Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A crónica dominical: Xornada gris

Cee-Ponteceso-Foto-Brais Antelo e David
Imaxe do Cee-Ponteceso-Foto-Brais Antelo e David Curro
A crónica dominical: Xornada gris

Xornada completa esta entre novembro e decembro, de novo pasada por auga, que deixa máis derrotas que vitorias nas ligas altas.

Por exemplo na Preferente, onde o Fisterra sumaba a súa segunda derrota consecutiva, a pesar do cal non perde a segunda praza. O Xallas parece que cortou unha serie de bos resultados.

En 1ª Galicia, só unha vitoria, e para iso nun derbi, a do Dumbría (que sobe moi arriba) en Muros, ante un Volantes, que volve a sumar 4 partidos sen gañar. O líder, Soneira, sumaba un importante punto ante outros dos favoritos, O Pino, ao que deixa a 4 puntos na segunda praza. O Baio perdía en Riveira para completar a xornada, e o Mazaricos sumaba unha gran vitoria que o deixa en media táboa.

O líder da Liga da Costa, Corme, que acababa sufindo nas Redondas, aumenta en 2 puntos a súa vantaxe sobre o Ponteceso, os que se deixaron os de Pondal en Cee, para baixar á 3ª praza. No medio colócase a Esteirana tras vencer en Arliña ante un Muxía que non dá collido o vagón de cabeza. O que non se descolga é o San Lorenzo, que venceu ao Baíñas pola mínima na chuvia de Verdillo, e queda a só 6 do liderato.
Por abaixo, o Cerqueda e o Castriz pegan un bo estirón, e sacan xa 7 puntos ao trío de abaixo, que parecen destinados a pelexarse as dúas prazas de descenso directo (Cabana, Buño e Zas).

Fin da primeira volta

En 3ª, o Camariñas deixábase os primeiros puntos da temporada ante o Castrelo, nun partido no que o colexiado sinalou na acta que o adestrador Berto, aínda cumprindo parte da súa infinita sanción, entrou no vestiario antes do partido (cousa que non pode) e que ademais insultou ao colexiado dende a bancada… Queda Remata así a primeira volta co Outes, que descansaba, a só 3 puntos do liderato, pero con 7 sobre a 3ª praza.
Parace pois que o descenso directo ten dous nomes claros, pero a Promoción estará moito máis complicadas. Montelouro e Nantón pegaron na mesa, pero Camelle, Laxe e Seaia están moi cerca. Ameixenda, e mesmo o Corcubión, con moitas novidades, aspiran a meterse.

Base

Boa xornada para os dous equipos dumbrieses en Liga Galega, dos que falaremos esta semana.

Nas Ligas Comarcais, a Xuvenil segue igualadísima. Tralo empate do Outes volve o Soneira colocarse de líder, co Sofán polo medio e o Zas e o Cabana xa aí arriba.

En Cadetes o Xallas sufría a primeira derrota da temporada en Cabana pero non deixa o liderato. O Fisterra, o propio Cabaan, Sofán, Cerqueda e Cee recuperan terreo.

Ademais, en infantís, O Dumbría parece embalado.

En F8, xa en competición ao completo. Nas Ligas Comarcais (ante Coruña e As Mariñas) tamén saben gañar os nosos, como o demostrou o Dumbría alevín ante o Once Caballeros. O Xallas venceu ao Outes no comezo da Liga Comarcal Benxamín.

Veteranos

A vitoria do San Lorenzo ante o Dumbría foi o choque máis destacado da xornada nos Veteranos.

Todas as táboas en futboldacosta.com.

Comentarios