Sábado. 20.04.2024
El tiempo

3ª RFEF: A SD non deixa escapar a un rival directo

SD Sofan en Noia tras ganar
O cadro carballés tras gañar na Barraña: Fotos: SD
3ª RFEF: A SD non deixa escapar a un rival directo

Facíalle moitísima falta esta vitoria á SD Sofán. O cadro de Alberto Rodíguez e Cantudo venceron en Noia, e deixan o soño da permanencia no aire, ao non deixar escapar un rival directo pola permanencia.

Os carballeses seguen pechacancelas pero alcanzan ao Arnoia e quedan a 8 puntos do Viveiro.

Noia - Sofán (0-1)

11 da SD en Noia

  • Sofán: Brais; Paulo (Eibe, m.86), Rubén, Juanjo, Kolie, Fita (Martín, m.76), Iván, Borja, Fabian, Alexandre (Gallego, m.80) e Gody.
  • Gol: 0-1, m.66: Paulo.

Traballadísima vitoria da SD en Noia, nun choque que saíron a por todas a pesar de levar tantas xornadas sen gañar e no máis baixo da táboa. Fabián avisaba nada máis sacar de que a SD viña polos 3 puntos, e a piques estivo de sorprender a Fedello, o meta carballés no cadro noiés. Os visitantes presionaban a saída de balón e nun roubo Paulo non podía con Fedello de novo.

Na segunda, o Noia quería seguir dominando ante unha SD que seguía lanzando contras perigosas. Nunha fermosa xogada con Fita e Borja, Paulo mete un caño e cola o balón na escadra. Aínda quedaban 25 minutos e a SD soubo defender o resultado, e aguantar as embestidas locais.

Comentarios