Martes. 23.04.2024
El tiempo

3ª Galicia: O Porteño frea ao Camariñas e o Montelouro apreta

O Montelouro deu un paso no Cubaleiro ante o UD Corcubion-Foto-Edu Olveira
O Montelouro deu un paso no Cubaleiro ante o UD Corcubion-Foto-Edu Olveira
3ª Galicia: O Porteño frea ao Camariñas e o Montelouro apreta

Un empate, e gracias, sacou o Camariñas da Grixa, no derbi camariñán desta semana. Os da Ponte foron gañando moitos minutos pero o empuxe do líder permitiulles sumar un punto que os deixa con 3 de vantaxe sobre un Outes que non fallou en Laxe, a pesar de ter un gran rival enfronte.

Son 8 os puntos que separan esa segunda praza de ascenso directo do Montelouro, que coa súa vitoria en Corcubión (non se subiu ao último vagón da promoción o reforzado cadro branquiazul) vese virtualmente na Promoción a falta de 5 xornadas. Nantón e Camelle deron pasos importantes vencendo a Seaia e Castrelo, quedando o propio Laxe na 6ª praza, con 2 puntos de vantaxe, agora, sobre o Seaia, que ten un partido máis.

 

Camelle - Castrelo (4-2)

11 do Castrelo no Rodeiro-Foto-Vanessa
11 do Castrelo no Rodeiro-Foto-Vanessa

  • Camelle: Calipo, Ruso (Marce, m.60), Ucho, Pablo,Rodri, Maka, David. Lado, David Camariñas (Roi, m.80) Felipe e Riveiro (David Vimianzo, m.85).
  • Castrelo: Iván; Chans, Luís, Miguel, Quintelo; Maikol, Samuel, Rodri, Estiben, Picallo; e Capote.
  • Goles: 0-1, m.7: Samuel; 1-1, m.10: Felipe; 2-1, m.20: Felipe; 2-2, m.30: Capote; 3-2, m.32: Barreiro de penalti; 4-2, m.66: Riveiro.

Camelle e Castrelo no Rodeiro-Foto-Vanessa
Camelle e Castrelo no Rodeiro-Foto-Vanessa

Por fin o Rodeiro estaba en boas condicións para xogar un partido. E os afeccionados viviron o sábado un partido entretido e con moitas ocasións por amnos lados. Poñeríase por diante o Castrelo, pero en poucos minutos Felipe lle daba a volta ao marcador, aproveitando un par de regalos da defensa. Capote empataría antes do descanso aproveitando un rexeite que deixa morto o porteiro, pero apenas dous minutos despois se meterían por diante dende os 11 metros.

Na segunda o equipo de Sergio apretou e arriscou para empatar o partido. Dominaron moitos minutos, pero unha contra e unha expulsión decantarían o choque para os de Ordóñez.

 

Nantón - Seaia (5-0)

Sporting Seaia nas Fontinas
11 do Sporting Seaia nas Fontiñas

  • Nantón: Guille (Jose, m.80), Fran, Pasarela, Costa (Dani Bardanca, m.70), Eloy, Martín, Pablo, David (Rúper, m.55), Maikel, Josiño e Redondo (Cristian, m.53).
  • Seaia: Recarey, Parga, Vistas, Iván, Josi, Míchel, Quintas (Joel, m.60), Fabián (Pablo Souto, m.65), Isaac, Loureiro (Jorge, m.55) (Pablo, m.75).
  • Goles: 1-0, m.10: Redondo pola escuadra; 2-0, m.40: Josiño de vaselina; 3-0, m.53: Josiño fusila a recarey; 4-0, m.80: Cristian; 5-0, m.85: Dani Bardanca cun bo gol.

Partido no que pronto se lle ponia de cara ao Nantón no minuto 10 marcarian un fermoso gol pola escuadra de Redondo. O cadro cabanés saía buscando ás costas dos laterais, e pronto facía dano a un Seaia que non se adaptou ao céspede das Fontiñas. O partido seguía con ritmo, con algunha chegada dos de Da Silva, pero nin Iván nun córner, nin Josi nin Isaac, que esvara, serían capaces de igualar. Sería o equipo de Fachal o que faría o segundo a falta de 5 para o descanso.

Adiantaron liñas os malpicáns na segunda, ante un Nantón moi ben armado e saíndo con rápidas contras, como as que remacha Josiño para facer o terceiro moi pronto, provocando que os visitantes desistan deixando innumerables espazos, e nos minutos finais, Cristian e Dani Bardanca, cun bo gol, redondearon a vitoria local.

 

Corcubión - Montelouro (0-3)

  • Corcubión: Beto, Joaquín, Lema, Mario Suárez, Camacho, Rubén, Esteban, Cali, Alán, Lagoa e Mario. Tamén Roi, Evaristo e Santi.
  • Montelouro: Iago, Pablo, Abel, Manolo Chouza, Dani Sahorta, Juan, Borja, Geiko, Pesco, Raúl e Riki. Tamén: Verán, Joaquín, Íker e Samu.
  • Goles: 0-1, m.25: Geiko á contra; 0-2, m.60: Dani Sahorta; 0-3, m.70: Pesko.

Corcubion-Montelouro-Edu Olveira
Foto: Edu Olveira

Partido máis igualado do que sinala o marcador. Era un dos últimos trens da promoción para un Corcubión que conseguíu armar un bo equipo pero que non acaba de acadar bos resultados. Os de Nito dominaron a primeira metade, unha primeira parte con bastantes imprecisións, pero con ocasións locais que facía aparecer ao meta loureán Iago Romero, imperial toda a tarde. No campo contrario Geiko abría o marcador nunha boa contra.

Na segunda parte o partido foi de ida e volta, e serían de novo os visitantes os que acertarían de cara a gol, cos tantos de Dani Sahora e Pesko, que deixan ao Montelouro virtualmente na Promoción.

 UD Corcubion- UDMontelouro-Foto-Edu Olveira
Jorge Calvete pitou o choque no Cubaleiro-Foto: Edu Olveira

Porteño - Camariñas (2-2)

  • Porteño: Jose, Marcos, Pejo, Caamaño, Manu, Canosa, Vicente, Porto, Ángel, Xoxe, Joseba. Tamén: Wii, Edgar, Anxo e Cachi.
  • Camariñas: Pablo, Rodri, Oli, Moriño, Pablo, NIco, Mario, Saviola, Nazo e Brandon. Tamén: Micki, e Brais Alonso.
  • Goles: 1-0, m.2: Pejo tras un saque de banda; 1-1, m.57: Nazo; 2-1, m.70: Ángel tras un saque de banda; 2-2, m.86: Mario.

Xusto empate no derbi camariñán vivido na Grixa, nun campo onde o Porteño soubo maniatar as opcións ofensivas do Camariñas, e aproveitar xogadas a balón parado. De feito, os dous goles dos locais saíron de saques de banda. O partido transcorría con dominio territorial do equipo local, ante un Camariñas que non conseguía afianzarse comodamente. Só contra o final, despois do segundo dos vermellos, o líder sacou de empuxe para adiantar liñas, apretar arriba e facer o empate.

Laxe - Outes (1-3)

  • Laxe: Eloi, Andrés, Naya, Bieito, Adrián, Jacinto, Elías, Carra, Gora, Jorge, Zurich. Tamén xogaron: Dani, Reigía, Felipe, Jacobo, Santi V.
  • Outes: Álex, Álvaro, Caamaño, Pablo, Robert, Chía, Robert (Paulo), Martín, Babu (Kevin), Veleiro, Eloy (Santi).
  • Goles: 1-0, m.12: Zurich; 1-1, m.20: Roberto; 1-2, m.75: Roberto; 1-3, m.81: Veleiro.

Partido igualado cun gran Laxe que acabou pagando moi caros os erros. Saían os locais moi ben posicionados, e os da Serra non eran capaces a contrarrestar os ataques locais. Pronto se adiantaban os locais, que tiveron unha ocasión moi clara para facer o segundo, pero de contado empataba o Outes.

Saíu mellor o equipo de Miguel Ramos na segunda, dominando máis e aproveitando os erros do rival, que estivo moi mal defensivamente.

Novas relacionadas

 

Todas as crónicas da 3ª Galicia

Todas as táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios