Venres. 26.04.2024
El tiempo

3ª Galicia: Vaise clarexando a cousa

Zas-Buno-Foto-Noe 4
Imaxe do partido entre Zas-Buño-Foto-Noe Touriñán
3ª Galicia: Vaise clarexando a cousa

Non fallou o líder en Fontenla, a pesar de sufrir contra o filial do Xallas. Viñan fortes Laxe e Seaia para meterse na pelexa pola promoción, e se ben o Laxe confirma a súa serie positiva, o Seaia foi freado en seco por todo un Baíñas, que cada día ve máis cerca o ascenso directo. É así pois no partido da semana, Buño e Zas (3º e 4º) empataban.. Así, a falta de 21 puntos por xogar, o Porteño ten unha marxe de 13 puntos polos 8 do Baíñas.

Importante vitoria do Lira ante un Castrelo que aínda se quería meter na loita, abrindo así unha fenda de 5 puntos perante o Laxe, e 7 ante un Pereiriña ao que se lle escapaou cando menos un punto.

 

Camelle - Nantón (2-1)

  • Camelle: David, Quintelo, Dido, David Vazquez, Makareno (Rubén), Piquero, Estiben, Marcotinho (Ruso), Chori (Mariño), Crejo, Adrián.
  • Nantón: Guillermo, Fran, Xoel, Micael, Martín, Tato, Muíño, Pastor, Roi Fachal, Carlos Vidal e Alberto Fuentes. Tamén: David, Anxo e Cristian Canosa.
  • Goles: 1-0, m.20: Chori; 1-1, m.32: Fran de falta; 2-1, m.68: Marcotiño.

Partido de ti a ti, con moito balón longo no Rodeiro, no que o Camelle comezaba dominando e marcando pronto nun balón ás costas da defensa que aproveitaría ben Chori. Poudo despois, un centro de falta dende o medio campo botado por Fran, cólaselle a David entre o balbordo, o sol e o bote.

Seguiría o guión na segunda, cun Camelle algo máis enriba, pero con moita igualdade. Os de Sergio marcaron o segundo nunha contra levadapor Mariño, Adrian e Marcote, Marcotiño, que collían un rexeite e marcaba dende fóra da área. Apretaron os cabaneses que meteron ao Camelle na súa área, tendo ocasións, sobre todo un man man de Adrián que salvaba Guillermo, mantendo os puntos para o cadro local, que ten xa 7 puntos de marxe.

 

Pereiriña - Laxe (2-3)

  • Pereiriña: Isma, Grille, Soneira, Diego Oca, Fabián, Salva, Chiru, Esteban, Antelo, Carlos Leis, Rubén Yaya. Tamén: Isma Graíño, Martín, Ézara, Kevin e Dani Costa.
  • Laxe: Jacobo, Mikel, José Ángel, Pablo Villar, Camafreita, Sergio, Gora, Bieito, Miguel Torres, Yago Torres e Santi Casás. Tamén: Felipiño.
  • Goles: 0-1, m.31: Yago Torres de falta directa; 0-2, m.50: Santi Casás nunha contra; 1-2, m.77: Fabián Agulleiro; 2-2, m.85: Fabián Agulleiro; 2-3, m.92: Bieito.

Mal partido do Pereiriña ao que non lle chegou co arreón final e acabou perdendo 3 puntos fundamentais na loita pola promoción. Adaptáronse moi ben os de Lilo ao partido, moi serios, con apenas chegada a balón parado. O fermoso gol de falta por riba da barreira de Yago Torres abriuse o choque, e o Laxe puido marcar algún tanto máis.

Arrincaba a segunda metade co gol á contra de Santi Casás, demostrando unha boa pegada dos laxenses. Aí reaccionaron os de Emilio Corzón, que tiñan máis fondo de armario e embotellaron ao rival e conseguiron empatar. Pero o Laxe, cando parecía que o partido remataría en empate, aínda tivo arrestos para virse arriba, e nunha contra marcou dende o borde da área.

 

Lira - Castrelo (2-0)

  • Lira: Balayo, Raul, Cartamil, Cristian, Ramón, Mijeliño, Golpes, Ángel, Saúl Lariño, Rubén e Pablo. Tamén: Isaac, Santi, Alexis Lariño, Alexis Pedrafijeira.
  • Castrelo: Martín; Olim Estebo (Conde, m.75), Canoas, Peke, Chans, Álvaro, Rodrigo (Miguel, m.70), David (Pereira, m.75), Rubén e Xavi (Guillín, m.50).
  • Goles: 1-0, m.60: Cartamil nun córner; 2-0, m.70: Pablo.

Lira-Castrelo

Gran partido do Lira nun partido moi igualado onde as defensas se impoñían ás dianteiras e apenas permitiron ocasións de gol. Os de Gabri Sil, en liña positiva, estiveron moi iables defensivamente, ben organizados, contundentes e sin conceder ocasións ó rival.
Era choque de 0-0 pero se alguén abría a lata, tiña moito traballo feito.

 

Na segunda, tiña que ser de córner, Cartamil abría o marcador. O Castrelo de Ordóñez estirouse pero á contra, Pablo faría o segundo ante as protestas dos vimianceses por un posible fóra de xogo.

 

Zas - Buño (2-2)

11 do Zas ante o Buño.Foto-Noe
11 do Zas ante o Buño. Foto-Noe Touriñán
  • Zas: Pereiras, Pablo Pardiñas, Adri Rama, Álvaro Fariña, Andrés, Darío, Anxo, Iván Caamaño, Damián, Darío e Brais. Tamén: Alvite, Hugo, Cristian e Unay.
11 do Buno en Zas-Foto-Noe
11 do Buño en Zas-Foto-Noe Touriñán
  • Buño: Xurxo, Sergio Anido, Adri Pose, Jesús, Breo, Fran, Luismi, Elías López, Elías Suárez, Eloy e Sergio Bastón. Tamén: Darío, Miguel Dourado, Omar, Facal e Mateo.
  • Goles: 0-1, m.51: Breo; 0-2, m.58: Eloy; 1-2, m.76: Álvaro; 2-2, m.87: Anxo.
Zas-Buno-Foto-Noe
Foto-Noe Touriñán

Partido igualado, moi disputado, con dous moi bos equipos dos mellores da categorías. Foi o cadro de Martín mellor na primeira metade, ante un Buño que non conseguía romper liñas. Así e todo, a máis clara da primeira metade sería para Eloy, nun man a man que salva Pereiras. Pero era un molólogo do Zas, facendo moito daño sobre todo con Andrés e Álvaro Fariña, que tiveron varias ocasiones para adiantar o caro local no marcador.

Tras o paso polos vestuarios, o equipo de Jose Carabel deu un paso adiante, e pronto se adiantaba con dous dende fóra da área de Breo e Eloy. Reacciouno o Zas que se botou enriba. Nunha mala saída de Xurxo e con indecisión da defensa, Álvaro Fariña marca o 1-2 e a poucos minutos do final, en claro fora de xogo, Anxo anota o 2-2 final.

Zas-Buno-Foto-Noe 3
Foto: Noe Touriñán
 

Malpica - Ameixenda (2-0)

  • Malpica: Lamas, Macías, Jorge Grougo, Arcay, Fran, Lou, Jorge Parga, Aitor, Baye, Simón e Kevin.Tamén: Cabeza, Eloy Vilas, Samuel e Alexandre.
  • Ameixenda: Costa, Evaristo, Chapu, Bichinho, Fabián, Dani, Juan Lagoa, Torices, Pikita e Pablo.
  • Goles: 1-0, m.35. Simón de falta coa axuda da barreira; 2-0, m.86: Kevin.

Despropósito de partido no Pedra Queimada, entre os dous últimos da táboa. Por segunda vez o Ameixenda sae a xogar un partido con tan só 10 xogadores, e algún deses dez xogou con molestias. Aínda así o equipo non pasaba grandes apuros e o partido era bastante igualado ata que un fallo na colocación da barreira permitíalle a Simón facer o 1-0 de falta directa. Antes o propio Simón probara a Costa cun testarazo.

No segundo tempo podía esperarse unha maior presión do Malpica por ter o nordés a favor pero ca expulsión de Baye Amar no m.55 o Ameixenda dou un pasiño adiante ainda que tampouco facía moito perigo. A incerteza palpábase e tan só nos últimos minutos, logo das expulsións de Evaristo e Lagoa no m.80, logrou o cadro malpicán cerrar o partido por medio de Kevin.

 

Baíñas - Seaia (1-0)

  • Baíñas: Joel, Carlos, Borja, Samuel, Raúl, Cristian Canosa, Maikol, Hermida, Dylan, Esteban e Aníbal. Tamén xogaron: Ruli e Christian Rguez.
  • Seaia: Piña, Anxo, mario, Pablo, Suárez, Martín Costa, Martín Souto, Diego, Luisma, Camiño e Juni. Tamén: Añón, Joel, Iván, Alex Mato e Pablo.
  • Gol: 1-0, m.90: Ruli no man a man.

Escápaselle o tren ao Seaia, a pesar da boa serie de resultados dende que comezou o ano, ante un Baíñas que clarexa a súa posición de privilexio.

Foi un choque o do domingo moi igualado, cun Seaia moito mellor na primeira metade, sen permitir ocasións, e chegando 2-3 veces pero sen acerto.

Arrincou a segunda metade moi igualada, pero co paso dos minutos os de Roski aproveitaban máis os ocos que ían aparecendo na defensa dos de Óscar Moscoso. Quedou con 10 a falta de 15 minutos o Baíñas, pola expulsión de Esteban, pero aínda así buscou o partido máis que o Seaia, chegando cada vez con máis perigo, e tendo que aparecer Piña para manter a igualada. Igualada que, podería ter sido máis xustoa, pero que se rompería no desconto cun tanto de Ruli.

 

Xallas B - Porteño (0-1)

  • Xallas B: Fabián, Julián, Iván García, Becerra, Yago Facal, Jota, Marcos García, Adri Couto, Steven, Castro e Kevin Fondo. Tamén: Amarelle, Fabio Barbeira, Jose Suárez, Joel e Marcos Carro.
  • Porteño: José Vicente, Rodri, Pejo, Nico, Ángel, Juan oVello, Nico (Martín, m.65), Alan (Yeray, m.75), Carrabete (Manoliño, m.78) e David (Marcos, m.60).
  • Gol: 0-1, m.11: Pejo de cabeza nun córner.

Moi bo partido dos dous equipos, moi igualado e apretado, con ocasions claras para os dous equipos, e só acertou Pejo á saída dun córner. Os xuvenís xalleiros fixeron os gran partido, e pediron un penalti, Na outra área Nico marrou unha para empurrar e Carrabete non se decidiu no man a man.

Na segunda, os de CHurián foron polo partido ante un Porteño que a pesar de dúas boas ocasións de Carrabete non conseguiron sentenciar. Jota, dende fóra da área tivo unha das mellores para os locais, que se cadra mereceron algo máis.

Máis crónicas da 3ª Galicia

As táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios