Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A Previa: partidazos en Dumbría e Baio

A Previa: partidazos en Dumbría e Baio
Vaia dous encontros temos esta fin de semana na 1ª Galicia: o sábado o derbi do Conco onde o equipo local recibe a un Soneira necesitado de puntos e de reafirmación no seu fútbol, e o domingo ese duelo de alturas en Baio, onde a visita do Fisterra é tomada case que coma unha final de copa, pois medirá a dous dos equipos máis en forma do grupo 2, que persiguen ó Sigüeiro e se convertiron en claros candidatos ó ascenso. O Fisterra chega lanzado, facendo un gran fútbol tanto na casa como fora, e o Baio terá a baixa de Norberto, sancionado, pero con MC e Iván Rojo en racha goleadora. Na 3ª tamén temos un partido por todo o alto, o CAstriz - Coristanco, e ademáis ese derbi do morbo, o Camariñas - As Baleas, dous encontros dignos de verse con interese. O Dumbría buscará a volta á senda da vitoria PREFERENTE NORTE: a Sd Sofán viaxa a Ordes a enfrontar a un equipo local en crise de resultados e sorprendentemente afundido na tabla. Pola contra o Xallas visita ó líder As Pontes, que despois dunha tremenda xeira de vitorias cedeu os primeiros puntos a semana pasada en Boimorto. 1ª GALICIA: dous tremendos derbis na 1ª, o sábado no Conco o Dumbría recibe ó Soneira e o domingo no Platas Reinoso o Baio fará o mesmo co Fisterra. A Esteirana viaxa a Bertamiráns nun partido vital para puntuar e ir saíndo da zona baixa. 2ª GALICIA: na Liga da Costa partidos moi interesantes unha semana máis. O líder Mazaricos viaxa a Buño a verse co incómodo equipo de Chema Rivadulla. O Corme pola súa parte recibe ó non menos incómodo Cerqueda no Cairo. Ponteceso e Muros vense as caras no Pinguel, e Muxía e Lira en Arliña, con favoritismo para os equipos locais. O Ameixenda tentará dar a sorpresa en Baíñas e na zona media Volantes e Malpica buscan escalar postos, así como Cee e Zas, nun duelo clásico no que antaño se xogaban ligas. Monte Louro e San Lorenzo veranse as caras en Louro con importantes puntos en xogo para saír da zona de perigo. O Fisterra non se quere baixar do posto de promoción 3ª GALICIA: partidazo na 3ª en Castriz, onde rinde visita o Coristanco, nun encontro que parece claro que será fundamental na loita polo título. O Outes - Cabana e  o Castrelo - Nantón enfronta a perseguidores dos primeiros clasificados, e en Camariñas, o equipo local e As Baleas vense as caras nun histórico encontro, que se da por vez primeira na nosa liga. Seaia e Laxe buscan escalar postos, e o Porteño visita Corcubión tentando seguir nos postos altos da tabla. 2ª FEMININA: O Bergantiños recibe ó Bandeira nun encontro que pode servir para escalar postos, e As Miúdas buscan o liderato da competición recibindo ó Puentearnelas e esperando un pinchazo do Chispa.

Comentarios