domingo. 01.12.2024
El tiempo

3ª RFEF: Un debut histórico da SD Sofán

SD Sofan celebrando o primiero gol no Carral na 3 RFEF-Foto-SD
Os xogadores da SD Sofán celebrando o primeiro gol na historia en categoría nacional no Carral -Foto-SD
3ª RFEF: Un debut histórico da SD Sofán

Non puido ser con vitoria, pero si foi con alegría. A SD Sofán debutaba nunha histórica 3ª División RFEF, unha categoría nacional na que ninguén soñaría hai 10 anos co equipo situado na zona morna da Liga da Costa.

Pero esta SD é de verdade, como o é a Bombonera do Carral que acollía esta histórica cita cunha inmellorable posta de longo.

Sofán - Rápido Bouzas (1-1)

  • SD: Julián, Borja Pita, Iriso, Becerra, Canedo; Godie, Kolie, Jacobo Eibe, Paulo, Fabián e Raúl. Tamén: Alexandre, Fita, Rubén Fraga, Brais, Álex Gallego, Manu Barbeiro e Artai.
  • Goles Sofán: 1-0, m.22: Raúl; 1-1, m.79.

Un clásico das categorías nacionais como o Rápido era un perfecto compañeiro de baile, e de feito o cadro visitante comezaba pegando con balóns parados colgados á área de Julián. Pouco a pouco a SD foise desperezando e saíndo da cova, e Eibe e Paulo, con dúas boas ocasións, xa lanzaban os primeiros avisos.

E non tardaba en estoupar o Carral, da man do de sempre. O capitán Raúl facía un histórico tanto, cun efectivo remate de cabeza.

Quedaba moito por diante, pero a SD quería sentenciar antes do descanso, pero Paulo e Kolie atopábanse co meta visitante.

Na segunda o Rápido subía liñas pero a SD aproveitaba con contras que facían moito dano aos visitantes. Pero non conseguía sentenciar o cadro local e a 10 para o final, unha falta dende a frontal é rexeitada por Julián, para que apareza um dianteiro visitante a facer o empate, ante as protestas dos locais por posible fóra de xogo.

Tivo aínda Borja un bo lanzamento pero o empate non resta ilusión a esta fermosa singradura que comezaba onte no Carral.

Novas relacionadas

Comentarios