3ª Galicia: Xornada pasada por auga
Castrelo - Baíñas (0-0)
- Castrelo: Martín, Oli, Canosa, Estebo, Peke, Rodrigo (Miguel, m.80), Quilmes, Chans, Picallo (Xavi, m.70), Guillin (David, m.80) e Rubén (Pereira, m.85).
- Baíñas: Joel, Carlos (Chavico), Hermida, Maikol, Raúl, Oreiro (Chipi), Adrián, Ruli (Samuel), Aníbal (Héctor), Esteban e Kevin.
Típico partido de derbi, igualado, intenso e disputado, con poucas ocasións nas dúas áreas. Si que os de Roski parecían máis interesados en pisar a área rival e tiveron algunha chegada que Martín salvou baixo paus.
A segunda parte, máis do mesmo, coa iniciativa do Baíñas pero sin chegadas claras. Tivo Guillín o tanto pero mandou ao pau. Por bando visitante pediron dous penaltis sobre Kevin e Chumiko no treito final, pero acabaron sendo expulsados por protestar Brais e Héctor.
A tensión relaxouse co pitido final e se mantivo o bo rollo entre veciños.
Camelle - Pereiriña (1-1)
- Camelle: David, Martin, Dido, David, Quintelo (Mariño), Estiben, Piquero (Chori), Crejo, Carlos (Ruso), Marcotiño (Álvaro), e Adrián
- Pereiriña: Isma Antelo, Grille, Fabián, Adrián Ozón, Esteban Lema, Carlos Leis, Brais Lagoa, Esteban Sendón, Rodri, Martín e Kevin. Tamén: Ézara, Christian, Soneira, Isma Graíño, e Dani Costa.
- Goles: 1-0, m.50: Adrián Pasantes tras unha boa triangulación; 1-1, m.51: Brais Lagoa.
Adaptouse mellor o Camelle ao complicado campo do Rodeiro por estas datas. Xogou mellor o cadro de Sergio na primeira metade pero tampouco tivo demasiada claridade.
Na segunda, saíu mellor o Pereiriña, pero cando mellor estaba unha boa triangulación dos locais abría o marcador. Non tardou en reaccionar o cadro ceense que á saída de centro xa empataba nesa mesma xogada. A partir de aí, pouco que contar, moita lama, moito charco e pouco fútbol, se ben os locais conseguían chegar algunha vez a balón parado e mandar un balón ao traveseiro.
Ameixenda - Zas (1-5)
- Ameixenda: Costa, Juan, Bichinho, Chapu, Yunior, Chucho (Fabián, m.46) (Sergio, m.62), Lagoa, Andrés, Pablo, Cristian e Capote (Dani, m.56).
- Zas: Pereiras, Pablo Pardiñas, Juan (Damián), Pablo Fuentes (Jose), Darío (Cristian(, Adrián, Manu, Marcos, Anxo (Hugo), Iván e Álvaro (Andrés).
- Goles: 0-1, m.5: Anxo; 0-2, m.25: Álvaro; 0-3, m.42: Adri; 0-4, m.60: Darío; 1-4, m.72: de penalti; 1-5, m.88: Iván.
Outro dos partidos adiantado a tarde do sábado e xogado na primeira parte con moita néboa (por momentos dende unha banda non se divisaba a outra) e na segunda con vento e moita choiva. Nestas condicións o Zas axeitouse mellor ao tempo e ao estado do terreo de xogo, xa que en gran parte do partido o balón non corría pola gran cantidade de auga. E aparte da superioridade do Zas, o gran problema do Ameixenda neste inicio de tempada son os "regalos" que concede. Neste partido o primeiro gol ven dunha perda de balón, o segundo nun fallo ao despexar na área e o cuarto e quinto son un córner e unha falta que o porteiro non dá despexado e a defensa non apreta.
Laxe - Lira (2-1)
- Laxe: Rubén, Mikel, Camafreita, Pombo, Jacinto, Miguel Torres, Jesús, Gora, Bieito, Santi Casás e Iago Torres. Tamén: José Ángel, Pablo, SergioCebey e Felipiño.
- Lira: Raúl, Cartamil, Goles, Raúl, Isaac, Mijeliño, Ángel, Saúl Lariño, Oliver, Rubén e Suso.
- Goles: 0-1, m.15: Suso Perico; 1-1, m.30: Mikel; 2-1, m.77: Bieito.
Partido bronco no Rogelio Martínez cun Lira que nunca se atopou ante un Laxe que buscaba o fútbol directo para superar as torres lirachas. O partido comezaba igualado, e era o Lira o que menos sufría e mesmo se adiantaba. Pero á media hora, o tanto do empate de Mikel e a expulsión do propio Suso Perico deixou o partido complicado para os de Sil.
Soubo esperar oseu momento o Laxe, que primeiro avisou pero Cartamil salvou baixo paus. Tivo Rubén unha boa contra para facer o 1-2, pero o tanto da vitoria chegaría para o cadro local por medio de Bieito.
Buño - Porteño (0-0)
- Buño: Darío, Brais (Miguel Dourado), Elías López, Martín, Sergio (Bastón), Pablo, Breogan, Iván, Omar, Elías e Luis Miguel (Juan Antelo).
- Porteño: Jimmy, Porto, Pejo, Nico, Yeray (Manoliño, m.65), Visente, Ángel, Juan, Nico (David, m.46), Lucas (Marcos, m.72) e Alan.
Pouco fútbol, moi trabado, moitos balóns longos, moitas protestas… Así foi o choque da mañá dominical na que o Buño fixo un gran partido ante un Porteño que segue sendo un dos candidatos, pero que non se atopou en ningún momento. Apenas un balón de Lucas ao longueiro, e algún centro lateral foron as chegadas dos visitantes, ante un cadro local que tivo varias chegadas claras por medio de Omar, Iván… que salvou Jimmy.
Os de Carabel pediron a expulsión de Yeray por varias faltas, e estiveron no segundo tempo todo o rato en campo contrario, pero non estiveron acertados.
Seaia - Xallas B (0-5)
- Seaia: Anxo, Iván, Sergio; Mario, Luisma, Diego, Juni, Anxo, Piña, Martín Costa e Pablo. Tamén: Añón, Raúl, Manu Garrido, Pablo Caamaño e Jose.
- Xallas B: Fabián, Becerra, Jota, Miguel, Balsa, García, Stiven, Coutiño, Luis, Forján e Kevin. Tamén xogaron: Iván, Rabelo, Julian e Brais.
- Goles: 0-1, m.25; Kevin; 0-2, m.44: Steven; 0-3, m.60; Forján; 0-4, m.71: Kevin; 0-5, m.85: Becerra.
Case que nunha piscina se xogou o partido en Pedra Queimada. A chuvia provocou numerosas charcas imposibles de superar. Así e todo os dous esquipos fixeron un gran esforzo físico, cun Seaia ben prantado e as ideas claras, pero que foi sucumbindo á pegada xalleira, e por mor dos seus contados erros.
Nantón - Malpica (4-0)
- Nantón: Guillermo, Fran, Xoel, Eloy Moreira, David Fariña, Fuentes, Christian, Márquez, Tato, Redondo e Iván Moreira. Tamén: Carlos Vidal, Javi, Criistian Canosa, Anxo e Pastor.
- Goles: 1-0, m.4: Fran de falta; 2-0, m.37: Fran; 3-0, m.42: Pastor; 4-0, m.54: Pastor.
Mal partido dos de Jorge Calvete que pon un ultimatum ao plantel para estes dous vindeiros partidos. O golazo (primeiro de dous semellantes) de falta de Fran e a expulsión de Pepis por unha entrada tremenda xa marcaba o choque, facendo que os malpicáns case desaparecesen. Tralo terceiro tanto acabou o partido, e a segunda só serve para que o Malpica quede con 9 por outra expulsión.