Martes. 15.10.2024
El tiempo

3ª Galicia: Porteño, Zas e Baíñas amosan credenciais

Zas-Castrelo
Imaxe do Zas-Castrelo en San Andrés-Foto-Noelia
3ª Galicia: Porteño, Zas e Baíñas amosan credenciais

3 equipos quedan invictos na 3ª da Costa. Un Porteño co gol entre cella e cella, un Zas completo, e un Baíñas que suma o seu terceiro partido coa portería a cero, igual que un Buño que cedeu un empate en Cee ante o Pereiriña.

 

Lira - Camelle (0-0)

  • Lira: Raúl, Cartamil, Golpes, Isaac, Raúl, Mijeliño, Saúl Lira, Saúl Lariño, Oliver, Ángel e Rubén. Tamén: Ramón e Alexis.
  • Camelle: David, Quintelo, David Vázquez, Martín, Estiben, Piquero (Marcote), Chori (Tantán), Carlos, Crejo e Adrián.

Comezaba o choque co Lira moito máis enchufado e tendo ata 4 ocasións claras nos primeiros minutos. Rubén, Cartamil, Raúl... puideron adiantar aos de Sil pero a pelota no entrou. O Camelle foise asentando e aguantando os ataques locais.
Na seggunda, moito balón en longo e pouca claridade, co Lira facendo dano a balón parado, pero respondía ben David, ata que nos últimos 10 minutos, o equipo de Sergio conseguía chegar á área de Raúl con bastante perigo puideron ter decantado tamén o partido para os visitantes.

 

Malpica - Laxe (0-2)

  • Malpica: Lamas, Iván, Simón, Groufo, Jorge Casas, Alexandre, Nicci, Jorge Parga, Alberto Hombre, Arcay e Kevin. Tamén: Alex Lñopez, Macías, Alex López e Nando.
  • Laxe: Jacobo, Pablo Villar (Felipe), Camafreita, Pombo, Jacinto, Mikel, Gora, Iago Torres (Fran Lema), Bieito, Ángel, Sergio Blanco (Ángel).
  • Goles: 0-1, m.21: Bieito; 0-2, m.32: Bieito.
Malpica-laxe- Capis
Capis do Laxe e o Malpica co colexiado-Foto- Fede

Mal partido do Malpica de Jorge Calvete, ante un Laxe que foi moito máis bloque Buscou o Laxe ben as costas da defensa chegando por banda, e así chegaron os dous tantos de Bieito na primeira metade. O Malpica estaba demasiado aberto, e Miguel Torres, Bieito e Felipe puideron ampliar a renda, pero Lamas impediuno.

Non sufriu no segundo tempo o cadro laxense ante un Malpica que non gañaba un duelo.

 

Zas - Castrelo (1-0)

11 do Zas-Foto-Noelia
11 do Zas-Foto-Noelia
  • Zas: Pereiras, Darío (Damián), Anxo (Pablo Pardiñas), Pablo Fuentes, Jose (Iván); Marcos, Manu, Adrián, Dani Mato (Álvaro), Brais e Andrés (Cristian).
  • Castrelo: Martín; Chans, Oli, Estebo, Peke, Rodrigo (Pereira, m.80), Álvaro, Quilmes, Xavi (David, m.75), Ruben e Guilín.
  • Gol: 1-0, m.47: Manu.

Zas-Castrelo 2

Complicado partido en San Andrés, cun Castrelo moi replegado e compacto que impediu as internadas na área do equipo de Martín. Apenas un par de tiros dende fóra da área probaron o bo facer de Martín baixo paus. Á contra e a balón parado tamén tivo algunha o equipo de Ordóñez pero a defensa local estivo segura. Os zaseiros pediron dúas penas máximas, unha nunha xogada na que Dani Mato saíu lesionado cunha escordadura.

Todo seguía igual na segunda ata que Manu abriu o marcador de falta directa. O Zas intentaba contemporizar, pero o Castrelo ía apretando e vindo arriba. Dúas expulsións abriron máis o partido, que acabou con varias ocasións para os dous equipos, pero sen moverse o marcador.

 

Baíñas - Nantón (2-0)

  • Bañias: Sergio, Carlos (Chavico), Hermida, Maikol, Raúl, Kevin, Adrián, Oreiro (Rodrigo), Cristian (Héctor), Esteban e Aníbal (Ruli).
  • Nantón: Guille, Fran Gavin, Xoel, Eloy Moreira, David Fariña, Dani Bardanca, Dani Collazo, Manuel, Tato, Carlos Vidal e Iván Moreira. Fachal, Javi Muíño, Cristian, Anxo e Fuentes.
  • Goles: 1-0, m.24: Kevin remacha unha xogada de Esteban; 2-0, m.57: Raúl.

Saiu dominador o equipo de Roski, que se adiantaba á media hora. Reaccionou o cadro cabanés que tivo o empate dende os 11 metros por unhas protestadas mans de Maikol, pro Sergio Puto fixo un paradón para manter a vantaxe e provocar un baixón no rival.

Xa na segunda parte con vento a favor, o cadro local foi máis dominador. Noutra boa xogada de Esteban, Kevin dá un pase xenial en profundidade a Ruli que escapa e plantado diante do porteiro remata a rede o segundo, que daba tranqulidade aos vimianceses que sumaron o seu terceiro partido coa portería a cero.

 

Porteño - Seaia (6-3)

  • Porteño: José, Marquiños (Yeray), Nico, Pejo , Manoliño (David), Ángel, Visente, Juan oVello, Nico (Edgar), Alan e Lucas (Cachi).
  • Seaia: Anxo, Carra, Sergio, Mario, Luisma, Diego, Alex Mato, Isaac, Anxo, Martín Costa e Pablo. Tamén: Joel, Raúl, Josi Suárez, Diego, Añón.
  • Goles: 1-0, m.18: Lucas de falta; 2-0, m.27: Lucas de vaselina tras un gran pase de Alan; 3-0, m.38: Lucas nunha contra de libro que arrincaba cun pase de tacón de Juan; 3-1, m.40: Isaac; 3-2, m.54: Isaac; 4-2, m.73: Alan de golazo de volea; 5-2, m.75: Cachi empurra a gol un centro de Juan; 6-2, m.88: Alan de penalti cometido contra el; 6-3, m.90: Josi Suárez.

Porteno-Seaia

Empezaba o partido igualado pero os de Cousillas foron situándose, presionando ben arriba, e facendo moi bo partido durante media hora. Abría o marcador Lucas cun golazo de falta e pronto ampliaba a renda tras un pasazo de Alan. Nunha contra de libro marcaba o terceiro pero o Seaia non se rendía e recurtaba antes do descanso.

Aínda se meteu no partido de cheo o cadro malpicán nada máis volver dos vestiarios, pero o cadro local puxo o mono de traballo e sentenciou cos tantos de Alan.

 

Xallas B - Ameixenda (2-1)

  • Xallas B: Fabián, Iván García, Becerra, Jota, Kevin, Adrián Forján, Luís, Geli, Steven, Jose, Alonso. Tamén: Alex Barbeira, Iván, Julián, Manuel Cuns, Iván Castro.
  • Ameixenda: Costa, Sergio (Cristian, m.27), Bichinho, Chapu (Capelo, m.87), Torices, J.Lagoa (Fabián, m.80), Andrés, Pablo, Chucho (Dani, m.70), Capote e Kris.
  • Goles: 1-0, m.8: Adrián Forján a centro de Luís; 1-1, m.18: Chucho dende a frontal; 2-0, m.22: Geli remata un centro de Stiven.

Partido moi igualado na Fontenla con dominio xalleiro no primeiro tempo, que tiña longas posesións pero poucas chegadas. Abría pronto o marcador o filial, pero o Ameixenda empataba de contado nunha xogada a balón parado.
O choque medíase polos erros continuos, pero Geli aproveitaba unha boa xogada de Steven para poñer de novo por diante aos locais.

Xa no segundo tempo buscou o Ameixenda o empate ante un Xallas moi frío, posiblemente con mais corazón que cabeza. Chegaron ocasións para os dous bandos, a máis clara a tivo Kris no m.88 ao quedar só diante do porteiro pero o seu disparo saía alto por pouco. Igual o empate tería sido o resultado mais xusto pero tampouco pode dicirse que a victoria do Xallas sea inmerecida.

 

At. Pereiriña - Buño (0-0)

  • Pereiriña: Isma Antelo; Grille, Adrián Ozón, Fabián, Diego Oca, Carlos Leis, Martín; Saulo, Tebo, Tito, Charly. Tamén: Christian, Rodri, Esteban Sendón, Isma Graíño e Kevin.
  • Buño: Darío, Adrián (Javi), José, Martín, Sergio, Fran, Luis (Omar), Breogan (Pablo), Elías Suárez (Elías López) e Eloy.

Partido intenso e igualado, con ocasións, non moi claras, para os dous, que puido caer de calquera lado e acabou en empate. Comezou pegando o cadro de Emlio Corzón de córner pero o remate foi fóra. O Buño de Carabel foise entonando e Eloy e Luís tivero boas chegadas.

Saíu ben o Buño na segunda, pero o choque estaba bastanta parado. A expulsión doi visitante Jose, e a de Fran pouco despois, marcaba o partido permitindo que o Pereiriña apretase moi no treito final, con algunha ocasión clara como unha de Martín pero sen sorte cara gol, sendo o cadro oleiro capaz de aguantar con 9.

 

Máis crónicas da 3ª Galicia

As táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios