Luns. 07.10.2024
El tiempo

A Previa: fútbol en tódolos recunchos da Costa

A Previa: fútbol en tódolos recunchos da Costa
Xa chega a data esperada por todos, a do inicio ligueiro na 2ª e 3ª da Costa e da 2ª Feminina. Os equipos, despois dunha longa pretempada están cos motores listos para arrancar a andaina polo campionato de Liga. Dezaseis equipos na 2ª e trece máis na 3ª, así como os nosos representantes femininos botan o balón a rodar nos campos costeiros. E todos eles esperando polo álbum de cromos, que este ano abrangue á totalidade dos clubs costeiros¡¡¡ O Soneira levou o trofeo Paco da Ruca-Foto-Fin Lema O Soneira - Fisterra centra a atención da fin de semana Na Preferente Norte, os nosos representantes teñen partidos como locais. O Sofán recibe ó líder Noia no que será unha pedra de toque ben complicada para os de Cancela, e o Xallas busca a primeira vitoria ante o Castro, nun duelo vital para os de Néstor. En 1ª Galicia temos o partidazo da xornada. Soneira e Fisterra enfrontanse en Vimianzo despois dunha xornada, a pasada, que tivo frustrantes derrotas para ambos. É unha proba importante o partido do domingo no Municipal para saber das posibilidades dos dous equipos, en teoría formados para estar na zona alta da competición. O Baio viaxa a Esclavitud para seguir coa boa xeira que o acompaña, e o Dumbría busca a súa primeira vitoria ante o Sigüeiro, máximo favorito ó título. A Esteirana xoga en Rianxo ante o Unión, tentando facer boa a vitoria do pasado domingo. Na Liga da Costa temos un atractivo San Lorenzo - Ponteceso para abrir boca. O Mazaricos - Cerqueda, o Volantes - Corme e o Cee - Baíñas medirán as posibilidades de equipos favoritos ó título, un logro que parece a priori moi competido e difícil de pronosticar. Na 3ª costeira abren o fogo Coristanco e Corcubión no pouco habitual horario das 11:30 da mañá do sábado na Rocheira. Dos restantes partidos destaca un Castriz - Outes onde se baten dous dos favoritos ó ascenso, e o derbi de cercanías Castrelo - Camariñas. Na 2ª Feminina, coa novidade de que Bergantiños e As Miúdas estarán en grupos diferentes, as de Carballo arrancan ante o Narón este domingo, e as muradánas viaxarán para enfrontar ó Umia B. Ponteceso e Mazaricos parten como candidatos a todo

Comentarios