Domingo. 13.10.2024
El tiempo

3ª Galicia: O Porteño remata o ano destacado pero sufrindo

Laxe-Zas-Foto-Noe Tourinan
Imaxe do Laxe-Zas-Foto-Noe Touriñán
3ª Galicia: O Porteño remata o ano destacado pero sufrindo

6 vitorias fóra de casa e unha vitoria local é a bagaxe desta última xornada de 2022 na 3ª Galega. Todo nunha semana na que o líder destacado, o Porteño, sumaba a súa 10ª vitoria seguida, pero nestas últimas semanas nótase que lle custa algo máis.
Venlle ben ao cadro de Cousillas o descanso, se ben a súa superioridade maniféstase na clasificación dos máximos goleadores: Lucas suma 2 goles, e o segundo pichichi é o seu compañeiro Alan, con 13. Por detrás, Carlos Antelo (Pereiriña) con 10, Dani Mato (Zas) con 9, e Adrián Pasantes (Camelle), e Miguel Torres (Laxe) con 8.

Por detrás non fallaron Baíñas e Buño, a 7 e 9 puntos respectivamente, nin tampouco Zas nin Pereiriña. Esa loita por meterse entre os 6 primeiros está fermosa, porque Laxe, Lira e ata Xallas B poden meterse aí.

 

Camelle - Baíñas (1-2)

  • Camelle: Pirata, David, Dido, Martín, Rubén (Hucho), Estiben, Piquero (Álvaro), Crejo, Sergio, Mario (Ruso) e Gaby (Chory).
  • Baíñas: Joel, Rodrigo, Borja, Maikol, Héctor, Oreiro, Adrián, Esteban, Aníbal, Kevin e Chipi. Tamen xogaron, Carlos, Sergio, Ruli, Raúl e Samuel Quintáns.
  • Goles: 0-1, m.30: Oreiro tras centro de Chipi; 1-1, m.50: Gabry; 1-2, m.73: Ruli.

O vento e as condicións do céspede do Rodeiro marcaban moito o choque. Comezaba dominando o Baíñas pero pronto o Camelle situábase e mesmo bandaba un balón á madeira. Pero os q se poñerian por diante serían os de Roski tras unha xogada por banda. Tivo o Camelle bos momentos,

Comezaria a segunda parte e nun balón en longo Gaby marcaría o empate, pero acababa lesionado, tras un forte golpe co porteiro visitante. Calmábase o choque, e a incercia tendía ao empate, pero nunha escapada de Ruli en profundidade conseguía facer o segundo. Seguían as chegadas nas dúas áreas, como unha que salvou Borja baixo paus. Xa no treito final repítse a xogada da lesión de Gabry pero con Joel e Dido como protagonista pero o colexiado volve decidir non pitar nada, acabando o propio Dido expulsado.

 

Seaia - Pereiriña (1-2)

  • Seaia: Anxo, Anxo Pose, Mario, Luismi, Raúl, Iván Rod., Martín Costa, Añón, Suárez, Isaac Piña. Tamén: Diego Martínez, Joel, Sergio, Diego Suárez e Pablo Caamaño.
  • Pereiriña: Isma, Grille, Tonecho, Adrián Ozón, Fabichas, Tito, Esteban, Sendón, Rodri, Isma Graíño, Charli. Tamén: Rubén Yaya, Miguel, Borja, Chiru e Saulo.
  • Goles: 1-0, m.79: Sergio anota un golazo; 1-1, m.85: Charli; 1-2, m.87: Charli.

Partido igualado, duro, sen ocasións, marcado pola lesión do meta visitante Isma, que así e todo aguantou todo o choque. O Seaia inquedaba máis a meta ceense nunha segunda metade na que parecía estar máis enchufado, pero non foi ata o m.79 cando se metía por diante. E cando que os puntos quedarían en Pedra Queimada, os de Emilio Corzón sacaron de corazón e orgullo, foron a portadas, e dúas chegadas seguidas de Charli servían para darlle a volta ao marcador.

 

Ameixenda - Buño (1-3)

11 do Ameixenda
11 do Ameixenda
  • Ameixenda: Costa, Sergio (Dani, m.60), Chapu, Bichinho, Pablo (Pikita, m.89), Esteban, J. Lagoa, Andrés, Torices, Cristian e Damián.
  • Buño: Xurxo, Anido, Jesús, Breogán, Fran, Luis Miguel, Eloy, Brais Ceán, Bastón, Adrián Pose. Tamén: Jose, Miguel Dourado, Omar e Mateo.
  • Goles: 1-0, m.10: Cristian dende a frontal; 1-1, m.32: Luís Miguel; 1-2, m.45: Bastón de falta directa; 1-3, m.61: Eloy.

Moito vento no San Paio de Refoxos na mañá dominical. Co vento a favor o Buño chegaba con relativa facilidade á área de Costa, aínda que quen se adiantou no marcador foi o Ameixenda aos 10 m. cando Cristian aproveitou unha contra e un despiste da defensa. O Buño continuou apretando e chegando e empatou no m.32 logo dunha falta lateral na que Luis Miguel colle o rexeite e marca. Tiveron aí Bastón, Eloy e Breogán varias chegadas e cando xa parecía que se chegaba con empate ao descanso, Sergio Bastón marcaba o 1-2 de falta directa.

No segundo tempo, co vento a favor o Ameixenda apretou e meteu atrás ao Buño, xogándose toda a segunda metade no seu campo, pero os ceenses non foron capaz de facer ocasións claras (apenas un par de chegadas de Cristian), mentres que o Buño aproveitou prácticamente a únina que tivo.

Laxe - Zas (0-1)

11 do Zas en Laxe-Foto-Noe
11 do Zas en Laxe-Foto-Noe
  • Laxe: Rubén, Mikel, Sergio, Pombo, José Ángel, Iago Torres, Camafreita, Miguel Torres, Pablo, Bieito Santi Casás. Tamén: Jacobo, Jorge, Fran Lema e Felipiño.
  • Zas: Adrián, Dani Mato, Fuentes, Adrián Rama, Andrés, Iván, Brais, Anxo, Alvite, Marcos e Darío. Tamén: Pablo, Álvaro, Xabier, Christian e Damián.
  • Gol: 0-1, m.5: Andrés.

Partido de 0-0 e marcado polo forte vento, cun Zas de Martín que intentaba combinar algo máis e un Laxe de Lilo máis contenido, pero sacando perigsas saídas. Marcou pronto o Zas, aproveitando o vento, nunha xogada por banda de Dani Mato que remata Andrés. Era momento de non cometer erros para o Zas, ante u Laxe que pegaba zarpazos da man de Iago Torres, ou Felipiño, que na segunda obrigou ao meta zaseiro a facer un paradón unha xogada que se colaba o empate.

Laxe-Zas-Foto-Noe Tourinan 2
Laxe-Zas-Foto-Noe Touriñán

 

Nantón - Xallas B (2-3)

  • Nantón: Guille, Fran, Eloy Moreira, Gavín, Fuentes, Bardanca, Tato, Martín, Javi, Iván Moreira, Redondo. Tamén: Xoel, Carlos Vidal e Anxo.
  • Xallas B: Alex Barbeira, Dani Barbeira, Jota, Adrián Couto, Martín Bardanca, Iván García, Becerra, Javi, Marcos, Suárez, Kevin. Tamén: Fabián, Alonso, Marcos, Iván.
  • Goles: 0-1, m.8: Dani Bardanca; 0-2, m.14: Javi Caamaño; 1-2, m.22: Martín Suárez; 1-3, m.34: Dani Barbeira; 2-3, m.40: Fran.

Primeira metade chea de goles, cun Xallas B con moitos xuvenís na convocatoria. Adiantáronse os xalleiros no primeiro cuarto de hora sen dúas faltas laterais mal defendidas polos cabaneses. Martín recurtou cun golago estilo Pogba pero Dani Barbeira metía de novo dous tantos de vantaxe con outro golazo cruzando o balón e pegando no pau e dentro. Fran, cun tanto de falta, metían aos locais de novo no partido.

A segunda metade foi un querer e non poder. O filial dominaba bastante e non acabou sufrindo demasiado.

 

Castrelo - Porteño (1-2)

  • Castrelo: Martín; Chans, Oli (Estebo, m.60), Canoas, Peke, Rodri, Quilmes, David (Xavi, m.75), Guillín (Cachi, m.60), Picallo (Pereira, m.75) e Rubén.
  • Porteño: Jose, Vicente, Rodrigo, Yeray, Manoliño (David, m.60), Ángel, Nico (Brais, m. 80), Juan, Lucas, Martín (Marcos, m.65) e Alan.
  • Goles: 1-0, m.5: Rubén; 1-1, m.8: centro de Alan que peitea Lucas e se cola; 1-2, m.30: Juan oVello.

Custoulle moito ao Porteño sacar o partido adiante nunha xornada de moito vento, ante un Castrelo moi poderoso, que se metía por diante nun balón en longo que aproveitou moi ben Rubén. Pero pouco lle durou a alegría aos de Ordóñez, pois 3 minutos despois marcaría o cadro de Cousillas nun centro de Alan dende a banda que Lucas non se sabe se acerta a rematar ou non de cabeza, pero o balón se cola na meta de Martín (o colexiado doullo a Yeray…).

Seguía o choque igualado, con moito tanteo, e á media hora marcaría oVello nunha indecisión da defensa local tras unha peiteada de Martín, e malia gran estirada do meta Martín.

A segunda parte foi moi igualada. O Porteño non foi capaz de aproveitar o vento a favor. A 3 do final Xavi tivo o empate nas súas botas, tras regatear ben dentro da área e quedar man a man co Jose, que lle tapou ben.

Lira - Malpica (4-0)

  • Lira: Balayo, Cartamil, Ángel Golpes, Ramón, Ángel, Mijeliño, Lucas, Saúl Lariño, Saúl Lira, Pablo e Rubén. Tamén: Alexis e Raúl.
  • Malpica: Ángel, Jorge Groufo, Jorge Martínez, Fran, Fernando, Loureiro, Aitor, Jorge Parga, Simón, Sergio e Arcay. Tamén: Ba e Alexandre.
  • Goles: 1-0, m.26: Cartamil nun córner; 2-0, m.58: Rubén de falta; 3-0, m.68: Pablo; 4-0, m.88: Saúl Lira.

Aguantou o Malpica de Jorge Calvete media hora metido no partido, mesmo tendo algunha chegada, como un tiro dende a frontal de Simón que para Balayo, ou un remate de cabeza claro á saída dun córner que sae mordido. Na outra área, Saúl Lira, Rubén e Pablo tamén avisaban, sendo o eterno Cartamil o que abría a lata nun córner.

Saíu ben tamén o Malpica na segunda, ata que Rubén, cun trallazo de falta na escuadra, ampliaba a renda e provocaba a clásica desaparición dun equipo que se cae ás primeiras de cambio. Pablo e Saúl Lira sentenciarian.

Máis crónicas da 3ª Galicia

As táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios