4 costeiros, campións de España co Dépor Xuvenil

Histórica fin de semana futboleira para a comarca de Bergantiños. Ademais dos ascensos do Bergan feminino e dos dous equipos xuvenís e o ascenso do Sofán á 3ª División, e xogadores da zona se proclamaban campións de España co Dépor Xuvenil.
É a segunda vez que o RC Deportivo se proclama Campión de España da categoría, por trala xesta daquel equipo de hai 25 anos. Desta volta facíao tras vencer ao Real Madrid en semis e ao Barcelona na final, celebrada en Marbella. Os de Óscar Gilsanz vencían por 3-1, cun gol de Mario e 2 de Noel.
No 11 inicial partiron o porteiro de familia cormelá Brais Suárez, o defensa cabanés Dani Barcia e o medio Fito (Alfredo Rodríguez), de nai zaseira e pai de Agualada. Dende o banco saltou para xogar os últimos minutos o tamén cormelán Jairo Nogueira.
Os 4 viven na área coruñesa pero as súas raíces costeiras, e os seus veráns na comarca, os convirten en costeiros de facto, producindo un orgullo xeneralizado para a Costa da Morte.
#ANOSACANTEIRA | O #Dépor proclámase Campión de España Xuvenil por segunda vez https://t.co/CLqAA9npuM pic.twitter.com/eqvY2jTbs9
— RC Deportivo (@RCDeportivo) June 27, 2021
📺 RESUMEN | El @RCDeportivo se corona como el mejor juvenil de España (3-1).
— RFEF (@rfef) June 27, 2021
⚽️ El conjunto de Óscar Gilsanz brilló para imponerse al @FCBmasia con una actuación estelar de Noel, que anotó un doblete y realizó una asistencia.#CopaDeCampeones pic.twitter.com/ovTyB5Hxaf