A Selección Sub12 buscará facer historia no Cunchido
Manuel Corradoira, Rafael Louzán, Beatriz Molinos, Javier Cao e Óscar Leis na presentación do Campionato de Seleccións sub12 en Outes
Esta mañá de martes 4 de decembro, presentábase no Concello de Outes a primeira fase do Campionato de Seleccións Comarcais sub12. Unha gran oportunidade para a nosa Amarela, que como recoñecen os seus adestradores Barca e Skio, ”ten que dar un paso adiante”.
A pesar de non poder levar a cabo máis que un adestramento (houbo que suspender por dúas veces as sesións por mor das inclemencias meteorolóxicas), afrontan esta primeira fase coa ilusión de facer o maior número de puntos posibles para que durante a segunda se poidan colar, por primeira vez, nunha fase final.
A cita será este xoves 6 de decembro no campo do Cunchido, cun completo día de fútbol base. A Amarela debutará ás 10:30h contra A Coruña, e despois xogará ás 18:15 ante Ourense.
Durante a presentación, tanto a alcadesa da Serra de Outes, Beatriz Molinos, como o presidente do Outes FC, Javier Cao, agradeceron a confianza da RFGF de celebrar o campionato no seu terreo, e destacaron que o fútbol base é a gran sinal de identidade do club.
Dende a Real Federación Galega, o delegado da Costa, Manuel Corredoira, agradeceu a disposición de concello e club, e o presidente da mesma, Rafael Louzán, despois da súa renovación no posto, valorou que Outes é un lugar ideal, como foi o ano pasado Dumbría, pois ademais hai dous rapaces do Outes que van xogar no combinado costeiro. O presidente lembrou que vai ser un día completo en toda Galicia, e espera que saia todo ben.
Corredoira e Louzan no Campionato de Seleccions sub12 en Outes
Convocatoria da Selección Sub 12
| XOGADOR | CLUB |
| FERNÁNDEZ OANES, DYLAN | DUMBRIA C.F. |
| COSTA CARABEL, PABLO | DUMBRIA C.F. |
| CAMPOS PRIETO, SERGIO | OUTES F.C. |
| LADO SIEIRA, ELOY | OUTES F.C. |
| SOUTO AREOSA, LUCAS | SOFAN S.D. |
| FARIA RELLÁN, KELYAN | CABANA S.D. |
| LANDEIRA VILARIÑO, FRANCISCO | XALLAS F.C. |
| REY CASAL, SIMÓN | ESTEIRANA S.D. |
| BENLLOCH MARTÍNEZ, ENRIQUE | FISTERRA S.D. |
| MUIÑO FARIÑA, ALEJANDRO | C.D. CONCELLO ZAS |
| CASTRO ALDAO, IVÁN | PUENTECESO S.D. |
| CASTRO GARCIA, DANIEL | PUENTECESO S.D. |
| TRINIDAD LEO, CARLOS | U.C. CEE |
| DOMINGUEZ LAGO, ISMAEL | U.C. CEE |