luns. 02.06.2025
El tiempo

A Pipa: Non fallan os favoritos no comezo de ano

A Pipa: Non fallan os favoritos no comezo de ano
Cerqueda e Mazaricos en Xavina-Foto-UD Cerqueda e Mazaricos en Xaviña-Foto-UD Primeira xornada do novo ano nas competicións con participación dos equipos costeros nas mesmas, e foi realmente positiva nas máximas categorías, Preferente e Primeira, nas que únicamente o Dumbría saíu derrotado ao término dos noventa minutos de xogo. O resto de conxuntos sumou puntos, sobresaíndo a importante vitoria da Esteirana sobre todo un Tordoia que está realizando unha excelente campaña da man de Dani Calvete. Ademais, nas ligas costeiras non fallaron os favoritos.

Liga da Costa

Na Liga da Costa de 2ª Galicia, unha xornada máis a vida segue igual na cabeza, pois ningún dos cinco primeiros fallou nos seus diferentes compromisos e sacaron adiante todos eles, con mator ou menor grado de dificultade. Con menor grado de dificultade saldouno favorablemente o Muxía, que goleaba a un Buño que se presentou no recinto de Arliña con só dez xogadores, e encaixou un rotundo 6-0. A nota negativa, a grave lesión de Adrián Alcaina, ao que desexamos unha pronta e completa recuperación. Tamén venceron con claridade Baiñas e Ponteceso, co mesmo resultado de 3-0, a Cee e San Lorenzo, respectivamente, aínda que os seus dous rivais puxéronllo complicado e venderon cara a súa derrota no municipal de Vimianzo e o Pinguel, respectivamente. Choques tremendamente disputados e moi complicados para Corme, en casa ante un gran Volantes, e Mazaricos, no seu desprazamento ante un rocoso e traballador Cerqueda. Ao final, o 2-1 dou Cairo, e o 0-1 en Xaviña, bastaron para que os dous primeiros clasificados sumasen os tres pntos en xogo. Igualdade no resto de choques, onde unicamente Lira e Sporting Zas saldaron o seu compromiso con reparto de puntos tras un encontro moi disputado e con moitas ocasións de gol por ambas escuadras. En Cee, dramatismo pola situación na táboa de Ameixenda e Monte Louro, saldado cun 0-1 favorable aos homes de Oscar Leis. Nota negativa, a lesión do local Jorge, que tivo o partido detido varios minutos ata chegar a ambulancia para levarse ao xogador lesionado aínda que, por fortuna, foi moito menos do esperado, para satisfacción de todos. En Muros, o once malpicán sumou un triunfo que dedicou ao seu xogador Brais, que pasou esta semana polo difícil tralo do falecemento da súa nai e ao que enviamos un forte abrazo e o noso apoio nestes momentos tan complicados para el e a súa familia. O 0-1 final significou o triunfo malpicán pese aos intentos locais de mellorar o resultado. Na próxima xornada, gran derdi en Cee coa visita do Muxía, mentres que o líder, Corme, visita a un tocado Buño e o Mazaricos recibe en Piñeiro do Val ao Lira. O Ponteceso rende visita ao Volantes, nun dos encontros da xornada, mentres que o Baiñas, que quere engancharse á zona nobre, viaxa ao complicado terreo de xogo de Louro. Por abaixo, o Zas mídese a un Ameixenda que segue como farolillo vermello, mentres que o San Lorenzo recibe en Verdillo a un Muros necesitado de puntos. Derbi municipal en Malpica, onde os locais veranse a caras cun Cerqueda do que lle separa un punto na táboa clasificatoria.

3ª Galicia

Non fallan tampouco os favoritos ao ascenso en 3ª da Costa, pois Coristanco, Cabana, Castriz e Porteño sumaron triunfos nos seus choques ante Laxe, Nantón, Corcubión e Camelle, todos eles de xeito claro a tenor dos resultados dos encontros. Os derbis municipais de Cabana e Ponte do Porto se decantaron ao lado dos locais, sendo máis clara a vitoria dos aurinegros, ante o Nantón, por 5-2, e moita tensión no Porteño-Camelle, onde foron expulsados o técnico local e tres xogadores visitantes. Coristanco, en Laxe, e Castriz, en Corcubión, gañaron con contundencia, aínda que os líderes pasárono mal ante o once de Ordoñez, e ata o minuto 67 non conseguiron o seu primeiro tanto, aínda que ao final o choque finalizou con 0-3. Bo triunfo do Seaia ante a revelación, Castrelo, por 1-0, e fai que os visitantes vexan ameazada a súa presenza na promoción por un Camariñas que soubo sacar adiante o compromiso ante o Outes, malia comezar perdendo por 1-0, pero remontando nos segundo corenta e cinco minutos, freando deste xeito a marcha dos da Serra, que se manteñen na quinta praza da clasificación xeral. Na próxima xornada, dous encontros chaman poderosamente a atención dos afeccionados. Por unha banda, o líder recibirá, na Rocheira, ao segundo clasificado, Cabana, mentres que o Castriz mídese en San Pedro ao cuarto, Porteño, descansando o quinto clasificado, o Outes. Destes resultado pódese beneficiar Camariñas e Nantón, en caso de sumar o triunfo nos seus duelos ante Seaia e As Baleas, respectivamente. O Camelle recibe no seu terreo ao Laxe, separados por dous puntos, mentres que o Castrelo buscará o primeiro triunfo deste ano no Municipal, ante o Corcubión.

Preferente

Cómodo triunfo do Sofan no terreo do Castro, por 1-4, aínda que os locais, en zona de descenso, chegaron a colocar o 1-1 no marcador, pero ao final a superioridade rojilla foi manifesta e os tres puntos adxudicoullos o conxunto de Iván Cancela. Na Fontenla, o Xallas viu como un rival directo por asegurarse a permanencia, como o é o Boimorto, levábase un dos puntos en xogo, logo de ir con vantaxe os verdes por 2-1, e mantense a diferenza na táboa de catro puntos entre ambos. Na próxima xornada, o Sofán será o anfitrión dun Ribadeo, sexto cun punto máis que os rojillos, mentres que o Xallas repite en casa ante un Arteixo ao que supera nun punto na clasifcación.

1ª Galicia

Boa xornada en xeral para os equipos da Costa en 1ª, onde Esteirana, Baio e Soneira venceron con maior ou menor solvencia nos seus compromisos, o que fai que os primeiros acurten distancias coa zona de permanencia, que agora a teñen a tres puntos co Praiña, aínda que vos arrastres de Preferente poidan complicar a permanencia, mentres que o Baio mantén a quinta posición, a un punto do cuarto, e o Soneira poña terra polo medio coa zona de perigo e xa sexan cinco os puntos de vantaxe sobre os posibles arrastres. Non puido sumar o Dumbría no seu desprazamento á Exclavitud, onde perdeu por 2-1 logo de adiantarse no marcador, pero os locais deron a volta ao marcador aínda que o conxunto de Julián Ferreiro manteña a súa sexta praza na táboa. Cedeu un empate o Fisterra en Ara Solís, ante o Piloño, que empató a contenda poucos minutos antes da conclusión do choque, o que fai que a vantaxe dos verdes sobre o Flavia, segundo, véxase recortada en dous puntos, e co Sigüeiro sexan os tres conxuntos que se disputen ascenso e promoción, separados por tres puntos na clasificación xeral. Na próxima xornada, derbi en Dumbría, onde chega o Baio con catro puntos de vantaxe sobre os locais. Pero o partido da xornada, sen dúbida, vivirase en Padrón, co duelo entre Flavia (2º) e Fisterra (1º), que seguro levará moitos afeccionados ao terreo padrones. A Esteirana visitará o difícil terreo do Cordeiro, decimosegundo clasificado, mentres que o Soneira quere afianzar a súa praza en Primeira superando no Municipal de Vimianzo ao Lalín, do que lle separa un punto na táboa.  
  • Manuel Corredoira, Entrenador UEFA PRO, Nacional Nivel 3 de Fútbol e Director Deportivo pola RFEF, formador da Escola Galega de Adestradores, actual coordinador das Escolas de Fútbol Base de Zas e Delegado da Federación Galega de Fútbol para a Costa.
A pipa de Corredoira

Todas as Pipas anteriores

https://quepasanacosta.gal/a-pipa-cambio-de-posicion/ &nsbp;

Comentarios