Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A Previa: Arliña e Vimianzo marcarán o ritmo

A Previa: Arliña e Vimianzo marcarán o ritmo
Preferente Norte: busca hoxe pola tarde o Xallas manter a xeira de partidos de Iyan no banco verde, que empezou con vitoria na Pobra e pretende seguir sumando puntos en Fontenla a partir das seis da tarde ante o incómodo Dubra, nun derbi de cercanías que a bo seguro arrastra un gran número de público a Santa Comba. O domingo no Carral o Sofán buscará tres puntos ante o Estudiantil, colista pero incómodo rival que está a competir ben en todos os campos. 1ª Galicia: prosigue o andar ligueiro con tendencias cruzadas nos nosos representantes. Mentres Baio, Fisterra e Dumbría cotizan á alza, Soneira e Esteirana buscan pillar o vento de cola que os leve a posicións mellores na tabla. O Baio recibe ó Bertamiráns nunha boa ocasión de facerse fortes no Platas Reinoso. O Dumbría fai o mesmo co BAstavales despois de duas goleadas e buscando seguir con esa liña. O Fisterra viaxa a Chaián, un campo onde perfectamente pode facer tres puntos, e Soneira e Esteirana van a Cordeiro e Esclavitud, campos santiagueses nos que se atopará rivais duros e correosos a bo seguro. FOTO E.OLVEIRA 2ª Galicia: dous grandes partidos na cabeza esta xornada, e algún derbi moi interesante tamén. En Arliña e en Vimianzo dispútase a cabeza da liga, no Muxía - Corme e no Baíñas - Puenteceso. Dous encontros para ir a ver, onde seguro se verá bo fútbol, sobre todo se o vento que parece vai azoutar a costa nos respeta. E derbis teremos en Xaviña nese Buño - Cerqueda, sempre interesante e tenso, e no Volantes - Lira, con dous equipos con dinámicas diferentes, e dous grandes adestradores que se coñecen ben. En Louro o equipo local, moi forte no seu campo, pon a proba ó Mazaricos, e en Cee prodúcese un duelo de urxencias entre o equipo local e o Muros. En Malpica e en Verdillo temos encontros para ir definindo posicións, de equipos que queren mirar para arriba algúns e outros que pretenden escapar da queima. 3ª Galicia: partidazo en Vimianzo, na doble sesión do campo municipal, entre o Castrelo e o Porteño, onde o líder defende a súa condición ante un perigoso Porteño máis efectivo na Grixa pero sempre difícil rival. No resto da xornada Outes, Camariñas, Castriz e Coristanco xogan co factor campo ante Seaia, Corcubión, Laxe e Baleas, e en Camelle visita o Cabana, que tenta recuperarse da goleada da semana pasada pero o Rodeiro non é o mellor sitio para alegrías. No fútbol feminino o Bergantiños recibe o Cambre no grupo 2 e As Miudas, encaramadas nos postos altos, viaxa á Estrada para tentar vencer ó equipo local, o At. Estrada. Sorte a todos¡¡¡

Comentarios