Venres. 26.04.2024
El tiempo

Os 50 anos da SCDR Esteirana nun libro

esteirana libro
Os 50 anos da SCDR Esteirana nun libro

Esta pasada fin de semana o Xosé Luís Vara acollía a presentación do llibro que recolle os 50 anos de historia da SCRD Esteirana: "Sociedade Cultural, Recreativa e Deportiva Esteirana, MCMLXXI". Un libro que recorda aquel “Do Esteiro Fútbol Club á S.C.R.D. Esteirana” publicado en 2006 por Manuel Torres, pero engade unha nova etapa de gloria do cadro blaugrana.

O xornalista Manuel Lago e o actor Víctor Fábregas, dous ex xogadores do club, foron inmellorables condutores do acto. O presidente Manolo Ferrolán daba un emotivo discurso de presentación, lembrando nomeadamente aquel campo (areal) de Artón, e o gran traballo do fútbol base do club “o tesouro máis prezado” da Esteirana.

Nas palabras recordaron a xentes importantes na historia do club, nomeando presidente de honra a José Creo Creo, "Cachiño I" e visibilizando a labor das directivas que pasaron polo club e que desfilaron polo verde do campo.

Podedes facervos cun exemplar no propio campo, nas diferentes asociacións de Esteiro ou contactando coa directiva do club.

Novas relacionadas

Comentarios