-0, m.42: Mario.
Partido en xeral de ritmo baixo, aburrido e con poucas ocasións. Poñeríase por diante o Corcubión nun córner no que Lu sacaría en corto a César e este sorprendería ó porteiro cun disparo raso. Antes do descanso, Mario aproveitaría un rexeite na área para facer o segundo. A segunda parte non tería moita máis historia.
Grupo B, xornada 7
Porteño - Laxe (4-2)
- Porteño: Lema, Jose, Pejo, Manoliño, Marcos, Edgar, Martín, Joseba, Visente, oBello e Brais. Tamén: Sergio, Ángel, Kevin e Ibrahima.
- Laxe: Jacobo, Sergio, Aarón, Jorge, Danilo, Jacinto, Bieito, Galeano, Santi Casás, Carra, J. Ángel. Tamén: Toja, Cedrón, Felipe, Gora, Álvaro.
- Goles: 0-1, m.15: Carra; 1-1, m.45: Manoliño de penalti; 2-1, m.68: Juan oVello; 2-1, m.73: Ángel de penalti; 3-2, m.85: Juan oBello de “espaldiña” coa axuda do meta local; 4-2, m.87: Martín tras varios rexeites.
Partidazo fantástico na Grixa, con moita xente dos dous conxuntos, para esta finalísima, complicadísima para arbitrar, que foi de toma e daca continuo.
Empezaba dominando o Laxe, sen ocasións claras, pero a lesión de Danilo cambiaba o rumbo. O Porteño colle o mando e primeiro oVello falla a porta baleira, e xa no desconto marca de penalti mentres o Laxe vía como lle anulaban un tanto. Empeza a segunda máis igualada, con máis gañas aínda, oVello adiantaba aos locais tras un centro de Joseba. O Laxe volvía meterse arriba e nunha contra tras un penalti volvía empatar. Volveuse meter o Laxe arriba, volcando os balóns arriba, pero noutra contra sentenciou Martín.
Moi discutido o choque, pero ver ao final como se abrazaban os compoñentes dos dous conxuntos.
Ameixenda - Oza (0-3)
- Ameixenda: Rivers, Pablo, Kamacho, Martín, Iván, Bicho (exp. 30'), Galindo, Cristian, Alexis e Saulo.
- Oza: Nacho, Alberto, Pace, Vilariño (David Efe, m.46), Iago, Alex López, Gonzalo, Carlos, Brais, DavidLP (Kevin, m.60), Suso.
- Goles: 0-1, m.12: DavidLP; 0-2, m.25: Brais; 0-3, m.88: Suso.
Con 10 xogadores presentábase o Ameixenda para recibria o Oza, e aínda, facendo o “máis difícil todavía”, mantívose no partido. Marcou pronto o Oza, que tampouco apretaba demasiado, e sempre se atopaba cun Rivers fantástico na meta local. Bicho foi expulsado e quedaba media hora con 9…