Aberto o prazo para o Curso de Adestrador UEFA B, necesario para dirixir en 3ª, en Coristanco
11:50 18/09/19
Xa está aberto o prazo para inscribirse no curso que a Escola de Adestradores da Real Federación Galega de Fútbol impartirán ata 16 sedes galegas. A da Costa será en Coristanco, en horario de tarde.
O curso será para sacar o título "Licencia UEFA B" que substitúe ao antigo Nivel 1,e que será obrigatorio a partir da tempada 20/21 para adestrar na 3ª Galicia (na 2ª será necesario ter o Nivel 2).
Mentres, continúa en marcha o Curso de Monitor de Fútbol Base de Ponteceso.
Máis información
O prazo de inscrición remata o 11 de outubro. A data fixada para o comezo da actividade formativa é o 21 de outubro.